Melanargia occitanica
Melanargia occitanica | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Melanargia occitanica | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
|
A Melanargia occitanica é un lepidóptero ropalócero da familia Nymphalidae. Esténdese polo suroeste de Europa e noroeste de África.[1]
Distribución
[editar | editar a fonte]Existen tres subespecies que habitan illadamente:
- Melanargia occitanica occitanica: atópase no norte e centro de Portugal, en España (moi local) exceptuando o noroeste e suroeste (aínda que se mantén unha poboación ao sur de Huelva), en Francia dende o leste dos Pireneos até Ardèche e Provenza e nos Alpes Marítimos de Italia. Voa entre o nivel do mar e os 1500 m.[1]
- Melanargia occitanica pelagia: voa en Marrocos (Gran Atlas e Atlas Mediano) e oeste de Alxeria, entre os 500 m e os 2000 m.
- Melanargia occitanica pherusa: exclusivamente norteño-oeste de Sicilia.
Descrición
[editar | editar a fonte]-
Melanargia occitanica ♂
-
Melanargia occitanica ♂ △
Imago
[editar | editar a fonte]A súa envergadura alar está entre 40 e 48 mm. Destaca por ser branca con manchas negras distribuídas por todas as ás. Presenta ocelos nas ás posteriores con pupila azul (máis visibles no anverso, onde se mostran 6) e un par máis pequenos en ápice do reverso das anteriores. Diferénciase do resto de especies do xénero sobre todo pola súa venación marrón ao dorso das ás e tamén porque a liña marrón lonxitudinal curvada a s1b está unida en ambos os extremos a v1b.[2][3][4]
Larva
[editar | editar a fonte]Eiruga verde ou ocre cuberta dunha curta e fina pilosidade pouco densa, con tres franxas máis escuras, as dos lados acabadas cada unha cunha pequena cola escura. Mostra actividade nocturna.
Hábitat
[editar | editar a fonte]Áreas herbosas, rochosas, cálidas e secas. A eiruga aliméntase de varias gramíneas tales como Brachypodium pinnatum, Brachypodium retusum, Dactylis glomerata, Lygeum spartum, Stipa lagascae, Stipa offneri...[1]
Período de voo
[editar | editar a fonte]Univoltina, unha xeración ao ano entre abril e xuño en Europa e entre maio e xuño en África. Hiberna como eiruga entre a vexetación da terra.[1]
Especies ibéricas similares
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Tolman
- ↑ http://www.asturnatura.com/especie/melanargia-occitanica.html Melanargia occitanica
- ↑ http://www.biodiversidadvirtual.org/insectarium/Melanargia-occitanica-(Esper-1793)-cat5963.2.html Melanargia occitanica Imaxes
- ↑ http://www.pyrgus.de/Melanargia_occitanica_en.html Melanargia occitanica