Lockheed F-104 Starfighter
Lockheed F-104 Starfighter | |
---|---|
O prototipo XF-104 Starfighter | |
Tipo | interceptor e cazabombardeiro |
Fabricante | Lockheed |
Primeiro voo | 17 de febreiro de 1956 |
Introducido | 20 de febreiro de 1958 |
Retirado | 30 de outubro de 2004 (Italia) |
Principais usuarios | USAF Luftwaffe Forza Aérea de Autodefensa do Xapón Forza Aérea Turca |
Unidades construídas | 2 578 |
Custo unitario | 1,42 millóns de dólares (F-104G)[1] |
O Lockheed F-104 Starfighter é un avión interceptor monomotor supersónico usado amplamente como avión de ataque. Orixinalmente foi desenvolvido por Lockheed para a Forza Aérea dos Estados Unidos de América (USAF), pero posteriormente fabricouse para varios países. O F-104 foi un dos cazas da Century Series, e foi operado polas forzas aéreas de máis dunha ducia de nacións dende 1958 ata 2004. O seu equipo de deseño estivo liderado por Kelly Johnson, que tamén traballou no desenvolvemento dos Lockheed P-38 Lightning, Lockheed U-2 e Lockheed SR-71 Blackbird, entre outros modelos de Lockheed.[2]
O F-104 estableceu varios récords mundiais, como os de velocidade do aire e altitude. O seu éxito estragouse polos escándalos de suborno de Lockheed, nos cales a compañía subornou a un considerable número de políticos e militares de varios países para influír nas súas decisións e asegurar varios contratos; isto causou unha considerable polémica política en Europa e o Xapón.
O pobre rexistro de seguridade do Starfighter tamén levou ao avión a ser criticado polo público, especialmente no seu servizo na Forza Aérea de Alemaña. O as de caza Erich Hartmann viuse forzado a retirarse da Luftwaffe debido á súa aberta oposición á selección do F-104.
A versión final de produción do modelo de caza foi o F-104S, un interceptor todotempo deseñado por Aeritalia para a Aeronautica Militare e equipado con mísiles guiados por radar AIM-7 Sparrow. Un F-104 avanzado cunha á alta, coñecido como o CL-1200 Lancer, tívose en consideración, pero non pasou de ser unha maqueta.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Knaack 1978
- ↑ Leland Haynes (ed.). "Clarence L. "Kelly" Johnson". Consultado o 13 de xuño de 2018.