Lucio Tarquinio Prisco
Nome orixinal | (la) L.Tarquinius Priscus |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século VII a. C. Tarquinia, Italia (en) |
Morte | 578 a. C. Roma, Italia |
Rei de Roma (pt) | |
616 a. C. – 578 a. C. ← Anco Marcio – Servio Tulio → | |
Actividade | |
Ocupación | político da Roma antiga |
Período de tempo | Primeiro Reino Romano e Segundo Reino Romano |
Familia | |
Familia | Dinastía Tarquinia |
Cónxuxe | Tanaquil |
Fillos | Tarquinia the Elder, Lucio Tarquinio o Soberbio, Gnaeus Tarquinius, Arruns Tarquinius, Tarquinia the Younger, Tarquinia |
Pais | Demarato de Corinto e valor descoñecido |
Irmáns | Arruns Tarquinius |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru (en) Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft, (sec:Tarquinius 6) |
Reis de Roma | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Rei | Período de reinado | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Rómulo | -753 --716 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Numa Pompilio | -715--674 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tulio Hostilio | -673--642 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Anco Marcio | -642--617 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tarquinio Prisco | -616--579 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Servio Tulio | -578--535 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tarquinio o Soberbio | -535--510 |
Lucio Tarquinio Prisco foi o quinto rei de Roma, e o primeiro de orixe etrusca, presumibelmente de ascendencia corintia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tras emigrar a Roma, obtivo o favor de Anco Marcio, quen o adoptou como o seu fillo. Ao ascender ao trono, librou varias guerras contra sabinos e etruscos, dobrando así o tamaño de Roma e obtendo grandes tesouros para a cidade.
Unha das súas primeiras reformas foi engadir 100 novos membros ao Senado procedentes das tribos etruscas conquistadas, polo que o número de senadores ascendeu a un total de 300. Utilizou o gran botín obtido nas súas campañas militares para construír grandes monumentos en Roma. Entre estas obras destaca o gran sistema de sumidoiros da cidade, a Cloaca Máxima, cuxo fin foi drenar as augas que adoitaban estancarse nos vales situados entre os outeiros de Roma. No lugar das antigas marismas, Prisco iniciou a construción do Foro Romano. Outra das innovacións do rei foi a creación dos Xogos Romanos.
O máis célebre dos seus proxectos de construción foi o Circo Máximo, un grande estadio que albergaba carreiras de cabalos, que é ata a data o meirande de todos os erixidos no mundo. Prisco continuou o Circo Máximo coa construción dun templo-fortaleza sobre o outeiro do Capitolio, consagrado ao deus Xúpiter. Desafortunadamente, foi asasinado tras 38 anos de reinado polos fillos do seu predecesor, Anco Marcio, antes mesmo de que o templo estivese rematado. O seu reinado é recordado ademais por introducir os símbolos militares romanos e os cargos civís, así como pola celebración do primeiro triunfo.