Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Kazys Grinius

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKazys Grinius

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de decembro de 1866 Editar o valor en Wikidata
Selema (Imperio Ruso) Editar o valor en Wikidata
Morte4 de xuño de 1950 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Presidente de Lituania
7 de xuño de 1926 – 17 de decembro de 1926
← Aleksandras StulginskisJonas Staugaitis →
Primeiro ministro de Lituania
19 de xuño de 1920 – 2 de febreiro de 1922 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica latina Editar o valor en Wikidata
EducaciónMarijampolė Gymnasium (en) Traducir
Medical faculty of Moscow University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Vilnius Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, publicista, libreiro, mestre, xornalista, médico, humanista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoLithuanian Popular Peasants' Union (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJoana Griniuvienė Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteBiographical Dictionary of Central and Eastern Europe in the Twentieth Century (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Find a Grave: 9674809 Editar o valor en Wikidata

Kazys Grinius, nado o 19 de decembro de 1866 en Selema e finado o 4 de xuño de 1950 en Chicago, foi o terceiro presidente de Lituania, e gobernou entre o 7 de xuño e o 17 de decembro de 1926[1].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Cando Grinius naceu en Selema, Lituania era parte do Imperio Ruso. El estudou medicina na Universidade de Moscou e graduouse médico. Durante a súa mocidade el envolveuse en actividades políticas, e foi perseguido pola policía do czar.

O 1896 el casou con Joana Pavalkytė. Durante algúns anos eles viviron en Virbalis. Eles tiveron un fillo o 1899, Kazys, e unha filla o 1902, Gražina. Durante a primeira guerra mundial eles viviron en Kislovodsk. A súa esposa e fillos foron mortos o 1918 nun ataque do Exército Vermello. Elas están sepultadas nun cemiterio de Kislovodsk.

Cando Lituania obtivo a súa independencia o 1918, Grinius tornouse membro da Asemblea Nacional como membro do Partido Popular Campesiño. El serviu como primeiro ministro entre 1920 e 1922 e asinou un pacto coa Unión Soviética. El foi elixido presidente polo Terceiro Seimas, pero serviu por apenas 6 meses, sendo deposto polo golpe de Estado do 1926, liderado por Antanas Smetona.

Cando a Alemaña nazi invadiu Lituania, Grinius recusouse a colaborar, debido á súa oposición a calquera ocupación estranxeira. El fuxiu ao Occidente cando Lituania foi ocupada polos soviéticos o 1944, e emigrou aos Estados Unidos o 1947[1].

El morreu en Chicago, Illinois o 1950[1]. Despois que Lituania recobrou a súa independencia o 1990 os seus restos mortais foron sepultados alá.