Lewis Hine
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Lewis Wickes Hine 26 de setembro de 1874 Oshkosh, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 3 de novembro de 1940 (66 anos) Hastings-on-Hudson, Estados Unidos de América (en) |
Educación | Universidade Columbia Universidade de Nova York Universidade de Chicago |
Actividade | |
Campo de traballo | Reformismo |
Lugar de traballo | Nova York |
Ocupación | sociólogo, fotógrafo, fotoxornalista |
Período de actividade | 1903 - 1940 |
Movemento | Documentalismo e realismo social |
Participou en | |
24 de xuño de 1977 | Documenta 6 |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Modern Times: Photography in the 20th Century (en) Obálky knih, |
Lewis Wickes Hine, nado en Oshkosh (Wisconsin) o 26 de setembro de 1874 e finado en Hastings-on-Hudson (estado de Nova York) o 3 de novembro de 1940, foi un fotógrafo estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a carreira de Socioloxía na Universidade de Chicago en 1902, que continuaría máis tarde nas universidades de Columbia e Nova York. Nesta última cidade traballa como profesor na Ethical Culture School. Durante eses anos, Hine valora a cámara fotográfica como instrumento para a investigación, para comunicar os seus achados a investigadores e a para a ensinanza aos nenos do seu colexio.
Hine sostiña que a principal misión da fotografía é a arte, os factores estéticos da fotografía, e que os demais obxectivos eran secundarios. Ao momento de tomar fotografías, que realizaba con fins sociolóxicos, víase antes como unha figura artística que coma un científico.
Moi preocupado polas condicións de vida dos menos desfavorecidos, rexistrou a chegada de inmigrantes á illa Ellis, os seus asentamentos en insalubres vivendas, os seus traballos en fábricas e tendas e aos nenos xogando nos cubos de lixo. Hine comprendía a subxectividade das súas fotografías, mais tamén cría que tiñan un gran poder de crítica, chegando a describir as súas obras como «fotointerpretacións». Estas fotografías serían publicadas en 1908 no libro Charities and the Commons.[1]
Grazas a esta imaxes participou máis tarde no Comité Nacional do Traballo Infantil, onde se crearon leis de protección laboral aos menores de idade.[2]
Tamén resaltou calidades positivas como as asistencias da Cruz Vermella en Europa Central.
En 1932 publicou a súa colección Men at Work, un documento fotográfico sobre a construción do Empire State Building.
A súa obra foi doada ao Museo Internacional de Fotografía George Eastman House, en Rochester, no estado de Nova York.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
«Adolescent Girl, a Spinner, in a Carolina Cotton Mill», 1908
-
«Child Laborer, Newberry, S.C.», 1908
-
«Power house mechanic working on steam pump», 1920
-
«Raising the Mast, Empire State Building», 1932
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Lewis H. Hine". Encyclopædia Britannica (en inglés).
- ↑ "Biografía de Lewis Wickes Hine". Biografías y vidas (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Lewis Hine |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Información e traballos de Lewis Hine na páxina web do J. Paul Getty Museum. (en inglés)
- Biografía de Lewis Hine Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine. na páxina web da Universidade de Illinois (en inglés)