Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Käsekrainer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha Käsekrainer cortada e ensinando o seu interior de queixo.

Unha Käsekrainer é unha salchicha con sabor afumado típica da cociña austríaca (de tipo escaldada) que se fai a base de carne de porco e que se caracteriza por ter no seu interior queixo (nunha proporción que varía dende un 10% a un 20%) que xeralmente adoita ser de tipo emmental. Este tipo de salchicha pode atoparse dende os anos 1980 nos postos das rúas austríacas denominados: Würstelstand.

Preparación

[editar | editar a fonte]

Este tipo de salchichas pódense preparar de múltiples formas; pódese cocer, fritir ou asar. Pero en calquera caso non se pode someter a un lume intenso debido ao contido de queixo que posúe no seu interior. No seu lugar orixinario (Graz) esta salchicha sérvese con salsas de mostaza ou ravo, as variantes máis modernas empregan ketchup. En Linz cómense as famosas kafka que son unha forma de Bosner (salchichas).