Matt Doran
Aparencia
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de marzo de 1976 (48 anos) Sydney, Australia |
Actividade | |
Ocupación | actor, actor de cinema, actor de televisión |
Período de actividade | 1991 - |
Matthew N. Doran[1], nado en Sidney o 30 de marzo de 1976, é un actor australiano coñecido polo seu papel como "Mouse" (en galego: "Rato") en Matrix.
Formación
[editar | editar a fonte]Estudou interpretación por dous anos na Australian Film & TV Academy e gañou un premio de Mellor Performance e Mellor Estudante en 1991.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Despois de formarse, conseguiu un papel principal na película, Pirates' Island, e fixo unha aparición no E Street.
Doran tamén fixo o papel do neno Damien Roberts na telenovela australiana Home e Away entre 1992 e 1996. Protagonizou GP, Fallen Angels, Water Rats, Medivac, Call Murder, Farscape e Stingers.
No 2008, desempeñou o papel de James Marshall no filme máis recente de Darren K. Hawkins, Next Door to the Velinskys.
Filmografía
[editar | editar a fonte]- The Thin Red Line, Private Coombs (1998)
- The Matrix, Mouse (1999)
- Star Wars Episode II: Attack of the Clones, Elan Sleazebaggano (2002)
- The Great Raid, Ron Carlson (2005)
- Macbeth, Malcolm (2006)
- Next Door to the Velinskys, James Marshall (2008)
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Matt Doran |