Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Mariscal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mariscal Ferdinand Foch, c. 1920.

Mariscal (tamén frecuente no galego do século XX marechal, do xermánico marh "cabalo" e scalc "servo" [Cómpre referencia]) é un título de gradación oficial da antiga milicia, inferior ao condestábel e que resumía en si toda a xurisdición militar, tanto na parte criminal como na económica. Este título conservouse posteriormente para os descendentes dos que antigamente o foron nos reinos de Castela, Andalucía etc.

Tipos de mariscais

[editar | editar a fonte]
  • Mariscal de Campo. Oficial xeral que ocupa na milicia o grao intermedio entre o brigadier e o de tenente xeneral (nos exércitos franceses, ingleses e alemáns, así como nos latinoamericanos, o mariscal de campo é a máxima autoridade militar)
  • Mariscal de logis. Chámase así o que nos exércitos tiña o cargo de aloxar á tropa de cabalaría e arranxar o seu servizo.
  • Mariscal do Rei. Título antigo en Alemaña e Francia que se introduciu en España no século XIV e equivalía a Mestre de campo.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.