Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Metodoloxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A metodoloxía, (do grego (μετά metá "máis aló" ὁδός hodós "camiño" λόγος lógos "estudo"), fai referencia ao conxunto de métodos de investigación utilizados para alcanzar unha gama de obxectivos nunha ciencia.

Aínda cando o termo pode ser aplicado ás artes cando é necesario efectuar unha observación ou análise máis rigorosa ou explicar unha forma de interpretar a obra de arte. En resumo son o conxunto de métodos que se rexen nunha investigación científica ou nunha exposición doutrinal.

Método é o procedemento para alcanzar os obxectivos e a metodoloxía é o estudo do método.

A diferenza do que sucede co epistemólogo, o metodólogo non pon en cuestión o coñecemento xa obtido e aceptado pola Comunidade científica. O seu problema céntrase na procura de estratexias válidas para incrementar o coñecemento.

Por iso, a metodoloxía entenderase aquí como a parte do proceso de investigación (Método Científico), que segue á propedéutica, e permite sistematizar os métodos e as técnicas necesarias para levala a cabo. "Os métodos -di Martínez Miguélez (1999)- son vías que facilitan coñecementos seguros e confiables* para solucionar os problemas que a vida nos expón".

A metodoloxía, como etapa específica que dimana dunha posición teórica e epistemolóxica, dá pé á selección de técnicas concretas de investigación [1]. A postura filosófica acerca da ciencia da que parte o investigador, orientará a súa elección metodolóxica, é dicir, guiarao á hora de resolver: como investigar o problema de investigación, con bases racionalistas, empiristas, pragmáticas, construtivistas, cun sentido crítico, escéptico ou dogmático, cun enfoque positivista ou dialéctico hermenéutico, é o suxeito un ente pasivo ou construtor do coñecemento?

A metodoloxía dependerá, desta forma, dos postulados que o investigador considere como válidos -daquilo que considere obxecto da ciencia e coñecemento científico- pois será a través da acción metodolóxica como colleite*, ordene e analice a realidade estudada.

Non existe unha metodoloxía que sexa a panacea absoluta, así que aparecen moitas veces elas mesturadas unhas con outras en relación simbiótica.

A validez outorgada ao uso dun ou outro método estará dada no marco dos paradigmas da ciencia.

  1. Gamaliel López I, 1986:47

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]