Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Lady Gregory

Este é un artigo bo da Galipedia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:BiografíaLady Gregory

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Isabella Augusta Persse Editar o valor en Wikidata
15 de marzo de 1852 Editar o valor en Wikidata
Loughrea, Irlanda (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte22 de maio de 1932 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Coole Park, Irlanda (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónlingüista, autobiógrafa, autora de diarios, tradutora, poetisa, dramaturga, escritora Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1903 Editar o valor en Wikidata -
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeWilliam Henry Gregory (1880, 1880–) Editar o valor en Wikidata
FillosRobert Gregory Editar o valor en Wikidata
PaisDudley Persse Editar o valor en Wikidata  e Frances Barry Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonte1922 Encyclopædia Britannica (en) Traducir
Thom's Irish Who's Who (en) Traducir
Library of the World's Best Literature (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0339872 IBDB: 7126 BNE: XX959875 WikiTree: Persse-58 Editar o valor en Wikidata

Isabella Augusta Gregory (nada Persse), máis coñecida coma Lady Gregory, nada en Roxborough, Galway o 15 de marzo de 1852 e finada o 22 de maio de 1932, foi unha dramaturga, folclorista e directora de teatro irlandesa. Xunto a William Butler Yeats e Edward Martyn co-fundou o Teatro Literario de Irlanda e o Abbey Theatre, escribindo gran cantidade de obras curtas para ámbalas dúas compañías. Lady Gregory produciu unha serie de libros de recontos de historias tomadas da mitoloxía irlandesa. Nada baixo o seo dunha familia burguesa pro-británica, rebelouse contra ela. A súa conversión ó nacionalismo cultural, evidenciada polas súas obras, considérase emblemática de moitas das loitas políticas que tiveron lugar en Irlanda durante o seu período.

Lady Gregory encadrouse dentro do movemento coñecido coma o renacemento literario irlandés. O seu fogar en Coole Park no condado de Galway serviu de lugar de reunión para algunhas das figuras principais deste renacemento, e o seu traballo inicial coma membro da directiva do Abbey Theatre está considerado tan importante coma as súas obras creativas para o propio desenvolvemento do teatro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e casamento

[editar | editar a fonte]

Lady Gregory naceu en Roxborough, condado de Galway, sendo a filla máis nova da familia burguesa Persse. A súa nai, Frances Barry, tiña lazos familiares co vizconde Guillamore, e o seu fogar familiar era un terreo de 24 km² situado entre Gort e Loughrea, cunha casa principal que quedaría queimada posteriormente durante a guerra civil irlandesa.[1] Recibiu a súa educación en casa, fortemente influenciada pola súa coidadora Mary Sheridan, unha muller católica e falante nativa de irlandés, quen introduciu a Gregory na historia e lendas locais.[2]

Casou con Sir William Henry Gregory, un viúvo cun terreo en Coole Park preto de Gort, o 4 de marzo de 1880 na Igrexa St Matthias de Dublín.[3] Sir William, quen era 35 anos máis vello ca ela, acababa de retirarse do seu posto coma gobernador de Ceilán, ademais de servir en varias ocasións coma Membro do Parlamento polo condado de Galway. Era un home cunha boa educación e diversos intereses literarios e artísticos, e o fogar de Coole Park posuía unha gran biblioteca e unha extensa colección de arte. Posuía tamén unha casa en Londres, onde a parella pasou unha cantidade de tempo considerable, organizando alí reunións semanais frecuentadas por moitas das figuras artísticas da época, incluíndo a Robert Browning, Lord Tennyson, John Everett Millais e Henry James. O seu único fillo, Robert Gregory, naceu en 1881 e finou durante a primeira guerra mundial servindo coma piloto, evento que inspirou os poemas de William Butler Yeats "An Irish Airman Foresees His Death", "In Memory of Major Robert Gregory" e "Shepherd and Goatherd".[4][5]

Primeiros escritos

[editar | editar a fonte]

A parella realizou diversas viaxes por Ceilán, India, España, Italia e Exipto. Durante a súa estancia neste último, Lady Gregory mantivo unha aventura co poeta inglés Wilfrid Scawen Blunt, tralo que escribiu unha serie de poemas de amor titulados A Woman's Sonnets.[6][7] A primeira obra publicada baixo o seu propio nome foi Arabi and His Household en 1882, un artigo—orixinalmente unha carta para o xornal The Times—en apoio a Ahmed Urabi, líder do que se coñecería coma a revolta de Urabi, unha revolución nacionalista exipcia que tivo lugar en 1879 contra o réxime Quediva e a dominación europea de Exipto. Posteriormente afirmou sobre este artigo: "calquera indignación política ou enerxía que naceu comigo tivo o seu curso nese ano exipcio e esgotouse".[8] Malia isto, publicou en 1893 A Phantom's Pilgrimage, or Home Ruin, un artigo anti-nacionalista en contra da segunda Acta de Goberno Local de William Ewart Gladstone.[9]

Continuou escribindo prosa durante o seu matrimonio. No inverno de 1883, mentres o seu marido estaba en Ceilán, traballou nunha serie de memorias do seu fogar de infancia, coa intención de publicalas baixo o título An Emigrant's Notebook,[10] pero finalmente abandonou este plan. Escribiu unha serie de artigos en 1887 titulados Over the River, nos que pedía financiamento para a parroquia de St. Stephens en Southwark, no sur de Londres.[11] Escribiu tamén unha serie de historias curtas nos anos 1890 e 1891, aínda que estas nunca foron publicadas. Tamén se conservan unha serie de poemas non publicados deste período. Cando Sir William Gregory faleceu en marzo de 1892, Lady Gregory gardou loito e volveu a Coole Park. Alí editou a autobiografía do seu marido, publicada en 1894.[12] Posteriormente escribiu: "Se non tivera casado non tería aprendido o rápido enriquecemento de frases que un consegue nunha conversa; se non quedase viúva non tería atopado a separación da mente, a tranquilidade para a observación necesaria para dar un entendemento á personaxe, para expresala e interpretala. A soidade enriqueceume—'encheume', como di Bacon."[13]

Nacionalismo cultural

[editar | editar a fonte]

Unha viaxe ata Inis Oírr nas illas Árann en 1893 espertou en Lady Gregory un interese pola lingua irlandesa[14] e polo folclore da zona onde vivía. Organizou clases de irlandés na escola de Coole e comezou a recompilar contos locais, especialmente dos residentes do asilo de Gort. Unha das titoras coas que traballou foi Norma Borthwick, quen visitou Coole en numerosas ocasións.[15] Esta actividade deu lugar á publicación de varios volumes, incluíndo A Book of Saints and Wonders (1906), The Kiltartan History Book (1909) e The Kiltartan Wonder Book (1910). Produciu tamén unha serie de coleccións de versións "kiltartanesas" de mitos irlandeses,[a] incluíndo Cuchulain of Muirthemne (1902) e Gods and Fighting Men (1904). Na introdución do primeiro, Yeats escribiu: "Creo que este libro é o mellor que saíu de Irlanda durante o meu tempo".[17] James Joyce parodiou esta afirmación no capítulo "Escila e Caribdis" da súa novela Ulises.[18]

A finais de 1894, animada pola boa recepción da edición da autobiografía do seu marido, Lady Gregory tornou a súa atención cara a outro proxecto editorial. Decidiu preparar unha selección da correspondencia do avó de Sir William Gregory para publicalas baixo o título de Mr Gregory's Letter-Box 1813–30 (1898), algo que lle levou a facer unha investigación na historia de Irlanda daquel tempo. Un dos resultados desta obra foi un cambio na súa posición política, pasando do "suave" unionismo dos seus primeiros artigos políticos a un apoio definitivo do nacionalismo irlandés e do republicanismo, no que ela mesma describiu posteriormente coma "unha aversión e desconfianza de Inglaterra".[19]

Fundación do Abbey Theatre

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Abbey Theatre.
Cartel das primeiras representacións no Abbey Theatre dende o 27 de decembro de 1904 ata o 3 de xaneiro de 1905.

Edward Martyn era veciño de Lady Gregory, e durante unha visita a súa casa, Tullira Castle, en 1896, Gregory coñeceu a W. B. Yeats.[20] Os debates entre os tres durante o seguinte ano deron lugar á fundación do Teatro Literario de Irlanda en 1899.[21] O proxecto do Teatro Literario de Irlanda durou ata 1901,[22] colapsando por falta de financiamento. En 1904 Lady Gregory, Martyn, Yeats, John Millington Synge, George William Russell, Annie Horniman, William Fay e Frank Fay reuníronse para formar a Sociedade do Teatro Nacional de Irlanda. As primeiras representacións levadas a cabo por esta sociedade tiveron lugar nun edificio chamado Molesworth Hall. Cando o Hibernian Theatre of Varieties en Lower Abbey Street e un edificio adxacente en Marlborough Street estiveron dispoñibles, Horniman e William Fay acordaron mercalo e adaptalo para cumprir os propósitos da sociedade.[23]

O 11 de maio de 1904 a sociedade aceptou formalmente a oferta de Horniman para o uso do edificio. Xa que Horniman non residía habitualmente en Irlanda, pagou a patente real requirida en nome de Lady Gregory.[24] Unha das obras de Gregory, Spreading the News, representouse na noite de apertura do 27 de decembro de 1904.[25] Durante a estrea de The Playboy of the Western World de Synge en xaneiro de 1907, unha parte importante da multitude provocou disturbios, obrigando a que o resto de representacións fosen en pantomima.[26] Lady Gregory non tiña tanta estima pola obra coma Yeats, pero defendeu a Synge seguindo os seus principios. Nunha carta a Yeats resumiu a súa visión deste asunto describindo os disturbios: "É a vella batalla, entre aqueles que usan un cepillo de dentes e aqueles que non".[27]

Carreira posterior

[editar | editar a fonte]
Portada de The WHITE COCKADE. A Comedy in Three Acts, by Lady Gregory, being Volume VIII. of the Abbey Theatre Series.

Lady Gregory mantívose coma directora activa do teatro ata que se viu obrigada a retirarse en 1928 por problemas de saúde. Durante este tempo escribiu máis de 19 obras, principalmente para a súa produción no Abbey Theatre.[14] Escribiu moitas delas nun intento de transliteración do dialecto hiberno-inglés falado en Coole Park que pasou a coñecerse coma "Kiltartanés", procedente da vila de Kiltartan. As súas obras foron das que máis éxito tiveron no Abbey Theatre durante os primeiros anos do mesmo,[28] pero a súa popularidade foi diminuíndo. O escritor irlandés Oliver St. John Gogarty afirmou que "a presentación perpetua das súas obras case arruinou o Abbey".[29] A maiores das súas obras teatrais, escribiu un estudo de dous volumes sobre o folclore da súa terra natal titulado Visions and Beliefs in the West of Ireland, en 1920.[30]

Durante o seu tempo na dirección do Abbey, Coole Park seguiu sendo o seu fogar. En Dublín estivo en varios hoteis, e adoitaba usar a súa habitación para entrevistar a posibles dramaturgos para o Abbey e para entreter á compañía de teatro tralas noites de estrea de novas obras.[31] Pasou gran parte dos seus días traballando en traducións na Biblioteca Nacional de Irlanda, e gañouse unha reputación de figura conservadora.[32] Un exemplo disto foi cando Denis Johnston enviou ó Abbey a súa primeira obra, Shadowdance, que Lady Gregory rexeitou devolvéndolla co texto "The Old Lady says No" ("A Vella Muller di Non") escrito no título da páxina.[33] Johnston decidiu cambiarlle o nome á obra, e The Old Lady Says 'No!' foi representada eventualmente no Gate Theatre en 1929.[34]

Retiro e morte

[editar | editar a fonte]

Cando se retirou da dirección do Abbey volveu a vivir en Galway, aínda que visitando Dublín de forma regular. A súa casa e os seus bens de Coole Park vendéranse á Comisión Irlandesa de Silvicultura en 1927, con Lady Gregory mantendo un alugueiro de por vida.[35] Lady Gregory faleceu no seu fogar ós 80 anos de idade a causa dun cancro de mama,[12] e foi soterrada en Bohermore, Galway. O contido completo dos bens de Coole Park vendéronse nunha poxa tres meses despois da súa morte, e a casa foi demolida en 1941.[36]

Shaw describiu nunha ocasión coma "a muller irlandesa viva máis grande",[37] As súas obras perderon popularidade trala súa morte, e non adoitan representarse.[38] Moitos dos diarios e xornais que mantivo durante a súa vida adulta foron publicados, servindo de fonte de información para a historia da literatura irlandesa durante as primeiras tres décadas do século XX.[39] O cráter Gregory de Venus leva ese nome na súa memoria.[40]

  1. "kiltartanesas" (inglés: "kiltartanese") é un termo propio de Lady Gregory para referirse ó inglés con sintaxe gaélica, baseándose no dialecto falado en Kiltartan.[16]
Referencias

Todas as referencias en inglés agás cando se indique o contrario.

  1. Foster 2003, p. 484
  2. Shrank, Bernice; Demastes, William (1997). Irish Playwrights, 1880-1995: A Research and Production Sourcebook. Westport: Greenwood Press. p. 108. 
  3. Coxhead, Elizabeth (1961). Lady Gregory: a literary portrait. Harcourt, Brace & World. p. 22. 
  4. "Representing the Great War: Texts and Contexts". The Norton Anthology of English Literature. Consultado o 5 de outubro de 2007. 
  5. Kermode, Frank (1957). Romantic Image. Nova York: Vintage Books. p. 31. 
  6. Hennessy, Caroline (2007). "Lady Gregory: An Irish Life by Judith Hill". RTE. Consultado o 1 de setembro de 2009. 
  7. Holmes, John (2005). Dante Gabriel Rossetti and the Late Victorian Sonnet Sequence. Aldershot: Ashgate. p. 103. ISBN 9780754651086. 
  8. Gregory 1976, p. 54
  9. Kirkpatrick, Kathryn (2000). Border Crossings: Irish Women Writers and National Identities. Tuscaloosa: Universidade de Alabama. p. 109. ISBN 978-0817309978. 
  10. Garrigan Mattar, Sinéad (2004). Primitivism, Science, and the Irish Revival. Oxford University Press. p. 187. ISBN 0-19-926895-9. 
  11. Yeats, Kelly & Schuchard 2005, p. 165, fn 2
  12. 12,0 12,1 Gonzalez, Alexander G. (1997). Modern Irish Writers: A Bio-Critical Sourcebook. Greenwood Press. p. 98. ISBN 9780313295577. 
  13. Owens, Cóilín; Radner, Joan Newlon (1990). Irish Drama, 1900–1980. CUA Press. p. 12. ISBN 9780813207056. 
  14. 14,0 14,1 "Lady Gregory". Irish Writers Online. Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2004. Consultado o 23 de setembro de 2007. 
  15. Rouse, Paul (2009). "Borthwick, Mariella Norma". En McGuire, James; Quinn, James. Dictionary of Irish Biography. Cambridge University Press. 
  16. O'Rourke Murphy, Maureen; MacKillop, James (2006). An Irish Literature Reader: Poetry, Prose, Drama. Syracuse University Press. p. 150. ISBN 9780815630463. 
  17. Love, Damian (1 de marzo de 2007). "Sailing to Ithaca: Remaking Yeats in Ulysses". The Cambridge Quarterly 36 (1): 1–10. doi:10.1093/camqtly/bfl029. 
  18. Emerson Rogers, Howard (1948). "Irish Myth and the Plot of Ulysses,". ELH 15 (4): 306–327. JSTOR 2871620. doi:10.2307/2871620. 
  19. Komesu, Okifumi; Sekine, Masuru (1990). Irish Writers and Politics. Rowman & Littlefield. p. 102. ISBN 0-389-20926-0. 
  20. Graham, Rigby (1972). "Letter from Dublin". American Notes & Queries 10. 
  21. Foster 2003, pp. 486, 662
  22. Kavanagh, Peter (1950). The Story of the Abbey Theatre: From Its Origins in 1899 to the Present. Nova York: Devin-Adair. 
  23. McCormack, William (1999). The Blackwell Companion to Modern Irish Culture. Oxford: Blackwell. pp. 5–6. ISBN 978-0-631-22817-2. 
  24. Yeats, Kelly & Schuchard 2005, p. 902
  25. Murray, Christopher."Introduction to the abbeyonehundred Special Lecture Series" (PDF). Abbey Theatre. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de marzo de 2008. Consultado o 6 de agosto de 2009. 
  26. Ellis, Samantha (16 de abril de 2003). "The Playboy of the Western World, Dublin, 1907". The Guardian. Consultado o 1 de setembro de 2009. 
  27. Frazier, Adrian (23 de marzo de 2002). "The double life of a lady". The Irish Times. Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2003. Consultado o 23 de setembro de 2007. 
  28. Pethica, James L. (2004). "Gregory, (Isabella) Augusta, Lady Gregory (1852–1932)"". Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press. 
  29. Stewart, Bruce. "[Lady] Augusta Gregory (1852-1932)". Ricorso. 
  30. Guinness, Selina (1998). "’Visions and beliefs in the west of Ireland’: Irish folklore and British anthropology, 1898–1920". Irish Studies Review 6 (1): 37–46. doi:10.1080/09670889808455591. 
  31. "Life in 1916 Ireland: Stories from statistics". Central Statistics Office. Consultado o 2 de agosto de 2017. 
  32. DiBattista, Maria; McDiarmid, Lucy (1996). High and Low Moderns: Literature and Culture, 1889–1939. Nova York: Oxford University Press. p. 216. 
  33. Dick, Susan; Ellmann, Richard; Kiberd, Declan (1992). Essays for Richard Ellmann: Omnium Gatherum. The Yearbook of English Studies 22 (McGill-Queen's Press). p. 183. 
  34. The Dublin Gate Theatre Papers, 1928 - 1979 (PDF) (Informe). Dublin Gate Theatre Archive. Consultado o 2 de agosto de 2017. 
  35. Genet, Jacqueline (1991). The Big House in Ireland: Reality and Representation. Barnes & Noble. p. 271. ISBN 978-0863221347. 
  36. "Timeline". Coole-Garryland Nature Reserve. Consultado o 2 de agosto de 2017. 
  37. Goldsmith, Oliver (1854). The Works of Oliver Goldsmith. Londres: John Murray. p. 178. OCLC 2180329. 
  38. Gordon, Donald James (1970). W. B. Yeats: images of a poet: my permanent or impermanent images. Manchester University Press. p. 28. 
  39. Pethica, James (1995). Lady Gregory's Diaries 1892–1902. Colin Smythe. ISBN 0-86140-306-1. 
  40. "Gregory". Gazetteer of Planetary Nomenclature. IAU - WGPSN. Consultado o 2 de agosto de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]