Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Lucernario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
  • Este artigo trata sobre o corpo cilíndrico con ventás na parte superior dos edificios, para o oco no teito ou na parte superior da parede véxase Biolo.
Un lucernario dunha casa portuguesa.

Un lucernario, lucarna ou lumieira é un corpo cilíndrico ou poliédrico con fiestras ou aberturas que están na parte superior dalgúns edificios. A estrutura proxéctase na cuberta inclinada da casa, xeralmente cunha xanela para a entrada da luz e circulación de ar no faiado. Ás veces denomíanse tamén mansarda, mais este termo adoita reservarse para a cuberta crebada, o tipo de cuberta a dúas augas con dous declives, sendo a parte inferior máis pendente ca a superior.

Os lucernarios aparecen tanto en construcións orixinais como en reformas posteriores, para crear espazos útiles nos faiados dos edificios, ademais de ter unha nova fiestra.[1]

O mesmo ca as claraboias ou biolos e as bufardas, os lucernarios son fonte de luz e ventilación no faio dos edificios, mais, a diferenza das claraboias (que son paralelas á superficie da cuberta) estes incrementan o tamaño do faio permitindo ter máis espazo dispoñíbel. Para a súa instalación cómpre furar a cuberta que se teita con outra pequena cuberta, normalmente a dúas augas, cuxo cabalete sitúase perpendicular á aba e á fiestra no centro e por riba desta.

A casa tradicional galega raramente posúe lucernarios, xa que o faiado non adoita ser habitábel. Si é común ver lucernarios en casas urbanas galegas e en reformas de vivendas vernáculas.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Barr, Peter. "Illustrated Glossary - 19th Century Adrian Architecture". Sienaheights.edu. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2009. Consultado o 17 de xuño de 2009. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]