Julie Newmar
(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de agosto de 1933 (91 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Educación | John Marshall High School (en) |
Cor do pelo | Cabelo castaño |
Actividade | |
Ocupación | cantante, actriz de cinema, actriz de televisión, actriz de dobraxe, actriz de teatro, emprendedora, bailarina, modelo |
Período de actividade | 1952 - |
Instrumento | Voz |
Premios | |
| |
Páxina web | julienewmar.com |
|
Julia Chalene Newmeyer, nada o 16 de agosto de 1933 nos Ánxeles (California), é unha actriz, humorista e cantante estadounidense coñecida por numerosos papeis no teatro, o cinema e a televisión, ademais de como inventora de lencería e empresaria. Gañou un premio Tony polo seu papel de Katrin Sveg na produción de Broadway de 1958 de The Marriage-Go-Round, papel que repetiu na adaptación ao cinema en 1961. Na década de 1960 interpreteou a Catwoman durante dúas temporadas na serie de televisión Batman (1966–1967).
Newmar apareceu no videoclip de George Michael "Too Funky" (1992), e realizou un cameo como ela mesma no filme de 1995 To Wong Foo, Thanks for Everything! Julie Newmar. Os seus papeis de voz inclúen os filmes animados Batman: Return of the Caped Crusaders (2016) e Batman vs. Two-Face (2017), onde volveu interpretar a Catwoman cincuenta anos despois da serie orixinal.
A súa espléndida figura permitiulle erixirse como Pin-up e modelo de traxes de baño.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1952 | She's Working Her Way Through College | Julie | Sen acreditar |
1952 | Just for You | Chorine | Sen acreditar |
1953 | The I Don't Care Girl | Specialty Dancer | Sen acreditar |
1953 | Serpent of the Nile | Gilded Girl | Sen acreditar |
1953 | The Farmer Takes a Wife | Dancer | Sen acreditar |
1953 | The Band Wagon | Salon Model / Chorine in Girl Hunt Ballet | Sen acreditar |
1953 | Slaves of Babylon | Dancer-Assassin | |
1953 | The Eddie Cantor Story | Showgirl | Sen acreditar |
1954 | Demetrius and the Gladiators | Primary Specialty Dancer | Sen acreditar |
1954 | Sete noivas para sete irmáns | Dorcas | |
1959 | Li'l Abner | Stupefyin' Jones | |
1959 | The Rookie | Lili Marlene | |
1961 | The Marriage-Go-Round | Katrin Sveg | Candidata ao Globo de Ouro á mellor nova estrela do ano (actriz) |
1963 | For Love or Money | Bonnie Brasher | |
1969 | O ouro de Mackenna | Hesh-Ke | |
1969 | The Maltese Bippy | Carlotta Ravenswood | |
1970 | Up Your Teddy Bear | Toy Company Director, a.k.a. "Mother" | |
1972 | A Very Missing Person | Aleatha Westering | Telefilme |
1972 | The Feminist and the Fuzz | Lilah McGuiness | Telefilme |
1977 | Terraces | Chalane Turner | Telefilme |
1983 | Hysterical | Venetia | |
1984 | Love Scenes | Belinda | |
1985 | Streetwalkin' | Queen Bee | |
1985 | Evils of the Night | Dr. Zarma | |
1987 | Real Men | ||
1988 | Deep Space | Lady Elaine Wentworth | |
1988 | Nudity Required | Irina | |
1988 | Body Beat | ||
1989 | Cyber-C.H.I.C. | Miss McKenzie | Tamén coñecida como Dance Academy |
1989 | Ghosts Can't Do It | Angel | |
1994 | Oblivion | Miss Kitty | |
1995 | To Wong Foo, Thanks for Everything! Julie Newmar | Ela mesma | |
1996 | Oblivion 2: Backlash | Miss Kitty | |
1999 | If... Dog... Rabbit... | Judy's Mother | |
2003 | Return to the Batcave: The Misadventures of Adam and Burt | Ela mesma/Arizona Bar Owner | Telefilme |
2010 | Beautiful Darling | Ela mesma | Documental |
2012 | Bettie Page Reveals All | Ela mesma | Documental |
2012 | The Mechanical Bride | Ela mesma, narrator | Documental |
2013 | Broadway: Beyond the Golden Age | Ela mesma | Documental |
2016 | Batman: Return of the Caped Crusaders | Catwoman (voz) |
|
2017 | Batman vs. Two-Face | Catwoman (voz) |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Julie Newmar |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Julie Newmar na IMDb (en inglés).
- "Julie Newmar". USPTO.
- Julie Newmar at the University of Wisconsin's Actors Studio audio collection