Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Mesófilo (organismo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para o tecido das follas das plantas ver mesofilo.

En bioloxía e en ecoloxía un organismo mesófilo é un ser vivo que vive en condicións medias dun factor ecolóxico, sobre todo referido á humidade e á temperatura.[1]

O termo aplícase sobre todo aos microorganismos.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O termo está formado pola unión dos elementos meso- e -filo.[2]

O primeiro deriva do grego antigo μέσος mésos, "o que está no medio", "intermedio",[3] e o segundo está tirado do grego antigo φίλος phílos, "amigo".[4]

Microorganismos

[editar | editar a fonte]

Os microorganismos mesófilos viven a unhas temperaturas entre os 25 e 45 °C, con temperaturas óptimas de crecemento entre os 30 e os 39 °C.[5][6]

Os mesófilos son os microorganismos máis abundantes. Viven a maiores temperaturas que os psicrófilos, adaptados ao frío, e que os termófilos e hipertermófilos, adaptados a altas temperaturas.

Os mesófilos viven en ambientes moi diversos, como a maioría dos solos, augas doces e mariñas, augas residuais, sobre plantas e no corpo dos animais. A temperatura óptima de moitos mesófilos patóxenos ou comensais para os humanos é de 37 °C, que está próxima á temperatura corporal humana.

Moitos mesófilos son útiles na industria, como os que se utilizan na elaboración de produtos lácteos. fermentados (bacterias) e cervexa e viño (lévedos).

Fixéronse estudos xenómicos e computacionais para clasificar as bacterias en mesófilas e termófilas segundo o contido GC do seu xenoma.[7]

O termo mesófilo aplícase ás plantas que se desenvolven a temperaturas e sobre todo, en condicións de humidade, de tipo medio, nin baixas nin altas.[2]

  1. mesófilo, -a no Digalego.
  2. 2,0 2,1 Font Quer 1993, p. 703.
  3. Font Quer 1993, p. 702.
  4. Font Quer 1993, p. 471.
  5. IUPAC Gold Book, "mesophiles" en IUPAC Gold Book.
  6. Joanne M. Willey, Linda Sherwood & Christopher J. Woolverton (2008): Prescott, Harley, and Klein's Microbiology. Nova York: McGraw-Hill Higher Education. ISBN 978-0-0711-0231-5.
  7. Hao Zheng & Hongwei Wu (2010): "Gene-centric association analysis for the correlation between the guanine-cytosine content levels and temperature range conditions of prokaryotic species". BMC Bioinformatics 11 (Suppl 11): 7.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Font Quer, P. (1993): Diccionario e botánica. Barcelona: Editorial Labor, S. A. ISBN 84-3350-078-3.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]