Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Maurice Cheeks

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaurice Cheeks

(2011) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de setembro de 1956 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónDuSable High School (en) Traducir
West Texas A&M University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura185 cm Editar o valor en Wikidata
Peso82 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, adestrador de baloncesto Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1978 Editar o valor en Wikidata - 1993 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNational Basketball Association e Baloncesto masculino da División I da NCAA Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoBase Editar o valor en Wikidata
Convocado porPhiladelphia 76ers Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Portland Trail Blazers
Brooklyn Nets
Philadelphia 76ers
San Antonio Spurs
Atlanta Hawks
New York Knicks
1974–1978 West Texas A&M Buffaloes men's basketball

Maurice Edward "Mo" Cheeks, nado o 8 de setembro de 1956 en Chicago, Illinois, é un ex xogador e adestrador profesional de baloncesto estadounidense. Como xogador foi pasou once nos Philadelphia 76ers, equipo que, como recoñecemento, retirou o seu dorsal número 10. Tamén xogou en San Antonio Spurs, New York Knicks, Atlanta Hawks e New Jersey Nets. Como adestrador, foi o adestrador principal dos Portland Trail Blazers entre 2011 e 2005, dos 76ers entre 2005 e 2008 e dos Detroit Pistons entre 2013 e 2014. Actualmente traballa como adestrador asistente nos Oklahoma City Thunder.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Chicago, Illinois, Cheeks formouse no Instituto DuSable e na Universidade de West Texas State, onde permaneceu desde 1974 até 1978. Na súa carreira universitaria, acadou unha media de 16,8 puntos por partido, anotando o 57% dos seus tiros de campo. É actualmente o terceiro máximo anotador da historia da seu universidade. Despois da súa estadía en West Texas State, Cheeks presentouse ao Draft da NBA de 1978, onde foi seleccionado na 36ª posición polos Philadelphia 76ers.

Cheeks xogou 15 anos coma base na National Basketball Association (NBA), once deles no equipo de Philadelphia. Xogou catro veces o NBA All-Star Game e axudou aos 76ers a chegar a tres Finais da NBA nos anos 1980, 1982 e 1983, incluíndo un campionato en 1983. Era un dos xogadores titulares nuns Sixers que contaban con estrelas coma Julius Erving, Moses Malone, Andrew Toney ou Charles Barkley, destacando polas súas habilidades defensivas. Coma resultado diso, foi incluído catro anos seguidos no mellor equipo defensivo da NBA, entre 1983 e 1986, e no segundo mellor equipo defensivo no ano 1987. Na historia da NBA, Cheeks está terceiro en roubos de balón e oitavo en asistencias. Cando se retirou no ano 1993, Cheeks era o líder de toda a historia en roubos e quinto en asistencias. En total na súa carreira fixo unha media de 11,7 puntos e 2 roubos por partido.

Adestrador

[editar | editar a fonte]

Despois da súa retirada, Cheeks pasou un ano adestrando na Continental Basketball Association. Posteriormente, en 1994, sería contratado como asistente dos 76ers. Permaneceu no cargo de John Lucas (1994-96), Johnny Davis (1996-97) e de Larry Brown, sendo unha parte fundamental do equipo de Philadelphia que chegou ás Finais da NBA en 2001. En 2001, foi contratado coma adestrador principal dos Portland Trail Blazers, onde levou ao equipo a posición de playoffs dúas veces en catro anos, porén, non conseguiu pasar da primeira rolda. Foi despedido tras un comezo moi pobre na tempada 2004-05.

En 2005, Cheeks volve aos Sixers, esta vez como adestrador principal. O regreso de Cheeks ao equipo de Philadelphia foi moi ben recibido polos fans debido a ser un dos históricos xogadores do club. A súa contratación foi tamén eloxiada pola estrela dos Sixers Allen Iverson, que traballou con Cheeks durante a súa etapa coma adestrador asistente dos Sixers. Con todo, non foi capaz de entrar en playoffs nas súas dúas primeiras tempadas. A frustración comezou a medrar nos xogadores máis veteranos coma Allen Iverson ou Chris Webber, que non estaban contentos coa dirección do equipo. Durante a tempada 2006-07, Iverson foi traspasado aos Denver Nuggets e Webber sería cortado máis tarde, deixando a Cheeks cun dos equipo máis novos da NBA. O 20 de febreiro de 2007, os 76ers ofrecéronlle a Cheeks unha extensión do seu contrato por un ano máis a pesar da súa marca negativa coma adestrador.

Ao comezo da tempada 2007-08, as expectativas eran baixas e segundo varios prognósticos, os 76ers eran os principais candidatos para rematar no último posto últimos na conferencia.[1] Porén, os Sixers entraron en Playoffs coa vitoria sobre os Atlanta Hawks o 4 de abril de 2008. Era a primeira aparición do equipo en playoffs desde 2005, ademais da primeira despois da era de Iverson. Finalmente serían eliminados na primeira rolda polos Detroit Pistons por 4-2. A pesar da eliminación, os fans consideraron a tempada coma exitosa.

A seguinte temporada, 2008-09, o equipo comezou cunha marca de 9-14 a pesar de asinaren a Elton Brand e a Andre Iguodala durante o verán. Debido ao mal comezo, os 76ers despediron a Cheeks o 13 de decembro de 2008. O 14 de agosto de 2009, converteuse en adestrador asistente dos Oklahoma City Thunder, onde permanecería até 2013. O 10 de xuño de 2013, asina de novo como adestrador principal, esta vez nos Detroit Pistons,[2] mais foi despedido o 9 de febreiro de 2014. Actualmente traballa de novo como adestrador asistente nos Oklahoma City Thunder.

  1. "2007-08 Season Preview: Philadelphia 76ers". NBA.com (en inglés). 2007. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2015. Consultado o 6 de agosto de 2015. 
  2. "Detroit Pistons Name Maurice Cheeks Head Coach". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 10 de xuño de 2013. Consultado o 10 de xuño de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]