Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Lei de illas de guano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Lei de Illas de Guano (Guano Islands Act) foi unha lei aprobada polo Congreso dos Estados Unidos o 18 de agosto de 1856 que autorizaba á cidadanía dos EUA a tomar posesión das illas con depósitos de guano. Estas illas poden estar en calquera parte do mundo, sempre que non estean ocupadas ou baixo xurisdición doutros gobernos. Tamén permite que dende a presidencia dos Estados Unidos se poida facer uso da forza militar co fin de protexer estes dereitos.

Whenever any citizen of the United States discovers a deposit of guano on any island, rock, or key, not within the lawful jurisdiction of any other Government, and not occupied by the citizens of any other Government, and takes peaceable possession thereof, and occupies the same, such island, rock, or key may, at the discretion of the President, be considered as appertaining to the United States. (primeira sección da Acta de Islas Guaneras)

En galego:

Cando calquera cidadán dos EUA descubra un depósito de guano sobre calquera illa, roca, ou caio, non dentro da xurisdición legal de calquera outro goberno, e non ocupada por cidadáns de calquera outro goberno, e tome posesión pacificamente, e ocupe, xa sexa, illa, roca ou caio, pode, segundo a discreción do Presidente, ser considerado pertencente aos Estados Unidos

A Acta de Illas Guaneras atópase en estatutos federais tales como o Código dos Estados Unidos, Título 48, Capítulo 8, Seccións 1411-1419.

A principios do século XIX, o guano era cobizado por ser un excelente fertilizante. En 1855, dende os Estados Unidos sóubose dos depósitos de guano do océano Pacífico. O Congreso aprobou o Acta de Illas Guaneras para aproveitar eses xacementos.

A acta permitía especificamente que as illas debesen ser consideradas como parte dos Estados Unidos, aínda que tal posesión podía ser anulada se os depósitos de guano esgotábanse.

Baixo esta lei, máis de 100 illas foron reclamadas. Algunhas aínda seguen baixo dominio estadounidense, como as illas Baker, Jarvis, Howland, o arrecife Kingman ou os atois Johnston, Palmyra e Midway. A posesión da illa Navassa, pola súa parte, é disputada con Haití. Os bancos Serranilla e Baixo Novo son reclamados por múltiples países. En 1971, os EUA e Honduras asinaron un tratado no que recoñecían a soberanía hondureña sobre as illas Swan.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]