Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Káiser

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Max Koner (1890): O Kaiser Guillerme II.

Káiser (alemán: Kaiser) é o título alemán equivalente ao de Emperador, con Kaiserin facendo o feminino, Emperatriz.

O vocábulo provén do latín Caesar ou César, tomado do título dos Emperadores Romanos dende Octavius Caesar Augustus, que o usou como descendente de Caius Julius Caesar. En alemán, a palabra Kaiser non está limitada aos xefes dos imperios alemán, austríaco ou o Sacro Imperio Romano Xermánico, senón que tamén é usado nun equivalente de sentido xenérico coa palabra inglesa Emperor, para os xefes doutros Imperios. Por exemplo, un emperador da China menciónase como Chinesischer Kaiser ou Kaiser von China en alemán.