Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Materialismo histórico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Parte da serie sobre
Marxismo
Conceptos fundamentais
Alienación
Burguesía
Comunismo
Explotación
Forzas produtivas
Hexemonía cultural
Loita de clases
Materialismo dialéctico
Materialismo histórico
Medios de produción
Modo de produción
Plusvalía
Proletariado
Relacións de produción
Teoría do valor-traballo
Outras ligazóns
Marxismo
Economía marxista

No marxismo e no estudo da historia, o termo materialismo histórico (ou o que o mesmo Karl Marx chama a concepción materialista da historia) é un marco teórico para explicar desenvolvementos e cambios na historia humana a partir de factores prácticos, tecnolóxicos ou materiais, en especial o modo de produción e as limitacións que este impón ao resto de aspectos organizativos (aspecto económico, xurídico, ideolóxico, político, cultural etc.). Para o materialismo histórico son os cambios tecnolóxicos e do modo de produción os factores principais de cambio social, xurídico e político, e é nos factores materiais dese tipo onde deben buscarse as causas últimas dos cambios.

Materialismo histórico en Marx

[editar | editar a fonte]

O materialismo histórico pode ser contrastado con outras teorías da historia (que os marxistas chamarían idealistas) que colocan o rol causal para os cambios históricos e sociais na política, a filosofía, a arte, Deus, ou calquera outro fenómeno cultural.

A visión de Marx do materialismo histórico, resalta o carácter dinámico das relacións sociais de tal modo que ata o capitalismo, resulta unha etapa histórica e polo tanto transitoria no desenvolvemento da humanidade, e non un sistema estático ou o produto dunha evolución "natural" do ser humano.

A partir da análise que Karl Marx realizou da historia da humanidade, desenvolveu unha concepción materialista da historia segundo a cal os seres humanos cambiaban as súas relacións de produción e polo tanto o resto das súas relacións sociais a medida que o desenvolvemento das forzas produtivas esixían o paso dun modo de produción a outro. Os principais modos de produción serían, conceptualmente, o comunismo primitivo, o despotismo oriental, o escravismo, o feudalismo e o capitalismo. Con todo, Marx non utiliza estes conceptos máis que como guías para a análise concreta. Marx concibiu o socialismo como a etapa que sobreviviría logo da superación do modo de produción capitalista, para logo chegar ao ideal comunismo pleno.

Entre outros conceptos importantes do materialismo histórico, Marx desenvolveu en distintas obras os conceptos de: modo de produción, explotación, plusvalía, crises periódicas, sobreprodución, e fetichismo da mercancía, entre outros.

A proposición clásica do materialismo histórico segundo palabras do propio Marx, atópase no seu Prólogo á Contribución á crítica da economía de 1859.

Materialismo histórico e materialismo dialéctico

[editar | editar a fonte]

Frecuentemente considérase ao materialismo dialéctico como un termo intercambiable co de materialismo histórico. Porén, o primeiro é a formulación adoptada por Friedrich Engels na aplicación do método do materialismo histórico ás ciencias naturais. O desenvolvemento conceptual do materialismo dialéctico foi continuado posteriormente por diversos autores leninistas. Esta é unha cuestión suxeita a fortes discusións dentro do campo marxista. Para Louis Althusser, por exemplo, debe considerarse ao materialismo histórico como a ciencia marxista e ao materialismo dialéctico como a filosofía marxista.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]