Karkkila
Karkkila (fi) Högfors (sv) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Finlandia | ||||
Axencia Rexional | Finlândia Meridional (pt) | ||||
Rexión | Uusimaa | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 8.581 (2023) (35,39 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua finesa | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Subrexión de Helsinqui | ||||
Parte de | |||||
Superficie | 242,44 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1932 | ||||
Organización política | |||||
Órgano lexislativo | Karkkila City Council (en) , (Escano: 35) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | karkkila.fi |
Karkkila (en finés) ou Högfors (en sueco) é unha cidade de Finlandia. Está situada ao sur do país, na rexión de Uusimaa.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A paisaxe é accidentada, formada polas glaciacións. A altitude mínima do concello está situada a 80 metros sobre o nivel do mar, mentres que o máis alto é o outeiro Loukkumäki, que cos seus 174 metros é o punto máis elevado da rexión de Uusimaa.
Está situada a 66 km da capital finlandesa, Helsinqui, á cal está unida pola valtatie 2 (nacional 2). O número de habitantes que se desprazan diariamente ao traballo é aínda baixo, mais está a experimentar un notable ascenso. Por outra banda, a valtatie 2 continúa ata Pori (situada a 178 km) pasando por Forssa (a 48 km).
Limita cos concellos de Vihti ao sur e ao leste, Nummi-Pusula ao suroeste, con Tammela (na rexión de Tavastia Propia) ao noroeste, e con Loppi ao norte.
Poboación
[editar | editar a fonte]Segundo o censo de 2013, Karkkila ten unha poboación de 9.125 habitantes.[1] Dende a metade dos anos '90 o concello está a experimentar un constante ascenso demográfico, despois do descenso de poboación que sufriu durante a crise económica de principios dos anos '90 do século XX:
Núcleos de poboación
[editar | editar a fonte]Ahmoo, Alimmainen, Haavisto, Järvenpää, Karkkila, Nyhkälälä, Siikala, Tuorila, Vaskijärvi, Vattola e Vuotinainen.
Historia
[editar | editar a fonte]A zona na que se localiza o concello de Karkkila estaba escasamente poboada antes do descubrimento das minas de ferro de Rautamäki a principios do século XIX. A explotación destas minas levou á instalación dunha fundición próxima, nun lugar chamado Högfors, en 1822. As décadas seguintes viron o desenvolvemento dunha cidade industrial en miniatura, máis rica que as comunas agrícolas veciñas, e a cidade conserva aínda hoxe unha tradición industrial. A poboación fíxose independente baixo o nome de Pyhäjärvi Uudenmaan lääni (Pyhäjärvi de Uusimaa) en 1869, e posteriormente fundouse Karkkila en 1932 a partir desta poboación rural, entes de converterse en cidade en 1977.
As industrias sufriron unha grande crise durante 1993, a cidade viu entón medrar a súa taxa de desemprego e diminuír a súa poboación. Hoxe en día, a súa relativa proximidade a Helsinqui permitiulle gañar poboación.
Política
[editar | editar a fonte]No plano político, os partidos de esquerda dominan o debate político, máis particularmente a Vasemmistoliitto (Alianza de Esquerda), o antigo partido comunista, caso estraño hoxe en día en Finlandia. As últimas eleccións municipais deixaron a seguinte composición na cámara municipal:
- Vasemmistoliitto: 8
- Suomen Sosialidemokraattinen Puolue: 8
- Perussuomalaiset: 7
- Kansallinen Kokoomus: 6
- Suomen Keskusta: 4
- Vihreä liitto: 2
Lingua
[editar | editar a fonte]O concello é unilingüe en finés:[3]
- Lingua finesa: 95,6 %
- Lingua sueca: 0,9 %
- Outras: 4,6 %
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ""VÄESTÖTIETOJÄRJESTELMÄ REKISTERITILANNE 31.8.2013"". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2013. Consultado o 21 de decembro de 2013.
- ↑ Tilastokeskus, ed. (22-3-2013). "Väestö kielen mukaan sekä ulkomaan kansalaisten määrä ja maa-pinta-ala alueittain 1980 - 2012". Consultado o 21-12-2013.[Ligazón morta]
- ↑ Väestö iän (1-v.), sukupuolen ja kielen mukaan alueittain 1990–2012, laaja alueluokitusryhmittely[Ligazón morta]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Karkkila |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en finés)