Memento mori
Memento mori é unha locución latina que significa literalmente "lembra que has morrer", facendo referencia á necesidade de recordar a inevitable morte como seres humanos. Adoita utilizarse para identificar un tópico ou tema frecuente na arte e na literatura: a fugacidade da vida.
Na Antiga Roma
[editar | editar a fonte]A frase ten a súa orixe nun peculiar costume da Antiga Roma, que quizais teña orixe sabina. Cando o xeneral desfilaba vitorioso polas rúas de Roma, tras el un servo encargábase de recordarlle as limitacións da natureza humana, co fin de impedir que incorrese na soberbia e pretendese, como un deus omnipotente, usar o seu poder ignorando as limitacións impostas pola lei e o costume. Facíao pronunciado esta frase, aínda que segundo o testemuño de Tertuliano na súa obra Apologeticum[1] probablemente a frase empregada era:
Respice post te! Hominem te ese memento!: “¡Mira tras de ti! Recorda que es un home e non un deus".
Na arte
[editar | editar a fonte]Emprégase tamén para denominar ás representacións de defuntos na historia da arte. A pintura de bodegóns, que xurdiu en Europa cos libros relixiosos ilustrados, cumpriu nesa época unha función similar á que tivo esta locución durante o imperio romano: persuadirnos das vaidades existenciais. A súa mensaxe era clara: a natureza descomponse, pero a alma é inmortal; o espírito habita brevemente en cada corpo. A forma máis extrema da mensaxe moral que ofrece a vida atópase aínda na pintura de vanitas, que toma o seu nome do íncipit do Eclesiastés: Vanitas Vanitatis, et omnia vanitas.
Vanitas vanitatum, et omnia vanitas[2]
O detalle que a miúdo revela a presenza dunha “pintura de vanitas” é a presenza dun cranio humano, xeralmente acompañado por outros símbolos alusivos á temporalidade da vida e a inutilidade do esforzo humano: flores caídas, froitas apodrecidas, reloxos de area etc. En moitos cadros de vanitas agrúpanse os elementos que representan a actividade humana (libros, instrumentos científicos) e os praceres humanos (pipas, instrumentos musicais etc.) que marcan a inutilidade do material nunha vida tan curta. A pintura de bodegóns simboliza o que seguirán sendo os seres humanos cando abandonen o escenario da vida.
Este pensamento entrou en contacto co cristianismo, cuxa forte énfase no xuízo divino, o ceo, o inferno e a salvación da alma, trouxo a morte ao primeiro plano da conciencia. Moitas obras de memento mori son produtos da arte cristiá, aínda que hai equivalentes na arte budista. No contexto cristián, o memento mori adquire un propósito moralizador bastante oposto á Nunc est Bibendum (agora é o momento para beber), o tema da antigüidade clásica. Para o cristianismo, a perspectiva da morte serve para salientar o baleiro e a fugacidade dos praceres terreais, luxos e logros, e por tanto tamén como unha invitación a enfocar os nosos pensamentos á perspectiva da outra vida. Un mandato bíblico a miúdo asociado co memento mori neste contexto é ómnibus operibus tuis memorae ovissima tu, et in aeternun non peccabis (en todas as túas obras, sé consciente do teu último fin e nunca se murchará o pecado). Isto atopa a súa expresión ritual nos ritos do Mércores de Cinza, cando as cinzas se colocan sobre as cabezas dos fieis coas palabras "Recorda home que po es e ao po volverás".
Os lugares máis obvios para buscar as meditacións memento mori son a arte funeraria e a arquitectura. Talvez a máis chamativa para as mentes contemporáneas é a transición, ou tumba de cadáver, unha tumba que representa o cadáver en descomposición dunha persoa falecida. Isto converteuse nunha moda nas tumbas dos ricos no século XV, coa intención de crear un claro recordatorio das vaidades das riquezas terreais.
Outro exemplo de memento mori son as capelas de ósos, como a Capela dos Ossos en Évora ou a Cripta dos Capuchinos en Roma. Nestas capelas, as paredes están total ou parcialmente cubertas por restos humanos, na súa maioría ósos. Na entrada podemos ler esta frase: “Nós, os ósos, a mentira aquí espida, espera pola túa”.
Na literatura
[editar | editar a fonte]A famosa danza macabra, coa súa representación do baile da Parca levándose ricos e pobres por igual, é outro exemplo ben coñecido do tema memento mori. Representacións similares da morte decoran moitas igrexas europeas.
Memento mori foi tamén un importante tópico literario. Podemos atopar exemplos del na literatura castelá, cortesía dos autores barrocos que seguían unha tendencia da época, a “poesía en ruínas”, na que os autores cantaban as ruínas como símbolo da morte. Cabe destacar autores como Rodrigo Caro coa súa obra Canción a las ruinas de Itálica ou Francisco de Quevedo nos seus sonetos filosóficos e morais.
Este tópico está presente tamén en autores da literatura galega que tamén escribiron en castelán, como é Rosalía de Castro na súa obra En las orillas del Sar.
Versión orixinal | Versión en galego |
---|---|
Hora tras hora, día tras día, |
Hora tras hora, día tras día, |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Memento mori |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Taiano Leonor, "Persistencia e desacralización do concepto de Memento Mori na cultura occidental", Isla Flotante, 2012, pp. 77–88, [1]
- Recompilación de usos na prensa escritaArquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine.