Miguel Suárez Abel
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1952 Campo, España |
Morte | 18 de abril de 2017 (64/65 anos) Meirás, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, psicólogo |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Miguel Suárez Abel, nado en Campo (Arzúa) en 1952[1] e finado en Meirás (Valdoviño) o 18 de abril de 2017, foi un escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Psicoloxía, exerceu como orientador no IES Luís Seoane de Pontevedra. Colaborador de radio e prensa.
Deuse a coñecer ao ser premiado no Certame Modesto R. Figueiredo cos relatos A alemá en 1981, O fillo de Serafín en 1982, O quiquiriquí en 1983. A súa primeira novela Turbo (1986) gañou o Premio Blanco Amor. Álvaro Pino é unha novela-reportaxe publicada en 1989 e Sabor a ti (1991) foi finalista do Premio Xerais. O repenique de Beatriz Goldar gañou o Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia en 2002.
Faleceu o 18 de abril de 2017 por mor do cancro.[2]
Obra
[editar | editar a fonte]Relato
[editar | editar a fonte]- Turbo, 1988, Xerais.
- Sabor a ti, 1991, Xerais.
- Co dedo nos beizos, 1992, Contos do Castromil.
- Selva Negra, 1993.
- O repenique de Beatriz Goldar, 2003.
- Nunca te vin chorar, 2010.
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Álvaro Pino, 1989, Xerais.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996), 1996, Xerais.
- Novo do trinque, 1997, BNG.
- Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros, 2015, Concello de Pontevedra/Galaxia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Suárez Abel, M. (1989). Álvaro Pino. Xerais. ISBN 84-7507-429-4.
- ↑ López, Belén (18 de abril de 2017). "Falece o psicólogo e escritor Miguel Suárez Abel aos 65 anos". Diario de Pontevedra. Consultado o 18 de abril de 2017.