Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Joshua King

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJoshua King

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(no) Joshua Christian Kojo King Editar o valor en Wikidata
15 de xaneiro de 1992 Editar o valor en Wikidata (32 anos)
Oslo, Noruega Editar o valor en Wikidata
Altura1,84 m Editar o valor en Wikidata
Peso74 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2009 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaNoruega Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaFußball-Bundesliga, Premier League, Fußball-Regionalliga West (pt) Traducir e Football League Championship Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Número deportivo15 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2009–2012 Manchester United F.C. Reserves and Academy 24(6)
2009–2013   Manchester United FC 0(0)
2010–2010 cesión Preston North End Football Club 8(0)
2011–2012 cesión Borussia Mönchengladbach 2(0)
2011–2011 cesión Borussia Mönchengladbach II 4(2)
2012–2012 cesión Hull City A.F.C. 18(1)
2012–2013 cesión Blackburn Rovers 8(2)
2013–2015 Blackburn Rovers 56(3)
2015–2021 AFC Bournemouth 173(48)
2021–2021 Everton F.C. 11(0)
2021–2022 Watford F.C. 32(5)
2022– Fenerbahçe 8(3)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2007–2007   Noruega sub-15 4(2)
2008–2008   Noruega sub-16 3(1)
2009–2009   Noruega sub-18 2(2)
2010–2010   Noruega sub-19 2(1)
2011–2013   Noruega sub-21 8(1)
2012–   Noruega 62(20)

FIFA: 360860 UEFA: 250004772 Editar o valor en Wikidata

Joshua Christian Kojo "Josh" King, nado en Oslo o 15 de xaneiro de 1992, é un futbolista noruegués que xoga como dianteiro ou centrocampista para o Bournemouth da Premier League inglesa. Tamén é internacional coa selección noruega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Noruega de pai gambiano e nai norueguesa, e medrou no barrio de Romsås.[1] Empezou a súa carreira co club local, o Romsås IL, antes de cambiar para o Vålerenga cando tiña 15 anos.[2] Mentres estivo en Vålerenga, adestrou en varias ocasións co Manchester United pero as regras da UEFA impedían que asinase contrato co club ata facer os 16.[3]

Manchester United

[editar | editar a fonte]

Categorías inferiores

[editar | editar a fonte]

King asinou co Manchester United despois do seu décimo sexto aniversario en xaneiro de 2008, e fixo o seu debut no equipo sub-18 nunha vitoria 5–1 contra o Sunderland o 29 de marzo de 2008.[4] Xogou só unha vez máis na liga nesa tempada, así como cinco veces máis como substituto na Blue Stars Youth Cup en maio de 2008. Empezou ben a tempada seguinte, con catro goles en catro partidos no equipo sub-17 co que gañou a Milk Cup de 2008.[5] Despois xogou dous partidos ao principio da Premier Academy League de 2008-2009 ata que por mor dunha lesión en outubro de 2008 tivo que se manter arredado dos terreos de xogo ata xaneiro de 2009.[6]

Cesión ao Preston North

[editar | editar a fonte]

Para o Campionato de Liga 2010-11 o Manchester cedeuno ao Preston North End por tres meses.[7] Fixo o seu debut o primeiro día da tempada, o 8 de agosto substituíndo no minuto 70 a Paul Hayes nunha derrota 2–0 contra o Doncaster Rovers.[8]

O primeiro gol para o Preston foi no seu segundo partido da primeira rolda da League Cup contra o Stockport County o 10 de agosto; despois de substituír no minuto 72 a Chris Brown. O 21 de agosto saíu como titular por vez primeira co Preston nunha vitoria 1-0 sobre o Portsmouth.[9]

King xogou en sete de primeiros doce partidos de liga do Preston, pero mancou un nocello no final de outubro de 2010 e quedou fóra da competición durante o resto do tempo de cesión polo que volveu á disciplina do Manchester United. Despois da súa recuperación cara ao fin de novembro, King volveu ao Preston de novo cedido ata o 4 de xaneiro de 2011; así e todo tan só xogou unha vez co club antes de regresar ao Manchester United .[10]

Volta ao Manchester United

[editar | editar a fonte]
King xigando co Manchester United nun partido de pretemporada contra o Cork City, xullo de 2012.

Despois da súa volta ao Manchester United, King foi regular no equipo de reservas e xogou en 17 dos últimos 18 encontros da tempada; marcou regularmente: dous goles na Manchester Senior Cup nunha vitoria 8–0 sobre o Bury e tres nunha vitoria 6–1 sobre o Rochdale. Tamén marcou dous contra o Oldham Atlhletic nos cuartos de final da Lancashire Senior Cup e contra o Chelsea na Premier Reserve League e rematou a tempada con 11 goles.

Cesión ao Borussia Mönchengladbach 

[editar | editar a fonte]
King with Mönchengladbach in agosto 2011

En agosto de 2011, King pasou ao club alemán do Borussia Mönchengladbach en préstamo para tempada 2011–12. A súa primeira aparición co club foi como substituto o 19 de agosto nunha vitoria 4–1 contra o VfL Wolfsburg.[11] Despois dun encontro máis tamén como substituto e un total de 19 minutos no terro de xogo unha lesión arredouno dos campos e levou á rescisión do contrato.

Cesión ao Hull City

[editar | editar a fonte]

King volveu co Manchester United o 1 de maio e foi directamente ao equipo de reserva na semifinal da Lancashire Senior Caup contra o Blackpool nunha vitoria por penaltis 5–4 na que King marcou o primeiro penalti.

Blackburn Rovers

[editar | editar a fonte]

No inicio da 2012–13 King xogou regularmente no equipo de reservas pero non logrou facerse un oco no primeiro equipo, agás algunha intervención illada, como no partido do 20 de novembro da Liga de Campións da UEFA 2012-13 contra o Galatasaray no que substituíu a Danny Welbeck no minuto 85.

O Manchester cedeuno ao Blackburn Rovers ata o 31 de decembro de 2012,[12] debutou dous días despois, substituíndo a Marcus Olsson no minuto 55 dunha derrota 2–0 contra o Millwall.[13] Anotou o seu primeiro gol para o club nun encontro contra o Cardiff City o 7 de decembro, no que finalmente significou unha derrota 4–1.[14] No seu novo club logrou marcar dous goles en oito intervencións a transferencia ao Blackburn fíxose permanente e firmou por dous anos e medio o 2 de xaneiro de 2013.[15] Nun partido da FA Cup contra o Derby County o 26 de xaneiro[16] lesionouse[17] e a tempada acabou con 20 aparicións co 20 Blackburn.[16]

O primeiro gol da tempada 2013-2014 foi o 24 de agosto cunha vitoria 5–2 contra o Barnsley, ao converter un pase de Todd Kane nun gol.[18] O 14 de febreiro de 2015 logrou o seu prmeiro hat trick nun 4–1 contra o Stoke City na quinta rolda da FA Cup.[19]

Bournemouth

[editar | editar a fonte]

O 28 de maio de 2015 fichou polo Bournemouth.[20] e debutou co seu novo equipo o 8 de agosto no primeiro partido da tempada na liga cunha derrota 0–1 contra o Aston Villa[21] e o seu primeiro gol foi o 21 de novembro, ao abrir o marcador dun empate 2–2 contra o Swansea City[22] King rematou a tempada como o máximo anotador do seu equipo, con sete goles, seis na liga.

Carreira internacional

[editar | editar a fonte]

Representou a Noruega nas categorías xuvenís e en setembro de 2012 Egil Olsen chamouno á selección absoluta para a clasificación da Copa do Mundo.[23] A súa estrea foi contra Islandia o 7 de setembro de 2012 ao substituír a Mohammed Abdellaoue despois de 65 minutos.[24] Catro días despois volveu substituír a Abdellaoue nun partido contra Eslovenia.[25] King substituíu a Alexander Søderlund na segunda parte contra Chipre en Larnaca o 16 de outubro de 2012, logrando un penalti e marcando o último gol de Noruega nunha vitoria por 3 a 1[26]

Seleccinárono para a Eurocopa sub-21 pero como membro do equipo absoluto tivo que xogar partidos de clasificación para o mundial contra Albania canda os seus compañeiros Valon Berisha, Håvard Nordtveit e Markus Henriksen antes de ir a Israel[27] e xogar contra as seleccións sub-21 de Italia e España[16]

Logrou o seu segundo gol internacional nun partido contra Chipre o 6 de setembro de 2013.[28] O 10 de outubro de 2014 anotou dous goles contra Malta nun 3–0 na clasificación para a Eurocopa 2016[29]

  1. "King om tatoveringen: – Til ære for henne som har oppdratt meg", TV2
  2. "Focus on... King". ManUtd.com (Manchester United). 19 de novembro de 2012. 
  3. "Manchester United vil ha Vålerenga-talent". VG. 21 de outubro de 2007. 
  4. "Manchester United's forgotten international striker who's fighting for his Old Trafford future", talksport.com., 11 de outubro de 2012
  5. "Reds storm into semi-finals". ManUtd.com (Manchester United). 30 de xullo de 2008. Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2016. Consultado o 29 de outubro de 2016. 
  6. "U18s: Wolves 0 United 1". ManUtd.com (Manchester United). 11 de outubro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2016. Consultado o 29 de outubro de 2016. 
  7. "Preston North End FC History". pnefc.net (Preston North End FC)
  8. "Preston 0–2 Doncaster", BBC
  9. "Loans: King's a winner". ManUtd.com. 23 de agosto de 2010. 
  10. "Preston bring back King". Sky Sports
  11. "Gamecast:Borussia Monchengladbach vs Vfl Wolfsburg" Arquivado 25 de febreiro de 2014 en Wayback Machine., espnfc.com
  12. "King joins Berg at Blackburn". rovers.co.uk (Blackburn Rovers FC). 22 de novembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2013. Consultado o 28 de outubro de 2016. 
  13. "Blackburn 0–2 Millwall". BBC Sport. 24 de novembro de 2012. 
  14. "Blackburn 1–4 Cardiff". BBC Sport. 7 de decembro de 2012. 
  15. "Man Utd striker Josh King completes Blackburn transfer". BBC Sport. 2 de xaneiro de 2013. 
  16. 16,0 16,1 16,2 "Josh King". Soccerbase. 
  17. "Blackburn's Joshua King suffers new injury blow". Sky Sports. 27 de xaneiro de 2013. 
  18. "Blackburn 5–2 Barnsley". BBC. 24 de agosto de 2013. Consultado o 2 March 2014. 
  19. "Blackburn 4-1 Stoke: Josh King fires hat-trick and Rudy Gestede converts penalty as the Potters are eliminated from the FA Cup". Daily Mail. 
  20. "Joshua King joins Bournemouth from Blackburn Rovers". Sky Sports. 28 de maio de 2015. 
  21. "Team news: AFC Bournemouth v Aston Villa". AFC Bournemouth. 8 de agosto de 2015. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2015. Consultado o 28 de outubro de 2016. 
  22. "Swansea 2-2 Bournemouth". BBC Sport. 21 de novembro de 2015. 
  23. "Drillo henter inn Joshua King" [Drillo calls up Joshua King]. TV2 (en Norwegian). 3 de setembro de 2012. 
  24. "King ler av sin egen navnetabbe foran hele landslaget". Dagbladet. 8 de setembro de 2012. 
  25. "Riise reddet Norge fire minutter på overtid". TV2. 11 de setembro de 2012. 
  26. "Håper dette var starten på mange flere mål på landslaget". Dagbladet. 16 de outubro de 2012. 
  27. "U21-gutta tenker "110 prosent" på Albania-kampen". Dagbladet. 3 de xuño de 2013. 
  28. "World Cup qualifying Group E: Norway wrap up a 2–0 over Cyprus". Sky Sports. 6 de setembro de 2013. 
  29. "King inspires Norway to win in Malta". UEFA. 10 de outubro de 2014.