Julie Walters
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Julia Mary Walters 22 de febreiro de 1950 (74 anos) Edgbaston, Reino Unido (en) |
Residencia | Plaistow (en) |
Educación | Universidade Metropolitana de Manchester St Paul's School for Girls (en) Escola de Teatro de Manchester |
Actividade | |
Ocupación | actriz, escritora, actriz de cinema, actriz de teatro, humorista |
Período de actividade | 1972 - 2020 |
Premios | |
|
Dame Julia Mary Walters, CBE, nada en Birmingham o 22 de febreiro de 1950, é unha actriz e novelista británica, dúas veces candidata ao Óscar e seis veces gañadora do premio da BAFTA, en cinema e televisión.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Julia Mary Walters naceu no St Chad's Hospital[2] na zona de Edgbaston de Birmingham,[3] filla de Mary Bridget, carteira descendente de irlandeses, e de Thomas Walters, construtor e decorador. Walters asistiu á Holly Lodge Grammar School para rapzas de Smethwick en Holly Lane, aínda que a expulsaron debido ao seu mal comportamento. Preparouse para ser enfermeira no Hospital Queen Elizabeth de Birmingham, despois de traballar dezaoito meses.[4] O seu primeiro mozo marchou a Manchester para estudar socioloxía e, pouco despois Walters decidiu renunciar á súa carreira como enfermeira para converterse en actriz e vivir con el en Manchester, onde estudou na English and Drama at Manchester Polytechnic con bos resultados. Alí tivo de compañeiro o actor Pete Postlethwaite. Nunha entrevista con Alison Oddey, Walters dixo sobre a súa escolaridade:
Eu nunca ía ser universitaria, polo que a miña nai me suxeriu que tratase o ensino ou a enfermaría [...] Pedíronme que abandonase a escola, e eu pensei que era o mellor.[5]
1978-1999
[editar | editar a fonte]Walters comezou a facerse famosa como compañeira ocasional da cómica Victoria Wood, que coñeceu en Manchester. Primeiro traballaron no espectáculo de revista In At The Death (1978), á que seguiu a adaptación televisiva de Wood interpretando a Talent. Despois pasaron a aparecer na súa propia serie de televisión para o canal Granada Television, Wood and Walters, en 1982. Durante os seguintes anos volveron a traballar xuntas en varias ocasións.
Despois de debutar nos escenarios londinienses con Educating Rita, Walters traballou no circuíto de teatro rexional (incluído o Everyman Theatre de Liverpool), na comedia de situación e no cabaré. O seu primeiro papel de televisón serio foi no clásico Boys from the Blackstuff en 1982, e posteriormente entrou no cinema cunha candidatura ao Óscar, un BAFTA á mellor actriz e un Globo de Ouro pola súa interpretación na adaptación cinematográfica do éxito do West End Educating Rita (1983), onde compartiu protagonismo con Michael Caine. En 1991 protagonizou con Liza Minnelli Stepping Out,[6] que incluía contribucións no guión de Victoria Wood e Alan Bennett.
Dende 2000
[editar | editar a fonte]Walters gañou numerosos premios e foi nomeada Oficial da Orde do Imperio Británico (OBE) en 1999 e Comandante da Orde do Imperio Británico (CBE) en 2008 polos seus servizos ao drama. En 2001, gañou un premio Olivier pola súa participación en All My Sons, de Arthur Miller. Walters recibiu a súa segunda candidatura ao Óscar e un novo premio da BAFTA polo seu papel de profesora de ballet en Billy Elliot (2000). En 2002, gañou o premio da BAFTA á mellor actriz de televisión pola súa interpretación da nai de Paul Reiser en My Beautiful Son (2001).
Ademais interpretou a Molly Weasley na serie de filmes sobre Harry Potter, que se converteron nun grande éxito de público.
En 2006, Walters quedou cuarta nunha enquisa de ITV dun total de cincuenta estrelas. Ese mesmo ano interpretou o papel principal na produción para ITV Driving Lessons xunto con Rupert Grint (que interpretou o seu fillo nos filmes de Harry Potter). Despois obtivo o papel protagonista na adaptación da BBC de The Ruby in the Smoke, de Phillip Pullman. No verán de 2006 publicou a súa primeira novela, Maggie's Tree.[7]
En 2008 apareceu na comedia Mamma Mia!, o seu segundo gran papel musical despois de Acorn Antiques. Tamén interpretou a Mary Whitehouse na produción da BBC The Mary Whitehouse Story, inspirada na vida real da coñecida activista británica.[8]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]A relación de Walters con Grant Roffey, axente da Automobile Association (AA), comezou de forma turbulenta. A parella tivo unha filla, Maisie Mae Roffey, nada Westminster en 1988, mais non casaron ata 1997, cando marcharon a Nova York. A parella vive nunha granxa orgánica dirixida por Roffey preto Plaistow (West Sussex).[9]
O 4 de agosto de 2008 revelouse que cando era nova, Walters e outras tres rapazas foron secuestradas por un descoñecido que abusou sexualmente delas: «Intentou meternos nunha casa en ruínas, e tocoume [dixo ela]. Foi un signo de asalto sexual». Walters fala detalladamente do que ocorreu na súa autobiografía That's Another Story.
Walters foi diagnosticada con cancro de intestino en fase III en 2018. Tras ser sometida a cirurxía e quimioterapia entrou en remisión. Porén, a súa recuperación supuxo que fose eliminada dalgunhas escenas de The Secret Garden e que non puidese asistir á estrea de Mamma Mia! Here We Go Again.[10]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1975 | Second City Firsts | Terry | TV: 1 episodio |
1977 | The Liver Birds | Girl in surgery | TV: 1 episodio |
1978 | Me—I'm Afraid of Virginia Woolf | Woman in waiting room | Telefilme |
1978, 1982 | Play for Today | Debbie/Valerie | TV: 2 episodios |
1979 | Empire Road | Jean Watson | TV: 2 episodios |
Talent | Julie Stephens | TV | |
1979–1981 | Screenplay | Frances/Julie | TV: 3 episodios |
1980 | Nearly a Happy Ending | Julie Stephens | Telefilme |
1981 | Wood and Walters | Varios papeis | TV |
Happy Since I Met You | Frances | Telefilme | |
BBC2 Playhouse | Mrs Morgan | TV: 1 episodio | |
1982 | Boys from the Blackstuff | Angie Todd | TV: 1 episodio |
Objects of Affection | June Potter | TV: 1 episodio | |
1983 | Educando a Rita | Susan "Rita" White | |
1984 | Love and Marriage | Bonnie | TV: 1 episodio |
1985 | She'll Be Wearing Pink Pyjamas | Fran | |
Dreamchild | Dormouse (voz) | ||
The Secret Diary of Adrian Mole, Aged 13¾ | Pauline Mole | TV: 5 episodios | |
Car Trouble | Jacqueline Spong | ||
1985–1986 | Victoria Wood As Seen on TV | Varios papeis | TV: 13 episodios |
1987 | Personal Services | Christina Painter | |
Prick Up Your Ears | Elsie Orton | ||
Theatre Night | Lulu | TV: 1 episodio | |
1986–1987 | Acorn Antiques | Mrs Overall | TV: 6 episodios |
1988 | Talking Heads | Lesley | TV: 1 episodio: "Her Big Chance" |
Buster, o roubo do século | June Edwards | ||
Mack the Knife | Mrs Peachum | ||
1989 | Victoria Wood | Varios papeis | TV: 3 episodios |
1990 | Killing Dad or How to Love Your Mother | Judith | |
1991 | Julie Walters and Friends | Ela mesma / Varios papeis | TV |
G.B.H. | Mrs Murray | TV: 7 episodios | |
Stepping Out | Vera | ||
1992 | Just like a Woman | Monica | |
Victoria Wood's All Day Breakfast | Varios papeis | TV | |
1985, 1993 | Screen Two | Mavis/Monica | TV: 2 episodios |
1993 | Screen One: Wide-Eyed and Legless | Diana Longden | TV: 1 episodio |
1994 | Bambino Mio | Alice | Telefilme |
Sister My Sister | Madame Danzard | ||
Pat and Margaret | Pat Bedford | Telefilme | |
Requiem Apache | Mrs Capstan | Telefilme | |
1995 | Jake's Progress | Julie Diadoni | TV: 6 episodios |
1996 | Roald Dahl Little Red Riding Hood[11] | Little Red Riding Hood / Grandma | Telefilme |
Intimate Relations | Marjorie Beasley | ||
Brazen Hussies | Maureen Hardcastle | Telefilme | |
1997 | Bathtime | Miss Gideon | |
Melissa | Paula Hepburn | TV: 5 episodios | |
1998 | Jack and the Beanstalk | Fairy Godmother | Telefilme |
Girls' Night | Jackie Simpson | ||
Titanic Town | Bernie McPhelimy | ||
Talking Heads 2 | Marjory | TV: 1 episodio: "The Outside Dog" | |
1998–2000 | dinnerladies | Petula | TV: 9 episodios |
1999 | Oliver Twist | Mrs Mann | TV: 4 episodios |
2000 | Billy Elliot | Mrs Wilkinson | |
2001 | Lover's Prayer | Princesa Zasyekin | |
My Beautiful Son | Sheila Fitzpatrick | TV | |
Harry Potter e a pedra filosofal | Molly Weasley | ||
2002 | Harry Potter e a Cámara dos Segredos | ||
Murder | Angela Maurer | TV: 4 episodios | |
Before You Go | Theresa | ||
2003 | Calendar Girls | Annie | |
The Return | Lizzie Hunt | TV | |
The Canterbury Tales: The Wife of Bath | Beth | TV | |
2004 | Harry Potter e o preso de Azkaban | Molly Weasley | |
Mickybo and Me | Mickybo's Ma | ||
2005 | Wah-Wah | Gwen Traherne | |
Ahead of the Class | Marie Stubbs | TV | |
2006 | Driving Lessons | Evie Walton | |
The Ruby in the Smoke | Mrs Holland | TV | |
2007 | Harry Potter e a Orde do Fénix | Molly Weasley | |
Becoming Jane | Mrs Austen | ||
2008 | Mamma Mia! | Rosie | |
Filth: The Mary Whitehouse Story | Mary Whitehouse | TV | |
2009 | Harry Potter e o misterio do príncipe | Molly Weasley | |
A Short Stay in Switzerland | Dr Anne Turner | TV | |
Victoria Wood's Mid Life Christmas | Bo Beaumont/Mrs. Overall | TV | |
2010 | Mo | Mo Mowlam | TV |
Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte) | Molly Weasley | ||
2011 | Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte) | ||
Gnomeo & Juliet | Miss Montague | Voz | |
The Jury | Emma Watts | TV | |
2012 | Brave | Witch (voz) | |
Henry IV, Parts I and II, e Henry V | Mistress Quickly | Telefilmes | |
Thread of Evidence | Betty Beesom | ||
2013 | Effie Gray | Margaret Cox Ruskin | |
Justin and the Knights of Valour | Gran (voz) | ||
One Chance | Yvonne Potts | ||
The Harry Hill Movie | Harry's Nan | ||
2014 | Paddington | Mrs. Bird | |
2015–2016 | Indian Summers | Cynthia Coffin | TV: 20 episodios |
2015 | Brooklyn | Mrs Kehoe | |
Very British Problems | Ela mesma / Voz | TV | |
A Grand Night In: The Story of Aardman | Narrator | TV | |
2016 | National Treasure | Marie Finchley | TV |
2017 | Our Friend Victoria | Ela mesma / Varias personaxes | Serie documetnal |
Film Stars Don't Die in Liverpool | Bella Turner | ||
Paddington 2 | Mrs Bird | ||
Coastal Railways with Julie Walters | Ela mesma / Presentadora | Serie documental | |
2018 | Sherlock Gnomes | Miss Montague (voz) | |
Mamma Mia! Here We Go Again | Rosie | ||
Mary Poppins Returns | Ellen | ||
2019 | Wild Rose | Marion | |
2019–present | Heathrow: Britain's Busiest Airport | Ela mesma / Narradora | Serie documental |
2020 | The Secret Garden | Mrs Medlock |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Julie Walters Wins Bafta
- ↑ "St Chads Hospital". Bhamb14.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 15 de xaneiro de 2016.
- ↑ Walters, Julie (2008). That's Another Story: The Autobiography. Londres: Weidenfeld & Nicolson. p. 2. ISBN 978-0-297-85206-3.
- ↑ Walters, Julie (2008). That's Another Story: The Autobiography. Orion Publishing Co. pp. 102–23. ISBN 978-0-297-85206-3.
- ↑ Performing Women: Stand-ups, Strumpets and Itinerants, por Alison Oddey, Palgrave Macmillan, 2005, páx. 305
- ↑ Staff, Variety (1 de xaneiro de 1991). "Stepping Out". Consultado o 31 de agosto de 2018.
- ↑ Saner, Emine (13 de outubro de 2006). "It was like being videoed making love". The Guardian (Londres). Consultado o 3 de abril de 2010.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2008. Consultado o 04 de abril de 2020.
- ↑ "Beer, bunting and Julie Walters — village celebrates Diamond Jubilee with style". Telegraph. 2 de xuño de 2012. Consultado o 15 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Julie Walters reveals bowel cancer diagnosis". The Guardian. 20 de febreiro de 2020.
- ↑ "Roald Dahl's Little Red Riding Hood". BBC.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Julie Walters |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web de Julie WaltersArquivado 25 de maio de 2021 en Wayback Machine.
- A Conversation with Julie Walters – interactive video interview presented by BFI Screenonline and British Telecom
- Walters named as CBE