Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Michael J. Fox

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMichael J. Fox

(1988) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Michael Andrew Fox Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de xuño de 1961 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Edmonton, Canadá Editar o valor en Wikidata
Outros nomesMichael J. Fox Editar o valor en Wikidata
ResidenciaManhattan Editar o valor en Wikidata
EducaciónBurnaby Central Secondary School (en) Traducir
Widdifield Secondary School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de televisión, autobiógrafo, blogueiro, actor de dobraxe, actor de cinema, actor, produtor de televisión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1973 Editar o valor en Wikidata - 2020 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeTracy Pollan (1988–) Editar o valor en Wikidata
FillosSam Fox, Schuyler Fox, Aquinnah Fox, Esmé Fox Editar o valor en Wikidata
PaisWilliam Fox Editar o valor en Wikidata  e Phyllis Piper Editar o valor en Wikidata
IrmánsKelli Fox
Jacki Fox
Steven Fox
Karen Fox Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webmichaeljfox.org Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000150 Allocine: 1458 Rottentomatoes: celebrity/michael_j_fox Allmovie: p24577 TCM: 3894036 Metacritic: person/michael-j-fox TV.com: people/michael-j-fox
Facebook: teamfox Twitter: realmikefox Instagram: realmikejfox BNE: XX1111505 Last fm: Michael+J.+Fox Musicbrainz: cf11ca6d-fc48-4cd5-aa0c-d8c51d50ecb0 Songkick: 230049 Discogs: 933967 Allmusic: mn0000466973 WikiTree: Fox-4897 Genius: Michael-j-fox Editar o valor en Wikidata

Michael J. Fox, nado Michael Andrew Fox o 9 de xuño de 1961 en Edmonton, é un actor canadense-estadounidense.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira como actor na década de 1970. Entre os seus papeis máis coñecidos están os de Alex P. Keaton na serie Family Ties (1982-1989) polo que gañou tres Emmy e un Globo de Ouro; Marty McFly na triloxía Back to the Future (1985–1990) e o de Mike Flaherty en Spin City (1996-2000), co que gañou un Emmy, tres Globos de Ouro e dous dos Premios do Sindicato de Actores. Tamén actuou nos filmes Bright Lights, Big City (1988), Corazóns de ferro (1989, Brian De Palma), Life with Mikey (1993, James Lapine) ou The American President (1995, Rob Reiner).

En 1991 a Fox diagnosticáronlle párkinson, feito que fixo público en 1998[2]. Retirouse parcialmente da interpretación no ano 2000 ao empeoraren os síntomas da enfermidade, traballando sobre todo como actor de dobraxe, como en Stuart Little e Atlantis: The Lost Empire, e en papeis menores na televisión como en Boston Legal, The Good Wife e Scrubs. E tamén publicou tres libros, Lucky Man: A Memoir (2002), Always Looking Up: The Adventures of an Incurable Optimist (2009) e A Funny Thing Happened on the Way to the Future: Twists and Turns and Lessons Learned (2010). En 2010 recibiu o título de oficial da Orde do Canadá.[3]

Como activista na concienciación da necesidade dunha cura para a doenza, fundou a Fundación Michael J. Fox no ano 2000. O 5 de marzo de 2010 o Instituto Karolinska concedeulle un doutoramento honoris causa polo seu traballo avogando por unha cura para a enfermidade de Parkinson.[4]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Filmes
Ano Filme Papel Notas
1980 Midnight Madness Scott Larson
1982 Class of 1984 Arthur
1985 Back to the Future Marty McFly
1985 Teen Wolf Scott Howard
1987 Light of Day Joe Rasnick
1987 The Secret of My Success Brantley Foster/Carlton Whitfield
1988 Bright Lights, Big City Jamie Conway
1989 Corazóns de ferro PFC. Eriksson
1989 Regreso ó futuro II Marty McFly, Marty McFly Jr, Marlene McFly
1990 Back to the Future Part III Marty McFly, Seamus McFly
1991 The Hard Way Nick Lang/Ray Casanov
1991 Doc Hollywood Doutor Benjamin Stone
1993 Homeward Bound: The Incredible Journey Chance Voz
1993 Life with Mikey Michael "Mikey" Chapman
1993 For Love or Money Doug Ireland
1994 Where the Rivers Flow North Clayton Farnsworth
1994 Greedy Daniel McTeague
1995 Blue in the Face Pete Maloney
1995 Coldblooded Tim Alexander Tamén produtor
1995 The American President Lewis Rothschild
1996 Homeward Bound II: Lost in San Francisco Chance Voz
1996 The Frighteners Frank Bannister
1996 Mars Attacks! Jason Stone
1999 Stuart Little Stuart Little Voz
2001 Atlantis: The Lost Empire Milo James Thatch Voz
2002 Interstate 60 Mr. Baker
2002 Stuart Little 2 Stuart Little Voz
2006 Stuart Little 3: Call of the Wild Stuart Little Voz
  1. "Michael J. Fox Becomes American Citizen," Arquivado 15 de febreiro de 2010 en Wayback Machine. IMDb, consultado o 2 de xaneiro de 2011.
  2. "Michael J. Fox reveals he has Parkinsons disease CNN, 25 de novembro de 1998". Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2011. Consultado o 02 de xaneiro de 2011. 
  3. "Governor General announces 74 new appointments to the Order of Canada". The Governor General of Canada Official Website. 30 de xuño de 2010. Consultado o 2 de xaneiro de 2011. 
  4. "Michael J. Fox to be made honorary doctor at Karolinska Institutet". news.ki.se (en inglés). Consultado o 2022-02-19. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]