Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Lingua véneta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Véneto
Vèneto
Falado en: Italia, Croacia, Eslovenia, México e o Brasil
Rexións: Véneto
Total de falantes: 2 250 000 falantes
Familia: Indoeuropea
 Itálica
  Románica
   Italo-occidental
    Galoitálica
     Véneto
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: roa
ISO 639-3: vec
SIL: VEN
Mapa
Status

O véneto está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O véneto[2] (en vén. vèneto ou Łengua vèneta) é unha lingua románica falada por máis de dous millóns de persoas, principalmente no Véneto, nordés da Italia. Os seus falantes concéntranse sobre todo naquela que antigamente era a Terraferma (Terra Firme) da República de Venecia (Véneto, parte do Trentino, Istria e Venecia Xulia). Existen minorías de falantes en Eslovenia, Croacia, Brasil e Chipilo (México). É recoñecida entre as linguas minoritarias europeas pola UNESCO (Red book on endangered languages). Aínda que sexa coñecido como un dialecto italiano, o véneto non descende da lingua italiana, senón directamente do latín, tendo a súa propia morfoloxía, sintaxe e léxico.

A lingua véneta descende do latín vulgar e foi posibelmente influenciada pola extinta lingua venética, falada na rexión entre os séculos V a.C. e I a.C., e posteriormente polas linguas dos pobos xermánicos (visigodos, ostrogodos e longobardos) que invadiron o norte da Italia no século V d.C.O 28 de marzo de 2007, o véneto foi recoñecido como lingua polo Consello Rexional Véneto coa lei de "tutela e valorizzacione della lingúa e cultura veneta", aprobada pola maioría dos partidos de goberno e oposición.

Variedades

[editar | editar a fonte]

As variantes máis importantes son:

  • véneto oriental (véneto veneciano) falado en Venecia e arredores
  • véneto occidental (véneto veronés) falado en Verona e a súa provincia
  • véneto central (ou centro-meridional) falado nas prov. de Padua, Vicenza, e Rovigo
  • véneto setentrional (ou ven. feltrino-belunés) falado en Feltre e Belluno
  • véneto trevisan falado na prov. de Treviso e influenciado polo veneto setentrional e veneciano

Os falantes chámanlle venesian (veneciano) á variedade falada na cidade de Venecia, mentres que empregan a palabra vèneto para se referir a toda a lingua independentemente da variante que sexa.

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para véneto.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.