La Lisa
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País insular | Cuba | ||||
Provincias | Provincia da Habana | ||||
Cidade | A Habana | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 37,5 km² | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
La Lisa é un dos 15 municipios da provincia da Habana, en Cuba.
Xurdiu da división político-administrativa realizada no país en 1976, antes desa data estaba integrado no municipio de Marianao. En 2017 tiña unha poboación de 142 124 habitantes.[1]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Sitúase na periferia occidental da capital, limita ao norte co municipio de Playa, ao leste con Marianao, ao sur-suroeste con Boyeros e ao oeste co municipio de Bauta da veciña provincia de Artemisa. A súa extensión é de 37,5 km².
Barrios
[editar | editar a fonte]Dende a súa constitución e ata hoxe este municipio está composto por: El Cano, Guatao, Arroyo Arenas, La Lisa e Punta Brava, xunto con numerosos outros repartos, barrios ou leiras. Na súa conformación actual ten dúas áreas diferenciadas: a zona nordés do municipio, dende Quibú ata Arroyo Arenas e dende a Estrada Nacional ata a rúa 25, é unha zona moi urbanizada, na que os barrios están ligados consecutivamente cos seus núcleos máis antigos de poboación; e a zona suroeste, con características suburbanas ou semirurais, que inclúe a área de Cano-Valle Grande, La Concepción, parte de Arroyo Arenas, Guatao e Punta Brava.
Goberno
[editar | editar a fonte]O goberno exércese dende a Asemblea Municipal do Poder Popular, que é o maior organismo local do poder do Estado e, por conseguinte, está investida da máxima autoridade para o exercicio das funcións estatais na súa delimitación.
Esta Asemblea está formada por 89 delegados, agrupados en sete Consellos Populares, que son órganos do Poder Popular, local, de carácter representativos: Alturas de La Lisa, Balcón Arimao, El Cano-Bello 26 - Valle Grande, Punta Brava, Arroyo Arenas, San Agustín e Versalles-Coronela .
Todos os delegados, que son nomeados polos veciños nas asembleas dos barrios, son elixidos polo voto directo e secreto dos electores; estes á súa vez elixen ao presidente e vicepresidente da Asemblea Municipal.
Pobos irmandados
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Municipios de Cuba". www.citypopulation.de (en inglés). Consultado o 18 de setembro de 2019.
- ↑ "Persoeiros Ilustres". Consultado o 18 de febreiro de 2018.