Lance Macklin
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de setembro de 1919 Londres, Reino Unido |
Morte | 29 de agosto de 2002 (82 anos) Kent, Reino Unido |
Causa da morte | doenza |
Educación | Eton College |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un |
Deporte | automobilismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans | |
Familia | |
Cónxuxe | Shelagh Mulligan (1956–) |
Fillos | Paddy Macklin, Miranda Macklin |
Pai | Sir Noel Campbell Macklin |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Lance Noel Macklin nado en Londres o 2 de setembro de 1919 e finado en Kent o 29 de agosto de 2002, foi un piloto de carreiras inglés. Participou en 15 Grandes Premios do Campionato do Mundo de Fórmula Un, debutando o 18 de maio de 1952.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O pai de Macklin era o empresario automotriz Noel Macklin, fundador tanto das compañías de automóbiles Invicta e Railton, ademais de Fairmile Marine, un fabricante de motores e torpedos durante a segunda guerra mundial. Macklin naceu en Kensington e foi educado no Eton College. Ofreceuse para o servizo coa Royal Navy en 1939 e (en liña co negocio do seu pai) foi asignado a traballar en barcos a motor.
Na desmobilización logo da segunda guerra mundial, Macklin seguiu a súa ambición inicial e converteuse nun piloto de carreiras, aínda que o primeiro intento de entrar nunha carreira na Illa de Man foi rexeitado debido a que non tiña experiencia.
Durante a súa carreira nos Grandes Premios, Macklin non logrou puntos de campionato, principalmente debido aos seus pouco competitivos HWM. O seu mellor resultado profesional foi cando gañou o BRDC International Trophy fóra de campionato, en Silverstone en 1952.
No 1955 nas 24 Horas de Le Mans estivo involucrado no maior accidente da historia do automobilismo, que matou a Pierre Levegh e 83 espectadores. Na volta 35 Hawthorn pasou a Lance Macklin e o seu Austin-Healey 100S entrando na recta antes dos boxes. Ao ver que o equipo Jaguar lle sinalizaba que entrara para facer unha parada en boxes, Hawthorn meteuse na traxectoria de Macklin e freou con forza para entrar nos boxes.[1][2][3][4] No intento de evitar a Hawthorn, o coche de Macklin mantívose brevemente no lado dereito da pista detrás de Hawthorn, levantando po coas súas rodas dereitas, a continuación, desviouse a través do centro da pista. Macklin estaba aparentemente fóra de control cando empezou a desviarse, pero recuperou a dirección logo de cruzar a liña central. Pero para entón Macklin estaba no camiño do Mercedes-Benz 300 SLR de Levegh e a roda dianteira dereita do coche de Levegh montou por encima da parte posterior esquerda de Macklin, o que provocou que o 300 SLR saíse polo aire. As fotos e imaxes fixas de vídeo ilustran a delgada marxe, a anchura do gardabarros, entre un case accidente e o completo desastre. Aínda que o coche de Macklin chocou, non resultou lesionado. Tras un incidente posterior no Tourist Trophy en Dundrod, no que Macklin estrelouse co seu Austin-Healey 100S, evitando un accidente no que Jim Mayers e William T. Smith morreron, Macklin retirouse do deporte automobilístico a instancias da súa noiva.[5]
Macklin uniuse a Facel Vega en París e dirixiu a división de exportación ata que a compañía fracasou en 1963, cando comezou a traballar para concesionario de automóbiles de Londres H.R. Owen. Máis tarde trasladouse a España, pero regresou a Inglaterra cando enfermou. Morreu en Tenterden, Kent, catro días antes do seu 83º aniversario.
Resultados Completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1952 | HW Motors Ltd | HWM | Alta 4 en liña | SUI Ret |
500 | BEL 11 |
FRA 9 |
GBR 15 |
ALE | NED 8 |
ITA NSC |
NC | 0 | |
1953 | HW Motors Ltd | HWM | Alta 4 en liña | ARX | 500 | NED Ret |
BEL Ret |
FRA Ret |
GBR Ret |
ALE | SUI Ret |
ITA Ret |
NC | 0 |
1954 | HW Motors Ltd | HWM | Alta 4 en liña | ARX | 500 | BEL | FRA Ret |
GBR | ALE | SUI | ITA | ESP | NC | 0 |
1955 | Stirling Moss Ltd | Maserati 250F | Maserati 6 en liña | ARX | MON NSC |
500 | BEL | NED | GBR 8 |
ITA | NC | 0 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Frank Foster (5 setembro 2013). F1: A History of Formula One Racing. BookCaps Study Guides. p. 1968. ISBN 978-1-62107-573-8.
- ↑ Sigur E. Whitaker (23 abril 2014). Tony Hulman: The Man Who Saved the Indianapolis Motor Speedway. McFarland. p. 88. ISBN 978-0-7864-7882-8.
- ↑ Gary G. Anderson. Austin-Healey 100, 100-6, 3000 Restoration Guide. MotorBooks International. p. 14. ISBN 978-1-61060-814-5.
- ↑ Spurgeon, Brad (11 xuño 2015). "On Auto Racing’s Deadliest Day". The New York Times Company, Inc. Consultado o 1 setembro 2015.
- ↑ "Lance Macklin". Daily Telegraph. 4 de setembro de 2002. Consultado o 11 de xaneiro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lance Macklin |