Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Leelah Alcorn

Este é un artigo de calidade da Galipedia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:BiografíaLeelah Alcorn

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Alcorn Editar o valor en Wikidata
15 de novembro de 1997 Editar o valor en Wikidata
Kings Mills, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte28 de decembro de 2014 Editar o valor en Wikidata (17 anos)
Causa da mortesuicidio, atropelo Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturasen valor Editar o valor en Wikidata
EducaciónAcademia Virtual de Ohio Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónblogueira Editar o valor en Wikidata

Tumblr: lazerprincess WikiTree: Alcorn-856 Find a Grave: 140813556 Editar o valor en Wikidata

Leelah Alcorn, nada o 15 de novembro de 1997 en Kings Mills (Ohio) e finada o 28 de decembro de 2014, foi unha rapaza transxénero estadounidense cuxo suicidio atraeu a atención dos medios nacionais e internacionais. Alcorn publicara unha nota de suicidio no seu blog de Tumblr, escribindo sobre estándares sociais relacionados coas persoas transxénero e expresando esperanza en que a súa morte crearía un diálogo sobre a discriminación, abuso e falta de apoio para as persoas transxénero.

Asignada ó xénero de varón no seu nacemento como Joshua Alcorn, criouse en Ohio no seo dunha familia afiliada co movemento da Igrexas de Cristo. Ós 14 anos de idade indicoulle a súa condición de transxénero ós seus pais, Carla e Doug Alcorn, que rexeitaron aceptar a súa identidade de xénero feminina. Ós 16 anos de idade denegáronlle a súa petición de someterse a terapia de reasignación sexual, someténdoa no seu lugar a unha terapia de conversión cristiá coa intención de convencela de que rexeitase a súa identidade de xénero e aceptase o xénero que lle asignaran ó nacer. Tras revelarlles ós seus compañeiros de clase que lle atraían os varóns, os seus pais sacárona da escola e prohibíronlle o acceso ás redes sociais. Na súa nota de suicidio Alcorn citou a soidade e a alienación como motivos chave da súa decisión de poñer fin a súa vida e culpou ós seus pais por causar estes sentimentos. Alcorn suicidouse poñéndose fronte o tráfico que circulaba pola Interestatal 71 á altura de Lebanon, Ohio.

Alcorn dispuxo a publicación en liña da súa nota de suicidio varias horas despois da súa morte, atraendo en pouco tempo a atención internacional dos medios e redes sociais. Varios activistas LGTB reclamaron atención para o suceso cualificándoo como unha proba dos problemas sufridos pola xuventude transxénero, mentres que nos Estados Unidos e no Reino Unido celebráronse vixilias na súa memoria. Os pais de Alcorn foron criticados por referirse a Leelah como varón en varias entrevistas realizadas cos medios de comunicación, defendendo o seu rexeitamento a aceptar a identidade sexual do seu fillo e o uso da terapia de conversión como referencia ós seus valores cristiáns. Foron acosados en liña en varias redes sociais, mentres que o activista polos dereitos LGTB Dan Savage culpounos directamente da morte de Leelah. Pouco despois do seu suicidio comezou unha campaña de peticións para o establecemento da chamada "Lei de Leelah", a prohibición da terapia de conversión nos Estados Unidos, apoiada polo entón presidente do país Barack Obama. Ó ano seguinte a cidade de Cincinnati aprobou unha lei para a ilegalización da terapia de conversión.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Asignada ó xénero de varón no seu nacemento, o nome que lle deron seus pais foi Joshua Ryan Alcorn.[1][2] Eventualmente rexeitaría este nome, asinando na súa nota de suicidio como "(Leelah) Josh Alcorn".[3][4] Tiña varios irmáns,[5] e segundo a súa propia descrición criouse nun ambiente cristián conservador.[6][7] A súa familia era membro da Igrexa Nordeste de Cristo de Cincinnati, aparecendo nun perfil desa igrexa publicado nun artigo de 2011 do xornal relixioso The Christian Chronicle.[8] A data de 2014 vivía xunto a súa familia en Kings Mills, Ohio.[9]

"Cando tiña 14 anos, aprendín o que significaba transxénero e chorei de felicidade. Tras 10 anos de confusión finalmente entendín quen era. Díxenllo inmediatamente a miña nai, e ela reaccionou de forma extremadamente negativa, dicíndome que era unha fase, que nunca sería realmente unha rapaza, que Deus non comete erros, que estou equivocada. Se estades lendo isto, pais, por favor non lle digades isto ós vosos fillos. Incluso se sodes cristiáns ou estades en contra das persoas transxénero nunca lle digades iso a alguén, especialmente ó voso fillo. Iso non conseguirá nada máis que facer que se odien a si mesmos. É exactamente o que me fixo a min".
—Nota de suicidio de Leelah Alcorn, 2014.
(Tradución do orixinal)[3]

Segundo a súa nota de suicidio Alcorn sentírase "como unha rapaza atrapada nun corpo dun rapaz" dende que tiña catro anos, e pasou a identificarse como unha rapaza transxénero dende os 14 anos de idade, cando aprendeu a existencia deste termo.[3] Segundo a súa nota informou de inmediato a súa nai, quen reaccionou de forma "extremadamente negativa" afirmando que só era unha fase e que Deus fixérao varón, polo que nunca podería ser unha muller.[3][4] Leelah afirmou que isto provocaba que se odiase a si mesma, desenvolvendo unha forma de depresión.[3] A súa nai enviouna a unha terapia de conversión cristiá,[2][10] da que Alcorn posteriormente comentou que alí só atopou "máis cristiáns" dicíndolle que era "egoísta e non tiña razón", e que "debería procurar a axuda de Deus".[3] Ós 16 anos de idade pediulle ós seus pais que lle permitisen comezar un tratamento de reasignación de xénero, mais denegáronllo. Nas súas propias palabras: "Sentín, desesperada, que tería que parecer un home travestí durante o resto da miña vida. No meu 16º aniversario, cando meus pais non me deixaron comezar a transición, chorei ata quedar durmida".[3]

Alcorn revelou publicamente a súa atracción polos varóns ós 16 anos, considerando que ó identificarse como un varón gai naquel momento sería un impulso para saír do armario como transxénero nun momento posterior.[11][12] Segundo unha amizade súa, moitos dos seus compañeiros do instituto Kings High School recibiron isto de forma positiva, pero seus pais quedaron horrorizados.[12] Nas propias palabras de Alcorn: "Sentiron que estaba atacando a súa imaxe, e que eu era unha vergoña para eles. Querían que fose o seu perfecto pequeno rapaz cristián hetero, e obviamente iso non é o que eu quería".[3][11] Os seus pais sacárona do instituto, apuntándoa na escola en liña Ohio Virtual Academy.[11] Segundo Alcorn, seus pais recluírona do mundo exterior durante cinco meses denegándolle o acceso ás redes sociais e outras formas de comunicación, algo que describiu na súa nota de suicidio como un factor contribuínte para a súa decisión.[3] Ó remate do ano escolar devolvéronlle o seu teléfono e permitíronlle retomar o contacto coas súas amizades, mais segundo Alcorn para aquel entón a súa relación con moitos deles tornáranse tensas e continuaba sentíndose illada.[3]

Dous meses antes do seu pasamento, Alcorn procurou axuda no sitio web Reddit, preguntándolle ós outros usuarios se o tratamento que lle deran seus pais considerábase un abuso infantil.[13][14] Na súa mensaxe revelou que malia que seus pais nunca abusaran fisicamente dela, sempre lle falaban nun "ton moi despectivo", dicíndolle cousas como "Nunca serás unha moza real" ou "Deus vaite enviar directamente ó inferno".[14] Explicou a maiores: "Tentei tanto como puiden cumprir ás súas expectativas e ser un varón hetero, pero decateime eventualmente de que odiaba a relixión e ós meus pais".[15] Alcorn revelou na súa mensaxe en Reddit que lle receitaran doses cada vez maiores do antidepresivo Prozac.[14] Na súa última mensaxe escribiu: "Por favor axudádeme, non sei o que debería facer e non podo aturar moito máis disto".[16] O seu ordenador foi recuperado preto do lugar do seu suicidio.[17] Contiña varias conversas que indicaban que tiña planeado saltar dunha ponte que cruza a Interestatal 71 varios días antes do suceso, e que tamén contactara cun teléfono de axuda previamente.[18]

Antes da súa morte o 28 de decembro de 2014, Alcorn programara a publicación automática da súa nota de suicidio no seu blog de Tumblr para as 5:30 PM EST.[11] Na nota afirmaba a súa intención de poñer fin a súa vida:

Decidín que xa tiven suficiente. Nunca vou a facer a transición con éxito, incluso cando me vaia da casa. Nunca vou ser feliz con como me vexo ou son. Nunca vou ter suficientes amigos que me satisfagan. Nunca vou ter suficiente amor que me satisfaga. Nunca vou atopar un home que me ame. Nunca vou ser feliz. Ou ben vivo o resto da miña vida como un home solitario que desexaría ser unha muller ou ben vivo a miña vida como unha muller solitaria que se odia a si mesma. Non hai gañador. Non hai saída. Xa estou suficientemente triste, non necesito que a miña vida empeore máis. A xente di "a cousa mellora" pero iso non é verdade no meu caso. Empeora. Cada día empeoro. Esa é a clave, iso é porque sinto que debo suicidarme. Perdoade se non é un motivo suficientemente bo para vos, é suficientemente bo para min.
(Tradución do orixinal)[3]

Na nota indicaba o seu desexo de que tódalas súas posesións e cartos fosen doados a unha asociación en favor das persoas transxénero,[3] e pedía que os problemas relacionados coa identidade de xénero se ensinasen nas escolas.[3][10] A nota remataba desta forma: "A miña morte ten que significar algo. A miña morte ten que incluírse no número de persoas transxénero que se suicidaron este ano. Quero que alguén mire a ese número e diga 'iso está mal' e o amañe. Amañade a sociedade. Por favor".[3][10][19] Unha segunda mensaxe apareceu publicada pouco despois, incluíndo unha desculpa para os seus amigos e irmáns polo trauma que pasarían por mor do seu suicidio, mais tamén contiña unha mensaxe negativa para os seus pais".[3][20][21][22] Deixou tamén unha nota de suicidio escrita a man na súa cama, que foi destruída pola súa nai despois de que a policía lle fixese unha copia durante a investigación do suceso.[18]

A primeiras horas da mañá do 28 de decembro, a policía informou ós medios de que Alcorn fora andando en dirección sur pola Interestatal 71 preto de Union Township cando foi golpeada por un camión pouco antes das 2:30 AM EST preto da saída de South Lebanon.[23] Faleceu no sitio, e a policía indicou que camiñara uns 5 ou 6 quilómetros dende a súa casa en Kings Mill ata o lugar do atropelo.[9] A autovía estivo pechada durante máis dunha hora tralo incidente.[11] A Patrulla de Autoestradas do Estado de Ohio comezou unha investigación,[23] mentres que o seu corpo foi trasladado para a súa autopsia por parte do forense do condado de Montgomery.[11] O condutor do camión non resultou ferido no incidente.[24]

Dous días despois da publicación da súa nota de suicidio, esta tiña unhas 82 000 visitas,[11] e na mañá do 31 de decembro fora compartida en Tumblr unhas 200 000 veces.[10] Nun artigo para o Boston Globe, Maura Johnston describiu a nota como unha "mensaxe pasional".[10] A nota de suicidio foi eliminada posteriormente a petición dos seus pais,[25] e o blog fíxose inaccesible para o público.[26] Segundo o representante familiar, a súa familia decidiu facer un funeral privado tras recibir varias ameazas,[27] e o seu corpo foi incinerado.[27] A Patrulla estatal de Ohio completou a investigación sobre a súa morte o 30 de abril de 2015, determinándoa oficialmente como un suicidio.[17][18]

Reaccións

[editar | editar a fonte]

Proxenitores

[editar | editar a fonte]

O 28 de decembro ás 2:56 PM a súa nai, Carla Wood Alcorn, publicou unha mensaxe en Facebook afirmando: "O meu adorable fillo de 16[sic] anos, Joshua Ryan Alcorn, foise ó ceo esta mañá. Saíu a dar un paseo cedo pola mañá e foi golpeado por un camión. Grazas polas mensaxes e amabilidade e preocupacións que nos enviastedes. Por favor mantédenos nas vosas pregarias".[11][12][24] Esta mensaxe foi borrada posteriormente e a súa conta de Facebook pasou a ser privada.[24] A familia Alcorn solicitou publicamente que lles deran privacidade durante o seu loito nunha declaración publicada polo distrito escolar local.[11] Nesa declaración o persoal do instituto Kings High School declarou que "Joshua Alcorn era un adorable mozo de 17 anos, talentoso e amable", engadindo que os conselleiros estarían dispoñibles para os estudantes afectados polo incidente.[11] O 30 de decembro gardouse un minuto de silencio na súa memoria durante un partido de baloncesto do equipo do instituto.[12]

O activista polos dereitos LGBT Dan Savage pediu que se tomasen accións legais contra os pais de Leelah trala morte desta.

Varios simpatizantes de Alcorn criticaron publicamente á súa nai, Carla Alcorn, por referirse a ela como varón na súa mensaxe de Facebook na que anunciaba a súa morte.[28] Varios individuos acosaron e publicaron información privada de Carla por medio da súa conta de Facebook "como vinganza" pola morte de Leelah.[29] O columnista Brendan O'Neill escribiu un artigo na revista Spiked afirmando que aqueles que acosaban ós pais de Alcorn representaban a "unha nova raza de liberais non liberais" que non toleraban a calquera que mantivese unha visión conservadora sobre os problemas sociais, comparando as súas tácticas coas da Igrexa Bautista de Westboro.[30]

En Twitter o activista Dan Savage argumentou que se deberían tomar accións legais contra os pais de Alcorn polo seu papel na morte da súa filla, comentando que por mor das súas accións eles "tirárona diante dese camión", citando a acusación de Dharun Ravi tralo suicidio de Tyler Clementi como precedente legal para este tipo de accións.[31][32][33] Tamén comentou que as accións legais deberían tomarse tamén contra os terapeutas de conversión que trataran a Leelah, suxerindo que os Alcorn deberían perder a custodia dos seus outros fillos.[5][31]

Carla Alcorn respondeu a estas críticas nunha entrevista coa CNN, afirmando: "Amabámolo de forma incondicional. Amabámolo sen importar nada. Amaba ó meu fillo. A xente necesita saber que o amaba. Era un bo rapaz, un bo neno".[19][34][35] Malia recoñecer que Leelah pedíralles que lle deixasen someterse a unha cirurxía de transición, Carla afirmou que nunca lle escoitara usar o nome de "Leelah", reiterando o seu rexeitamento a aceptar a condición de transxénero indicando: "Nós non apoiamos iso, relixiosamente".[19][34][35] Carla expresou a súa preocupación de que os usuarios das redes sociais pensasen que era unha "persoa horrible", e defendeu as súas accións ó tratar co seu fillo, indicando por exemplo que lle prohibira o acceso á Internet para previr que accedese a "cousas non axeitadas".[34] Nun correo electrónico enviado á canle local WCPO-TV, o pai de Leelah, Doug Alcorn, escribiu: "Amamos ó noso fillo, Joshua, moito e estamos desolados pola súa morte. Non desexamos entrar nunha tormenta ou debate político con persoas que non o coñecían. Queremos choralo en privado. Non lle gardamos rancor a ninguén. [...] Simplemente non desexo que as nosas palabras se usen na nosa contra".[8]

Nun artigo para Salon, Mary Elizabeth Williams comentou que "sería cruel e pouco preciso suxerir que Carla Alcorn non lle quería ó seu fillo", pero engadiu que a afirmación de Carla indicando que "amábao de forma incondicional" revelaba "unha tráxica falta de entendemento da palabra 'incondicional'".[36] A revista People citou unha afirmación de Johanna Olson, directora de medicina do Center of Trans Youth Health and Development no Hospital Infantil Los Angeles: "Queríanlle os pais de Leelah? Si, estou segura de que si. Apoiárona? Non. E iso é unha traxedia".[33] Mara Keisling, directora executiva do Centro Nacional pola Igualdade Transxénero, foi citada afirmando que culpar ós pais de Alcorn non era útil, engadindo: "Malia os grandes avances culturais e legais conseguidos polas persoas transxénero, aínda hai moita falta de respecto, discriminación e violencia dirixida cara a nós. E ser un neno ou adolescente de calquera tipo hoxe en día é moi difícil".[4]

Tributos e activismo

[editar | editar a fonte]
Tributo a Leelah Alcorn con candeas en Londres en xaneiro de 2015.

O día despois da publicación en liña da nota de suicidio de Alcorn, o concelleiro de Cincinnati, Chris Seelbach, compartiuna nunha mensaxe de Facebook afirmando que a súa morte demostraba o difícil que era ser transxénero nos Estados Unidos, mensaxe que foi compartida máis de 4 700 veces nesta rede.[10][11][12] Dous días despois do incidente, a súa morte atraera a atención dos medios internacionais.[11] Varios medios internacionais informaran da nova, e o cancelo #LeelahAlcorn chegara ós primeiros postos en Twitter.[11] Segundo o xornal británico The Independent, o suceso "desencadeou unha angustia global e comezou un debate sobre os dereitos das persoas transxénero".[19] O xornal estadounidense Boston Globe afirmou que "serviu como detonante para o progreso transxénero en 2014",[10] mentres que o xornal The New Republic dixo que o incidente "desatou un debate nacional sobre a mala situación dos rapaces transxénero e os escasos dereitos e respecto que lles outorga a sociedade".[37]

O 1 de xaneiro de 2015 o grupo de Cincinnati polos dereitos LGBT Support Marriage Equality Ohio celebrou unha vixilia en memoria de Alcorn fronte o que fora o seu instituto,[8][38] e o 2 de xaneiro un grupo de persoas celebrou outra vixilia na súa memoria en Goodale Park, Columbus.[38] As asociacións The Diverse City Youth Chorus e a Gay, Lesbian and Straight Education Network organizaron outra vixilia no Cultural Arts Center de Cincinnati para o 10 de xaneiro,[38] que se trasladou ó Woodward Theater, de maior capacidade,[39][40] e ó que asistiron máis de 500 persoas.[41] En Londres programouse unha vixilia para o 3 de xaneiro en Trafalgar Square,[42] e no evento varias personalidades deron un discurso, incluíndo a política Sarah Brown e o novelista e poeta Roz Kaveney.[43] O 10 de xaneiro organizáronse dúas marchas de protesta en memoria de Alcorn en Northwest, Washington, D.C., e Queen Street, Auckland.[44][45][46] Ese mesmo día realizouse unha vixilia con candeas na praza de Columbus Circle en Nova York.[47]

Varias famosas transxénero como Janet Mock, Andreja Pejić e Laverne Cox responderon publicamente ó incidente,[48][49] e o músico Ray Toro publicou unha canción titulada "For The Lost And Brave" dedicada a Alcorn.[50][51] Jill Soloway, guionista da serie de televisión Transparent, dedicoulle tamén o Globo de Ouro á mellor serie de televisión que recibiu en 2015.[52] Durante a entrevista de Diane Sawyer con Bruce Jenner, na que este confirmou a súa identidade transxénero, mencionouse a Alcorn e amosouse unha das mensaxes da súa nota de suicidio.[53] En xuño de 2015 a cantante Miley Cyrus fundou a organización Happy Hippie Foundation,[54] publicando unha serie de vídeos promocionais en YouTube entre os que incluíu unha versión do tema "No Freedom" de Dido dedicado a Alcorn.[55]

Ilustración en memoria de varias rapazas transxénero que se suicidaron en 2014 e 2015, incluíndo a Leelah Alcorn.

Carolyn Washburn, editora do xornal estatal The Cincinnati Enquirer, afirmou que o incidente "pon en consideración problemas importantes que agardamos que dean pé a conversas nas familias de toda a nosa rexión".[11] Washburn tamén recibira cartas ridiculizando o uso por parte do xornal do nome escollido por Alcorn nas novas sobre a súa morte.[56] Nunha entrevista para o mesmo xornal, Shane Morgan, fundadora e presidenta do grupo activista TransOhio, afirmou que malia que no 2014 presenciáranse melloras para o movemento de dereitos trans, a morte de Alcorn ilustraba "como as persoas trans aínda son tratadas como vítimas e aínda non se lles respecta".[11] Morgan tamén afirmou que malia que entendía a ira dirixida cara ós pais de Alcorn, "non había escusa para as ameazas á familia".[34]

Allison Woolbert, directora executiva do Transgender Human Rights Institute, declarou no The Independent que o caso de Alcorn "non era único". O xornal destacou unha investigación dos Centros para o Control e Prevención de Enfermidades que indicaba que os mozos LGTB tiñan case o dobre de probabilidades de tentar suicidarse que os adolescentes cisxénero heterosexuais.[5] Newsweek incluíu o suicidio de Alcorn nun contexto máis amplo de discriminación transfóbica, destacando que o Youth Suicide Prevention Program emitira un informe no que indicaba que máis do 50% dos mozos transxénero tentaban suicidarse antes de cumprir os 20 anos.[49] Segundo Kevin Jennings da Arcus Foundation, Alcorn converteuse "nun símbolo internacional dos desafíos continuos ós que ten que enfrontarse a xuventude LGTB", engadindo que a súa morte é un recordatorio de que "nos Estados Unidos aínda se ensina a lección de que en relación á identidade de xénero, é mellor ser cisxénero; e en relación coa orientación sexual, é mellor ser hetero".[57]

Baixo o cancelo de Twitter #RealLiveTransAdult, un gran número de persoas transxénero publicaron mensaxes de apoio para outras persoas transxénero máis novas,[58] e tamén circularon outros cancelos relacionados como #ProtectTransKids e a frase "Rest in Power".[59][60][61] En change.org abriuse unha petición para que se incluíse o nome escollido por Leelah na súa lápida,[28] que chegou a ter máis de 80 000 sinaturas.[40] O 6 de xaneiro Adam Hoover da asociación Marriage Equality Ohio indicou que debido a que era moi improbable que se puidese cumprir esta petición, no seu lugar farían unha colecta para establecer un memorial permanente en forma dun banco dedicado, unha árbore e unha placa conmemorativa.[40]

"Lei de Leelah"

[editar | editar a fonte]
A raíz da morte de Alcorn, o presidente Obama comprometeuse a apoiar a prohibición da terapia de conversión.

O Transgender Human Rights Institute iniciou unha petición para a aprobación da que chamaron "Lei de Leelah", a prohibición da terapia de conversión nos Estados Unidos, tentando concienciar sobre os efectos psicoloxicamente prexudiciais destas prácticas. O 24 de xaneiro de 2015 acadara as 330 009 sinaturas,[62][63][64] e foi a petición de change.org de crecemento máis rápido no ano 2014.[65] Unha segunda petición solicitando a instauración da "Lei de Leelah" foi publicada na sección "We the People" da páxina web da Casa Branca o 3 de xaneiro de 2015, obtendo máis de 100 000 sinaturas nese mes.[66] En resposta a esta petición, o entón presidente Barack Obama realizou unha petición pública en abril de 2015 solicitando a prohibición da terapia de conversión para os menores de idade.[67][68][69]

En decembro de 2015 Cincinnati converteuse na segunda cidade dos Estados Unidos tras Washington, D.C. en prohibir a práctica da terapia de conversión. O concelleiro Chris Seelbach citou o suicidio de Alcorn como influencia nesta decisión e afirmou que "ela desafiounos a facer que a súa morte importase, e estamos facendo iso mesmo".[70] Previamente aprobáranse leis semellantes nos estados de Nova Jersey,[71] California,[72] Oregón[73] e Illinois.[74]

Todas as referencias en inglés agás cando se indique o contrario.

  1. Mohney, Gillian (31 de decembro de 2014). "Leelah Alcorn: Transgender Teen's Reported Suicide Note Makes Dramatic Appeal". ABC News. Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2015. Consultado o 2 de xaneiro de 2015. 
  2. 2,0 2,1 Margolin, Emma (3 de xaneiro de 2015). "Leelah Alcorn's suicide note pointed out societal problems". MSNBC. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2015. Consultado o 6 de xaneiro de 2015. 
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 3,12 3,13 3,14 Alcorn, Leelah (28 de decembro de 2014). "Suicide Note". Tumblr. Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2015. Consultado o 30 de decembro de 2014. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Gander, Kashmira (30 de decembro de 2014). "Transgender teenager Leelah Alcorn took her life because 'parents would not allow her to transition'". The Independent. Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2015. Consultado o 31 de decembro de 2014. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Molloy, Antonia (1 de xaneiro de 2015). "Leelah Alcorn: Transgender teenager's parents should be prosecuted, says gay rights activist". The Independent. Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2015. Consultado o 1 de xaneiro de 2015. 
  6. Blistein, Jon (30 de decembro de 2014). "Trans Teen Pens Heartbreaking Suicide Note". Rolling Stone. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2015. Consultado o 23 de xuño de 2017. 
  7. Urquhart, Vanessa Vitiello (2 de xaneiro de 2015). "Prosecuting Leelah Alcorn's Parents Won't Help Isolated, Bullied Trans Kids". Slate. Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2015. Consultado o 23 de xuño de 2017. 
  8. 8,0 8,1 8,2 Law, Jason (1 de xaneiro de 2015). "Leelah Alcorn's dad: 'We love our son'". WCPO Cincinnati. Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2015. Consultado o 8 de abril de 2015. 
  9. 9,0 9,1 "Transgender teen struck and killed on Ohio interstate in apparent suicide". LGBTQ Nation. 29 de decembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2016. Consultado o 27 de outubro de 2015. 
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 10,5 10,6 Johnston, Maura (31 de decembro de 2014). "Transgender teen Leelah Alcorn: ‘My death needs to mean something’". The Boston Globe. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2015. Consultado o 1 de xaneiro de 2015. 
  11. 11,00 11,01 11,02 11,03 11,04 11,05 11,06 11,07 11,08 11,09 11,10 11,11 11,12 11,13 11,14 Coolidge, Sharon (30 de decembro de 2014). "Transgender teen:'My death needs to mean something'". Cincinnati.com. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2015. Consultado o 30 de decembro de 2014. 
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 Brian Mains and Jason Law (31 de decembro de 2014). "Leelah Alcorn suicide note sparks transgender discussion". WCPO. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2015. Consultado o 23 de xuño de 2017. 
  13. Bacardi, Francesca (2 de xaneiro de 2015). "Leelah Alcorn's Mom Refuses to Accept That Her Child Was Transgender". E!. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2015. Consultado o 2 de xaneiro de 2015. 
  14. 14,0 14,1 14,2 Badash, David (2 de xaneiro de 2015). "New And Disturbing Details Emerge About Leelah Alcorn's Life From Posts She Made To Reddit". The New Civil Rights Movement. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2015. Consultado o 2 de xaneiro de 2015. 
  15. Glum, Julia (2 de xaneiro de 2015). "Leelah Alcorn Update: Mom Of Transgender Teen Speaks, Tumblr Suicide Note Deleted And #RealLiveTransAdult Flourishes". International Business Times. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2015. Consultado o 3 de xaneiro de 2015. 
  16. Segal, Corinne (2 de xaneiro de 2015). "Transgender teen’s death inspires petition against conversion therapy". PBS. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2015. Consultado o 12 de xaneiro de 2015. 
  17. 17,0 17,1 Ohio State Highway Patrol (30 de abril de 2015). Report of Investigation (PDF) (Informe). 
  18. 18,0 18,1 18,2 Kellaway, Mitch (1 de maio de 2015). "New Details Emerge as Officials Rule Leelah Alcorn's Death a 'Suicide'". Advocate.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2015. Consultado o 3 de maio de 2015. 
  19. 19,0 19,1 19,2 19,3 Buncombe, Andrew (1 de xaneiro de 2015). "Leelah Alcorn suicide: petition calls for transgender teenager's chosen name to be used on her tombstone". The Independent. Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2015. Consultado o 23 de xuño de 2017. 
  20. Hilton, Perez (31 de decembro de 2014). "Transgender Teen Leelah Alcorn Left A Strong Message In Her Sorry Note For Friends & Family – Read It HERE". PerezHilton.com. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2015. Consultado o 08 de xaneiro de 2018. 
  21. "Transgender teen asks for her suicide to 'mean something' and 'fix society'". RT. 31 de decembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 2 de xaneiro de 2015. Consultado o 27 de outubro de 2015. 
  22. Boroff, David (2 de xaneiro de 2015). "Mom of Ohio transgender teen who took her own life says she did not 'support' child's gender change". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2015. Consultado o 27 de outubro de 2015. 
  23. 23,0 23,1 Molski, Henry (30 de decembro de 2014). "Boy, 17, hit and killed by semi on I-71". Cincinnati.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2017. Consultado o 30 de decembro de 2014. 
  24. 24,0 24,1 24,2 "Transgender teen asks for her suicide to 'mean something' and 'fix society'". RT. 31 de decembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 22 de abril de 2017. 
  25. Vultaggio, Maria (4 de xaneiro de 2015). "Leelah Alcorn's Parents Had Tumblr Suicide Note Deleted; Transgender Teen Mourned At High School". International Business Times. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2016. Consultado o 6 de xaneiro de 2015. 
  26. Duffy, Nick (3 de xaneiro de 2015). "Leelah Alcorn's blog and suicide note deleted from Tumblr". PinkNews. Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2016. Consultado o 6 de xaneiro de 2015. 
  27. 27,0 27,1 Fieldstadt, Elisha; Newell, Scott (2 de xaneiro de 2015). "Funeral for Transgender Teen Leelah Alcorn Moved Because of 'Threats'". NBC News. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2017. Consultado o 3 de xaneiro de 2015. 
  28. 28,0 28,1 Dockterman, Eliana (31 de decembro de 2014). "Transgender Teen's Death Sparks Outcry From Advocates". Time. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2016. Consultado o 26 de outubro de 2015. 
  29. Dewey, Caitlin (31 de decembro de 2014). "Leelah Alcorn's death was tragic, but harassing her parents is not the answer". The Washington Post. Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2015. Consultado o 1 de xaneiro de 2015. 
  30. O'Neill, Brendan (5 de xaneiro de 2015). "'Justice for Leelah': behold the new, PC intolerance". Spiked. Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2017. Consultado o 28 de decembro de 2017. 
  31. 31,0 31,1 Badash, David (1 de xaneiro de 2015). "Dan Savage: Parents Of Trans Teen Leelah Alcorn 'Threw Her In Front Of That Truck'". The New Civil Rights Movement. Consultado o 22 de abril de 2017. 
  32. Broverman, Neal (2 de xaneiro de 2015). "Savage: Parents of Trans Teen Who Ended Life Should Be Prosecuted". The Advocate. Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2016. Consultado o 14 de xaneiro de 2015. 
  33. 33,0 33,1 Helling, Steve (2 de xaneiro de 2015). "Suicide of Transgender Teen Leelah Alcorn Sparks Emotional Debate". People. Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2016. Consultado o 22 de abril de 2017. 
  34. 34,0 34,1 34,2 34,3 Fantz, Ashley (4 de xaneiro de 2015). "An Ohio transgender teen's suicide, a mother's anguish". CNN. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2016. Consultado o 1 de xaneiro de 2015. 
  35. 35,0 35,1 Brennan, Patrick (31 de decembro de 2014). "Leelah Alcorn's mother: 'We loved him'". Cincinnati.com. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2015. Consultado o 1 de xaneiro de 2015. 
  36. Williams, Mary Elizabeth (2 de xaneiro de 2015). "Leelah Alcorn's mom mourns a "good boy"". Salon. Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2017. Consultado o 22 de abril de 2016. 
  37. Sasson, Eric (27 de xaneiro de 2015). "Parents of Transgender Kids Could Learn a Lot from Brangelina". New Republic. Consultado o 28 de decembro de 2017. 
  38. 38,0 38,1 38,2 Tweh, Bowdeya (1 de xaneiro de 2015). "Vigils planned to mourn Leelah Alcorn". Cincinnati.com. Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2016. Consultado o 23 de xuño de 2017. 
  39. Saker, Anne (6 de xaneiro de 2015). "2nd Leelah Alcorn vigil moved to Woodward Theater". Cincinnati.com. Consultado o 7 de xaneiro de 2015. 
  40. 40,0 40,1 40,2 "Leelah Alcorn: Group raises money for memorial for transgender teen who committed suicide". WCPO. 7 de xaneiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2016. Consultado o 7 de xaneiro de 2015. 
  41. Saker, Anne (10 de xaneiro de 2015). "Woodward Theater vigil for Leelah Alcorn draws 500". Cincinnati.com. Consultado o 23 de xuño de 2017. 
  42. Duffy, Nick (2 de xaneiro de 2015). "Vigils to be held tomorrow for transgender teen Leelah Alcorn". PinkNews. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 22 de abril de 2017. 
  43. Duffy, Nick (4 de xaneiro de 2015). "Photos: London vigil for transgender teen Leelah Alcorn". PinkNews. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 22 de abril de 2017. 
  44. Lavers, Michael K. (8 de xaneiro de 2015). "D.C. march to honor Leelah Alcorn scheduled". The Washington Blade. Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2016. Consultado o 9 de xaneiro de 2015. 
  45. Smith, Caitlin (10 de xaneiro de 2015). "Leelah Alcorn: Auckland march in support of trans teens". 3 News. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2016. Consultado o 9 de xaneiro de 2015. 
  46. Shields, Jennifer Katherine (9 de xaneiro de 2015). "Transgender advocates plan rally in support of Leelah Alcorn". Scoop. Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2016. Consultado o 9 de xaneiro de 2015. 
  47. Kaufman, Gil (10 de xaneiro de 2015). "After Leelah Alcorn's Death, These Trans Activists Want You To Think Differently About Gender". MTV. Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2017. Consultado o 10 de xaneiro de 2015. 
  48. Vultaggio, Maria (30 de decembro de 2014). "Leelah Alcorn's Transgender Suicide Prompts Response From Laverne Cox, Andreja Pejic, Janet Mock". International Business Times. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2015. Consultado o 22 de abril de 2017. 
  49. 49,0 49,1 Mejia, Paula (30 de decembro de 2014). "Suicide of Transgender Teen Sparks Heightened Advocacy for Trans Rights". Newsweek. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 22 de abril de 2017. 
  50. Avery, Dan (2 de xaneiro de 2015). "Ray Toro Of My Chemical Romance Dedicates New Song To Memory Of Leelah Alcorn". New Now Next. Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2015. Consultado o 3 de xaneiro de 2015. 
  51. M. Smith, Alex (2 de xaneiro de 2015). "Leelah Alcorn Song: Ray Toro Dedicates New Single "For the Lost and the Brave" To Transgender Teen [LISTEN]". Music Times. Consultado o 3 de xaneiro de 2015. 
  52. McCormick, Joseph Patrick (12 de xaneiro de 2015). "Amazon’s ‘Transparent’ writer dedicates Golden Globe to Leelah Alcorn". PinkNews. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 22 de abril de 2017. 
  53. Brennan, Patrick (25 de abril de 2015). "Leelah Alcorn referenced during Bruce Jenner interview". The Cincinnati Enquirer. Consultado o 3 de maio de 2015. 
  54. Petrusich, Amanda (9 de xuño de 2015). "Free to Be Miley". Paper. Consultado o 24 de xuño de 2017. 
  55. Saul, Heather (9 de maio de 2015). "Miley Cyrus pays tribute to late transgender teen Leelah Alcorn as she launches homeless LBGT Happy Hippie Foundation". The Independent. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2019. Consultado o 26 de xuño de 2017. 
  56. Gelwicks, Andrew (13 de xaneiro de 2015). "A Tender Age for Suicide: Inside Leelah Alcorn's Memorial Service". The Huffington Post. Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2016. Consultado o 14 de xaneiro de 2015. 
  57. Jennings, Kevin (2015). "Leelah Alcorn and the Continued Struggle for Equity for LGBT Students". The Educational Forum 79 (4): 344. doi:10.1080/00131725.2015.1069512. 
  58. "Leehlah Alcorn: Transgender Teen's Death Inspires #RealLiveTransAdult Hashtag". ABC. 31 de decembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2016. Consultado o 26 de outubro de 2015. 
  59. McCoy, Terrence (31 de decembro de 2014). "Transgender teen who died of an apparent suicide: ‘Fix society. Please.’". The Washington Post. Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2015. Consultado o 4 de xaneiro de 2015. 
  60. Romano, Aja (31 de decembro de 2014). "#RealLiveTransAdult gives trans teens hope after Leelah Alcorn tragedy". The Daily Dot. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2015. Consultado o 4 de xaneiro de 2015. 
  61. "Transgender teen pleads in suicide note: ‘My death needs to mean something’". WGNtv. 31 de decembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2015. Consultado o 4 de xaneiro de 2015. 
  62. Mintz, Zoe (31 de decembro de 2014). "Leelah Alcorn's Transgender Suicide Sparks 'Leelah's Law' Petition To Ban Conversion Therapy". International Business Times. Consultado o 26 de outubro de 2015. 
  63. Donaldson, Savannah (2 de xaneiro de 2015). "Leelah Alcorn, Through Her Friends' Eyes". The Huffington Post. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 26 de outubro de 2015. 
  64. Molski, Henry (3 de xaneiro de 2015). "'Leelah's Law' petition: 200K signatures in 2 days". Cincinnati.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2015. Consultado o 3 de xaneiro de 2015. 
  65. Nichols, James (8 de xaneiro de 2015). "Leelah Alcorn's Death Inspires Fastest Growing Change.Org Petition Of 2014". The Huffington Post. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2016. Consultado o 9 de xaneiro de 2015. 
  66. Kellaway, Mitch (30 de xaneiro de 2015). "Petition for 'Leelah's Law' Banning Conversion Therapy Heads to White House". The Advocate. Consultado o 31 de xaneiro de 2015. 
  67. Shear, Michael (9 de abril de 2015). "Obama to Call for End to 'Conversion' Therapies for Gay and Transgender Youth". The New York Times. Consultado o 9 de abril de 2015. 
  68. McCarthy, Michael (13 de abril de 2015). "Obama supports ban on therapy to change sexual orientation of youth". BMJ: British Medical Journal (Londres) (350). doi:10.1136/bmj.h197. 
  69. Saker, Anne (9 de abril de 2015). "Leelah's death moves Obama to respond". Cincinnati.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2015. Consultado o 26 de outubro de 2015. 
  70. McCormick, Joseph Patrick (10 de decembro de 2015). "Cincinnati becomes second US city to ban 'gay cure' therapy". PinkNews. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 22 de abril de 2017. 
  71. "Chris Christie Signs Ban On Gay Conversion Therapy". Huffington Post. 19 de agosto de 2013. Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2016. Consultado o 09 de xaneiro de 2018. 
  72. "Ninth Circuit Court of Appeals upholds California law banning LGBT conversion therapy". Equality On Trial. 29 de agosto de 2013. Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2013. Consultado o 09 de xaneiro de 2018. 
  73. "Bill to ban conversion therapy for LGBT youth sent to Kate Brown's desk". Oregon Live. 7 de maio de 2015. 
  74. "Illinois Republican governor signs two more pro-equality bills". LGBTQ Nation. 20 de agosto de 2015. Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2017. Consultado o 09 de xaneiro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]