Litoria aurea
Litoria aurea | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Vulnerable | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Litoria aurea' (Lesson, 1827) |
Litoria aurea é unha ra arborícola terrestre orixinaria do leste de Australia. Pode medir até once centímetros de lonxitude, o que a converte nunha das meirandes ras de Australia.
Moitas poboacións, especialmente na rexión de Sidney, viven en zonas que a miúdo son alteradas pola acción humana, como en campos de golf, terreos industriais, descampados e vertedeiros. Malia que antigamente foi unha das ras máis comúns do sueste de Australia, L. aurea sufriu un importante declive da poboación, que é a causa pola que actualmente estivo clasificada como vulnerable. A cifra de individuos continuou decaendo e esta ra está ameazada pola perda e a degradación do seu hábitat, a contaminación, a presión doutras especies introducidas, e a acción de parasitos e patóxenos, entre os cales están o Batrachochytrium dendrobatidis.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "IUCN Redlist - Information on classification and treats of Litoria aurea". Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2006. Consultado o 27 de xullo de 2006.