Manuel Ramiro Souto
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1925 Ombre, España |
Morte | 2 de xuño de 1952 (26/27 anos) Visantoña, España |
Causa da morte | morte en combate, ferida por arma de fogo |
Lugar de sepultura | Visantoña (–2024) |
Outros nomes | Souto |
Actividade | |
Ocupación | maquis |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española |
Manuel Ramiro Souto, Souto, nado en Ombre (Culleredo) en 1925 e finado en Visantoña (Mesía) o 2 de xuño de 1952, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Albanel. En 1945 pertencía ao grupo volante destacamento Manolito Bello da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia con José María Castelo Mosquera, Vicente Peña Tarrasa, Manuel Pena Camino e Carmen Temprano Salorio, que actuaba nas Mariñas. Reclamado polo xuíz militar de Santiago de Compostela en novembro de 1948 xunto con José María Castelo Mosquera, Francisco Paz Fornos e Emilio Pérez Vilariño.[1]
Cando estaban refuxiados na casa da familia Teiga en Zas (Negreira) foron descubertos pola Garda Civil o 5 de marzo de 1949. Manuel logrou fuxir e despois de dous días de marcha, chegou á zona de Ordes, onde contactou cun punto de apoio grazas ao que foi recollido por outros compañeiros. Foi abatido en Visantoña (Mesía) o 2 de xuño de 1952 con José Galán Núñez cando a Garda Civil rodeou a casa onde estaban agochados; o outro compoñente da partida, Juan Couto Sanjurjo, foi detido.[2]
Soterrárono xunto á igrexa de Visantoña, e en 2024 exhumáronse os seus restos.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Faro de Vigo, 19-11-1948, p. 4.
- ↑ La Voz de Galicia, 25-6-1952, p. 3.
- ↑ David Reinero (20 de agosto de 2024). "Comeza en Visantoña, Mesía, a exhumación de dous guerrilleiros caídos en 1952". Praza Pública.