Linguas de Bélxica
As linguas de Bélxica son as linguas nacionais ou rexionais endóxenas que se falan nas diferentes comunidades étnicas e nas provincias do actual Estado de Bélxica, sexan ou non oficiais -estas, as oficiais, son o flamengo, o francés e o alemán-. A política lingüística belga está baseada nun sistema de distribución por comunidades, de tal maneira que as únicas linguas rexionais con estatuto de oficialidade son as recollidas na Comunidade Francesa de Bélxica.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Dende 1990 a Comunidade Francesa de Bélxica leva identificadas diversas linguas, todas nun plano secundario fronte a oficialidade de que só goza a lingua francesa. Non obstante, por lei, estas linguas, oito en total, deben ser estudadas e o seu uso fomentado dende os poderes públicos. Malia haber unha normativa vixente, a Comunidade francesa é acusada de incumplila ao non organizar cursos de aprendizaxe de idiomas distintos ao francés nin ceder espazo nos medios públicos de comunicación. Isto dá como resultado unha acusada perda de falantes das linguas minorizadas e minoritarias así como un estado de perigo de extinción para elas.
En Flandres existe tamén un certo número de falas rexionais sen recoñecemento de oficialidade. Con todo e iso, o seu uso mantense na vida cotiá.
Os diversos informes lingüísticos sinalan que Flandres é claramente a máis multilingüe das provincias, feito que sen ningunha dúbida é ben coñecido por todos, pois a diferenza con Valonia é considerábel: namentres que o 59 % e 53 % dos flamengos dominan o francés e inglés respectivamente, soamente o 19 % e o 17 % dos valóns dominan o flamengo e o inglés.Benoît Bayenet, profesor da Université Libre de Bruxelles.[1]
Linguas rexionais
[editar | editar a fonte]Malia que están linguas estean delimitadas en comunidades lingüísticas e polo tanto claramente definidas, o seu recoñecemento vén da historia dos territorios que hoxe forman Bélxica. Así, aínda que o limburgués provén de Flandres, ten tamén recoñecemento na parte da Comunidade Francesa. A razón é que o centro histórico da cidade de Limburgo fica na provincia de Liexa e o Principado de Liexa abranguía gran parte do territorio que constitúe hoxe o Limburgo belga e o Limburgo dos Países Baixos.
Comunidade francesa
[editar | editar a fonte]As 8 linguas rexionals cobren dous dominios lingüísticos.
- Dominio das linguas románicas
- o picardo, falado no triángulo noroeste da rexión valoa, propio do sueste do departamento francès do Nord (Norte), e ao suroeste da fronteira administrativa coa rexión e a comunidade flamenga;
- o valón, falado na meirande parte da rexión de Valonia, e tamén falado case en exclusiva no oeste do Mosa);
- o champañés, unha variedade que non se distingue da falada en Francia. É falado nunha pequena zona illada ao longo da fronteira francesa ao leste do río Mosa e ao suroeste da rexión de Valonia;
- o lorenés, falado no sur da rexión valoa e ao norte da rexión francesa de Lorena.
- Dominio xermánico
- o luxemburgués, que se fala preto da fronteira con Gran Ducado de Luxemburgo, ao sueste de Valonia;
- o brabantés, falado preto da fronteira con Alemaña, ao nordeste da rexión valoa. O brabantés está considerado un dos dous dialectos principais que contribuíron a crear o neerlandès estandarizado. Ten estatuto de lingua rexional;
- o limburgués, próximo ao baixo alemán, falado preto da fronteira meridional dos Países Baixos e na raia con Alemaña, ao nordeste de Valonia;
- o bruxelés, falado na rexión bilingüe da Rexión de Bruxelas-Capital, localizada na rexión flamenga.
Comunidade flamenga
[editar | editar a fonte]Distínguense catro falas, todas do dominio lingüístico xermánico:
- máis próximas ao neerlandés:
- o brabantés, a variante máis viva é a da provincia de Anveres)
- o flamengo oriental
- máis próximas ao alemán:
- o flamengo occidental, próximo ao baixo alemán)
- o limburgués, próximo ao alemán estándar.
Os dialectos endóxenos brabantés e flamengo oriental son moi próximos ao neerlandés estándar falado polos flamengos de Flandres.
Comunidade xermanófona
[editar | editar a fonte]Nesta rexión cada unha das linguas rexionais ten carácter oficial. As linguas faladas son o ripuario e mais o limburgués.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Le plan Marshall: cinq actions prioritaires pour l’avenir wallon (2005). ISSN 1379-7034