Meshari
Meshari | |
---|---|
Título orixinal | Meshari |
Autor/a | Gjon Buzuku |
Orixe | República de Venecia |
Lingua | lingua albanesa |
Data de pub. | 1555 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Meshari (literalmente, "Misal") é o libro máis antigo publicado en lingua albanesa. Foi escrito por Gjon Buzuku, un bispo católico, en 1555. A obra consta de 188 páxinas a dúas columnas. Trátase dunha tradución das partes principais da liturxia católica. Contén as liturxias das principais festividades relixiosas do ano, comentarios do libro das pregarias, fragmentos da Biblia e pasaxes do ritual e do catecismo. A intención do Meshari era axudar aos cristiáns a rezar diariamente durante os servizos relixiosos. A única copia orixinal consérvase na actualidade na Biblioteca do Vaticano.
Lingua da obra
[editar | editar a fonte]O Meshari está escrito no dialecto gheg, usando principalmente o alfabeto latino, con algunhas letras modificadas. Emprega tamén a letra ћ do alfabeto cirílico serbio.[1] A obra utiliza un vocabulario amplo e unhas formas ortográficas e gramaticais que parecen estandarizadas, o que indica a existencia dunha tradición escrita anterior en albanés.
Achado
[editar | editar a fonte]O Meshari foi atopado en 1740 por Gjon Nikollë Kazazi, mais perdeuse de novo até 1909. En 1930, o libro foi fotocopiado por vez primeira polo crego Justin Rrota, quen levou unha copia a Albania. En 1968, foi publicado con transliteracións e comentarios lingüísticos.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Stanišić, Vanja (1990). "Из историје примене словенске писмености за албански језик [Historia do uso do eslavo literario na lingua albanesa]" (PDF) (en serbio).