Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Lonxitude de onda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na física, lonxitude de onda é a distancia entre unidades repetidas dunha onda que se propaga cunha frecuencia determinada. Normalmente desígnase coa letra grega lambda (λ). Exemplos de fenómenos de tipo onda son a luz, ondas acuáticas e ondas sonoras.

Lonxitude de onda dunha onda sinusoide.

Nunha onda, a propiedade varía coa posición. Por exemplo, a propiedade pode ser a presión do aire para unha onda de son, ou a magnitude do campo eléctrico ou magnético para a luz. As lonxitudes de onda audibles para os oídos humanos (20 Hz – 20 kHz) son aproximadamente 17 m e 17 mm respectivamente. As lonxitudes de onda de luz visible van dende o vermello escuro, sobre os 700 nm ata uns 400 nm do violeta. Para máis exemplos, ver espectro electromagnético.

Relación coa frecuencia

[editar | editar a fonte]

A lonxitude de onda λ é proporcionalmente inversa da frecuencia ν (nu), o número de períodos de onda por unidade de tempo que atravesan un punto

onde é a velocidade de propagación da onda. No caso de radiación electromagnética, coma a luz, no baleiro esta velocidade é a velocidade da luz, 299,792,458 m/s ou sobre km/h. Para ondas sonoras no aire, a velocidade do son é de 344 m/s (1238 km/h) a temperatura ambiente. Cando se empregan unidades do SI, a lonxitude de onda exprésase en metros, a frecuencia en Hz, e a velocidade de propagación en metros por segundo.

En medios non baleiros

[editar | editar a fonte]

A velocidade da luz ma maioría dos medios é inferior á que ten no baleiro, o que significa que á mesma frecuencia correspóndelle unha onda máis curta ca no baleiro. A lonxitude de onda no medio é

onde n é o índice de refracción do medio. As lonxitudes de onda electromagnéticas normalmente danse en termos de lonxitudes de onda no baleiro, agás que se especifique "lonxitude de onda no medio".

Lonxitude de onda das partículas

[editar | editar a fonte]

Louis de Broglie propuxo que todas as partículas con momento teñen lonxitude de onda

onde h é a constante de Planck, e p é o momento da partícula. Esta hipótese baséase na mecánica cuántica. Esta lonxitude de onda é a lonxitude de onda asociada. Por exemplo, os electróns nun CRT teñen unha lonxitude de onda asociada duns m.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]