Luis Ernesto Castro
Luis Ernesto Castro | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Luis Ernesto Castro | ||
Nacemento | 31 de xullo de 1921 | ||
Lugar de nacemento | Montevideo | ||
Falecemento | 17 de decembro de 2002 | ||
Lugar de falecemento | Montevideo | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1936–1950 | Nacional | 274 | (156) |
1950 | River Plate | 20 | (4) |
1950–1954 | Defensor | 35 | (9) |
Selección nacional | |||
1942–1954 | Uruguai | 18 | (4) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Luis Ernesto Castro Sánchez, nado en Montevideo o 31 de xullo de 1921 e finado na mesma cidade o 16 de decembro de 2002, foi un futbolista uruguaio, que xogaba de dianteiro.
Xogou case toda a súa carreira no National Football Club, formando parte do equipo que nos anos corenta gañou o Quinquenio de Ouro e estableceu récords de xeiras e vitorias contra o seu clásico rival, o Peñarol. Foi internacional coa selección do Uruguai, coa que gañou a Copa América en 1942.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Debutou con Nacional en 1936 e formou parte do Quinquenio de Ouro, o equipo que dirixido por Héctor Castro e con xogadores como Aníbal Paz, Schubert Gambetta, Eugenio Galvalisi, Roberto Porta, Aníbal Ciocca ou Atilio García, gañou cinco campionatos da Primeira División consecutivos entre 1939 e 1944. Gañou ademais os títulos de 1946 e 1947, con Enrique Fernández e Ricardo Faccio no banco.
En 1950 xogou en River Plate, volvendo a continuación ao Uruguai para xogar no Defensor Sporting.
Selección nacional
[editar | editar a fonte]Foi internacional coa selección de fútbol uruguaia en 18 ocasións, marcando 4 goles.[1][2] Foi convocado por José Pedro Cea para a Copa América de 1942, onde marcou tres goles e contribuíu ao triunfo do equipo uruguaio.[3] Acudiu tamén coa selección uruguaia á Copa América de 1945 e ao Mundial de 1954 en Suíza, onde o Uruguai caeu nas semifinais contra a Hungría de Puskás, Czibor e Kocsis.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Club Nacional
- Primeira División do Uruguai (7): 1939, 1940, 1941, 1942, 1943, 1944, 1946, 1947.
- Copa Aldao (2): 1940, 1946.
Selección do Uruguai
- Copa América (1): 1942.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Passo Alpuin, Luis Fernando. "Partidos disputados coa selección uruguaia". RSSSF (en inglés). Consultado o 26 de setembro de 2021.
- ↑ "Luis Ernesto Castro". Asociación Uruguaia de Fútbol (en castelán). Consultado o 26 de setembro de 2021.
- ↑ "Copa América de 1942". rsssf.com (en inglés). Consultado o 26 de setembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- NacionalDigital.com. "Luis Ernesto Castro". Ídolos. Arquivado dende o orixinal o 17 de febrero de 2009. Consultado o 27 de diciembre de 2009.