Lacuna Coil
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Lacuna Coil | |
---|---|
Cristina Scabbia e Andrea Ferro nunha actuación | |
Orixe | Milán, Italia |
Período | 1994 - |
Xénero(s) | Gothic metal,[1][2][3][4][5] metal alternativo,[6] Nu metal[7][8][9] |
Selo(s) discográfico(s) | Century Media |
Membros | Andrea Ferro Marco Coti Zelati Cristina Scabbia Ryan Blake Folden Diego Cavallotti |
Antigos membros | Michaelangelo Algardi Raffaele Zagaria Claudio Leo Leonardo Forti Cristiano Migliore Cristiano Mozzati Marco Biazzi |
Na rede | |
http://www.lacunacoil.it e http://www.lacunacoil.com/ | |
Lacuna Coil é un grupo de metal gótico formado en Milán, Italia en 1994. Antigamente foron coñecidos como Sleep of Right e Ethereal.
Historia
[editar | editar a fonte]A música de Lacuna Coil está inspirada na cultura gótica e Nu Metal, usando acordes de guitarra melódicos, alternando voces pesadas e un pouco de influencia pop. Sengundo as súas propias declaracións, a banda está influenciada por grupos coma Paradise Lost, Tiamat, Septic Flesh e Type O Negative.
A banda formouse en 1994 co nome de Sleep of Right. Logo, en 1995, cambiáronse o nome a Ethereal, e asinaron un contrato coa casa discográfica Century Media en 1997. Atopando que o nome Ethereal xa era doutra banda, decidiron renomearse como Lacuna Coil (que significa «espiral baleiro» en italiano).
Nese entón, o grupo estaba composto por Cristina Scabbia, Andrea Ferro e Marco Coti Zelati. A banda gravou un EP, homónimo á banda, e emprenderon un xira apoiando aos compañeiros de discográfica Moonspell. Nesta xira uníronse á banda Cristián Migliore e Cristián Mozzati, guitarrista e batería respectivamente.
Logo gravaron o seu primeiro LP, In A Reverie, e uniuse á banda o guitarrista Marco Biazzi. A banda realizou outra vira por Europa, acompañando á banda Skyclad.
En 2002, o grupo lanzou o albúm Comalies, que foi aclamado pola crítica do heavy metal en todos os recunchos do mundo. Un ano despois, o primeiro sinxelo deste albúm, Heaven's A Lie, comezou a atraer a atención e lanzou á banda ao estrellato. O segundo sinxelo, Swamped, tamén se converteu nun grande éxito e foi usado na banda sonora do videoxogo Vampire:The Masquerade - Bloodlines e tamén na película Resident Evil: Apocalypse. Graváronse vídeos para ambos sinxelos e foron transmitidos continuamente pola MTV, estendendo a popularidade da banda.
No 2004, Comalies converteuse no álbum máis vendido na historia da discográfica. A banda apareceu no Ozzfest e realizou varias xiras por Europa e os Estados Unidos.
A principios de 2006, o grupo lanzou o seu álbum Karmacode, a secuela do grande éxito mundial que representou Comalies.
Membros
[editar | editar a fonte]Actuais
[editar | editar a fonte]- Cristina Scabbia - Vocalista
- Andrea Ferro - Vocalista
- Cristiano Migliore - Guitarra
- Marco Biazzi - Guitarra
- Marco Coti Zelati - Baixo
- Cristiano Mozzati - Batería
Anteriores
[editar | editar a fonte]- Raffaele Zagaria - Guitarra
- Claudio Leo - Guitarra
- Leonardo Forti - Batería
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]- Ethereal (Demo) - 1996
- Lacuna Coil EP - 1997 (Century Media)
- In a Reverie - 1999 (Century Media)
- Halflife EP - 2000 (Century Media)
- Unleashed Memories - 2001 (Century Media)
- Comalies - 2002 (Century Media)
- Karmacode - 2006 (Century Media)
- Shallow Life - 2009 (Century Media/EMI)
- Dark Adrenaline - 2012 (Century Media)
- Broken Crown Halo - 2014 (Century Media)
- Delirium - 2016 (Century Media)
Sinxelos
[editar | editar a fonte]- "Heavens A Lie" (2002)
- "Swamped" (2004)
- "Our Truth"(2006)
- "Enjoy the Silence"(2006) (versión da canción homónima de Depeche Mode)
- "Closer" (2006)
- "Within Me" (2007)
- Spellbound (2009)
- I Like It (2009)
- I Won´t Tell You (2009)
- Wide Awake (2010)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Baddeley, Gavin (2002). Woods, Paul A., ed. Goth Chic: A Connoisseur's Guide to Dark Culture (1 ed.). Plexus. ISBN 9780859653084.
- ↑ Bowar, Chad. "What is Heavy Metal?". About.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2012. Consultado o 2008-03-14.
- ↑ DaRonco, Mike. "Lacuna Coil". Allmusic. Consultado o 2008-03-14.
- ↑ "Artists :: LACUNA COIL". MusicMight. 2007-03-23. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2013. Consultado o 2013-02-15.
- ↑ "NEWS- Metro's exit: Leader quits area's top goth band | The Hook - Charlottesville's weekly newspaper, news magazine". Readthehook.com. 2007-03-15. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 2013-02-15.
- ↑ "Alt-Metal A to Z: 26 Bands That Define the Genre - VH1". VH1 News.
- ↑ http://www.allmusic.com/album/karmacode-mw0000703236.
- ↑ "Album: Lacuna Coil – Dark Adrenaline". Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2017. Consultado o 03 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Lacuna Coil: Adrenaline Junkies". Blunt Magazine. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2017. Consultado o 2013-05-09.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lacuna Coil |