Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Latifundio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Grandes campos de millo en Illinois, Estados Unidos.

Un latifundio é unha explotación agrícola de grandes dimensións, caracterizada ademais por un uso ineficiente dos recursos dispoñibles. A extensión necesaria para considerar unha explotación latifundista depende do contexto: en Europa un latifundio pode ter algúns centos de hectáreas. En América Latina pode superar facilmente as dez mil.

Á parte da extensión, existen outros elementos característicos: baixos rendementos unitarios, subutilización da terra, baixa capitalización, baixo nivel tecnolóxico, man de obra empregada en condicións precarias e, en consecuencia, con baixo nivel de vida. O latifundismo foi tradicionalmente unha fonte de inestabilidade social, asociada á existencia de grandes masas de campesiños sen terras. Para solucionar os problemas orixinados polos latifundios, probáronse diversas fórmulas, dependentes do tipo de goberno no que se atopaban: desde o cambio de estrutura da propiedade (reforma agraria), con expropiacións incluídas, ata a modernización da explotación.