Julio Ulloa Vence
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de xullo de 1930 Castelo, España |
Morte | 29 de maio de 2020 (89 anos) Lugo, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
13 de marzo de 1979 – 31 de agosto de 1982 Lexislatura: I lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Lugo Electo en: Eleccións Xerais 1979 en España | |
Procurador en Cortes | |
3 de xullo de 1964 – 15 de xullo de 1965 – José de la Torre Moreiras → Lexislatura: VIII lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
4 de outubro de 1963 – 6 de xuño de 1964 ← José Ramón Rego Martínez Lexislatura: VII lexislatura das Cortes franquistas | |
Presidente da Deputación de Lugo | |
1963 – 1965 ← José Ramón Rego Martínez – José de la Torre Moreiras → | |
Senador de España | |
Datos persoais | |
Educación | Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Agrónomos de Madrid Universidade de Georgetown |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, enxeñeiro agrónomo |
Julio Ulloa Vence, nado en Castelo (Taboada) o 19 de xullo de 1930 e finado en Lugo o 29 de maio de 2020, foi un enxeñeiro agrónomo e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cursou o bacharelato no Instituto de Ourense e a carreira de Enxeñeiro Agrónomo na Escola Superior de Enxeñeiros Agrónomos de Madrid, rematándoa en 1958; en 1962 obtivo o doutoramento. Ampliou estudos na Universidade de Georgetown (Estados Unidos de América) cunha bolsa do AID. Foi socio fundador e presidente durante tres anos do Club Cultural Valle Inclán.
Foi Presidente da Deputación Provincial de Lugo entre 1963 e 1965 e procurador en Cortes en representación da Deputación. Foi Director da Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Agrícola de Lugo, xefe do Servizo de Produción Vexetal na Delegación de Agricultura de Lugo e Xefe do Servizo de Produción Agropecuaria da Consellería de Agricultura en Lugo.
Foi elixido Senador pola provincia de Lugo pola UCD nas eleccións de 1977. En 1979 foi elixido deputado tamén pola UCD. Foi elixido senador en representación da coalición AP-PDP nas eleccións xerais de 1982, repetindo nas de 1986 pola Coalición Popular. En 1988 abandonou a súa adscrición no Senado no grupo da democracia cristiá e pasouse ao grupo mixto, a canda Enrique Marfany e Eduardo Olano Gurriarán. Retirado da política en 1989, foi presidente do Foro Rural Galego. Foi o primeiro presidente do club cultural Valle Inclán. Finou en Lugo o 29 de maio de 2020.[1]
Predecesor: José Ramón Rego Martínez |
Presidente da deputación de Lugo 1963 - 1965 |
Sucesor: José de la Torre Moreiras |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María Dolores Calvo Beato e foi pai de Juan e Elena Ulloa Calvo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 30-5-2020, p. 40.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición
- Lista de senadores galegos desde a Transición
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha no Senado
- Benigno Lázare (4 de abril de 2009). "«A Deputación tiña un coche oficial e unha furgoneta para ir a Castro»". La Voz de Galicia.