Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Marcel Ophüls

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMarcel Ophüls
Biografía
Nacemento1 de novembro de 1927 Editar o valor en Wikidata (97 anos)
Frankfurt (República de Weimar) Editar o valor en Wikidata
EducaciónOccidental College (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoDirección de cine, guión cinematográfico, Actuación e documental Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndirector de cinema, actor, guionista, guionista de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1950 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Familia
PaisMax Ophüls Editar o valor en Wikidata  e Hilde Wall Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0649096 Allocine: 9264 Allmovie: p105102 Editar o valor en Wikidata

Marcel Ophuls ([ˈɔfʏls]), nado en Frankfurt (Alemaña) o 1 de novembro de 1927 é un director de documentais e antigo actor.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ophuls naceu en Frankfurt, fillo de Hildegard Wall e do director Max Ophüls. A súa familia abandonou Alemaña en 1933 trala chegada ao poder do Partido Nazi e estableceuse en París. Trala ocupación de Francia en maio de 1940 marcharon á zona de Vichy onde permaneceron agochados durante un ano antes de cruzar a España para viaxar aos Estados Unidos, onde chegaron en decembro de 1941. Marcel serviu en 1946 nun equipo teatral do exército estadounidense no Xapón e logo pasou a estudar na Universidade de California, Berkeley.[1] Ophuls nacionalizouse francés en 1938 e estadounidense en 1950.[2]

Cando a familia volveu a París en 1950 Marcel converteuse en axudante de Julien Duvivier e Anatole Litvak, e traballou con John Huston en Moulin Rouge (1952) e co seu pai en Lola Montès (1955). Grazas a François Truffaut dirixiu un episodio de L’amour à vingt ans (1962), ao que seguiu o éxito Banana Peel (1964), con Jeanne Moreau e Jean-Paul Belmondo.

Ophuls pasou a televisión informando e documentando a crise de Múnic de 1938 en Munich (1967). Embarcouse entón na investigación da Francia ocupada en Le chagrin et la pitié. Comezou a identificarse como documentalista, usando un estilo caracteristicamente sobrio de entrevistas. A mediados da década de 1970 produciu documentais para CBS e ABC e o seu filme Hôtel Terminus (1988) gañou o Oscar ao mellor documental.

No Festival Internacional de Cinema de Berlín de 2015 recibiu o premio Berlinale Camera pola súa obra.[3]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  1. "The Sorrow and the Pity" (PDF). www.milestonefilms.com. 2000. Consultado o 19 de agosto de 2013. 
  2. Markham, James M. (2 de outubro de 1988). "Marcel Ophuls on Barbie: Reopening Wounds of War". The New York Times (Nova York: New York Times Company). ISSN 0362-4331. Consultado o 19 de agosto de 2013. 
  3. "Berlinale Camera". Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2015. Consultado o 14 de febreiro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • The sorrow and the pity : a film by Marcel Ophüls, Introdución de Stanley Hoffmann. Traducións, material biográfico e apéndices de Mireille Johnston, Nova York : Berkeley Publishing Corporation, 1975

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]