Milan Galić
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 8 de marzo de 1938 Zrenjanin, Serbia (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 13 de setembro de 2014 (76 anos) Belgrado, Serbia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lugar de sepultura | Novo Cemitério de Belgrado (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 173 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 70 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1958 - 1973 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Iugoslavia Serbia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1962 | Mundial de Fútbol Chile 1962 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xullo de 1960 | Eurocopa de Fútbol Francia 1960 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1960 | Xogos Olímpicos de 1960 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Milan Galić, nado en Bosansko Grahovo (Reino de Iugoslavia) o 8 de marzo de 1938 e finado en Belgrado o 13 de setembro de 2014, foi un futbolista iugoslavo de etnia serbia que xogaba como dianteiro.
Desenvolveu a maior parte da súa carreira no Partizan, co que gañou catro ligas iugoslavas e acadou a final da Copa de Europa en 1966. É o segundo máximo goleador histórico da selección de Iugoslavia, coa que marcou 37 goles en 51 partidos,[1][2] só un gol menos dos logrados por Stjepan Bobek.[3] Formou parte do equipo iugoslavo que gañou o ouro nos Xogos Olímpicos de 1960 e foi o autor do primeiro gol na historia da Eurocopa.[4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Orixe e infancia
[editar | editar a fonte]Naceu o 8 de marzo en 1938 no seo dunha familia serbia de Bosansko Grahovo, localidade que por aquel entón formaba parte da banovina do Vrbas, no Reino de Iugoslavia, e que hoxe é parte do territorio da Federación de Bosnia e Hercegovina, en Bosnia e Hercegovina. Seu pai, campesiño, faleceu dun infarto seis meses antes do nacemento de Milan.[5] En plena segunda guerra mundial as potencias do Eixe lideradas pola Alemaña nazi invadiron Iugoslavia, e Milan, xunto con súa nai e seus irmáns maiores, tiveron que deixar o seu pobo fuxindo dos fascistas húngaros de Voivodina ata terras bosníacas, pero alí a nai foi asasinada polos ustaše croatas.[5] Nos seguintes anos pasou por diferentes orfanatos, coincidindo nun deles con Rale Rasic, tamén futuro futbolista.[5]
Partizan
[editar | editar a fonte]Comezou a súa carreira como futbolista no Proleter Zrenjanin, sendo traspasado en 1958 ao Partizan. Militou no conxunto de Belgrado durante as seguintes oito tempadas, gañando a Primeira Liga de Iugoslavia en catro ocasións (1961, 1962, 1963 e 1965). Gañou o seu primeiro título de liga na tempada 1960/61, contribuíndo con 14 goles en 21 partidos. A mellor marca anotadora da súa carreira conseguina na campaña 1962/63, con 16 goles en liga.
Na histórica tempada 1965/66, na que o Partizan se converteu no único club da historia de Iugoslavia en acadar a final da Copa de Europa, Galić tivo que realizar o servizo militar no Exército Popular, polo que só puido disputar cinco partidos de liga e tres na Copa de Europa. Con todo, marcou nos dous primeiros partidos da competición europea contra o Nantes, campión francés, e foi titular na final, disputada contra o Real Madrid no estadio de Heysel de Bruxelas. Formou na dianteira xunto a Pirmajer, Hasanagić e Kovačević, e no minuto 55 o seu equipo adiantouse cun gol de Velibor Vasović, pero finalmente dous tantos de Amancio e Serena déronlle a volta ao marcador.[5]
Standard de Liège e Reims
[editar | editar a fonte]Trala final perdida da Copa de Europa, deixou a súa terra natal e fichou polo Standard de Liège, co que gañou dúas veces a liga belga ( 1969 e 1970), así como a Copa de Bélxica de 1967. Entre 1970 e 1973 xogou no Reims francés.
Selección iugoslava
[editar | editar a fonte]Debutou coa selección de Iugoslavia o 31 de maio de 1959, nun partido contra Bulgaria no estadio JNA de Belgrado, e tardou só 27 segundos en marcar o seu primeiro gol.[5]
En 1960 participou na primeira Eurocopa da historia e foi o autor do primeiro gol do torneo, na goleada por 5-4 sobre Francia. Titular na final contra a Unión Soviética no Parque dos Príncipes, formou nunha dianteira que completaban Matuš, Šekularac, Jerković e Kostić. No minuto 43 conseguiu superar cunha cabezada ao histórico gardameta Lev Iashin, pero os soviéticos acabaron remontando e levando a primeira edición da Eurocopa.
Foi convocado por Aleksandar Tirnanić tamén para os Xogos Olímpicos de 1960 e converteuse na grande estrela do torneo, conseguindo marcar nos cinco partidos do seu equipo, incluíndo un triplete contra Bulgaria. Proclamouse así campión e máximo goleador do torneo, aínda que foi expulsado nos últimos minutos da final contra Dinamarca.[6][5]
Participou ademais no Mundial de 1962, contribuíndo con tres goles a que o seu equipo acadase as semifinais. Disputou o seu último partido internacional en outubro de 1965 contra Francia.[7]
Morte
[editar | editar a fonte]Faleceu en Belgrado o 13 de setembro de 2014, aos 76 anos,[8][9] sendo enterrado no Sendeiro de Cidadáns Ilustres do Cemiterio Novo de Belgrado xunto con Mića Orlović, Franjo Mihalić e Borisav Pisić.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Gone but not forgotten". FIFA (en inglés). 31 de decembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 6 de setembro de 2015. Consultado o 26 de outubro de 2024.
- ↑ "Milan Galic - Goals in International Matches". rsssf.org (en inglés). Consultado o 26 de outubro de 2024.
- ↑ "1960 team of the tournament". UEFA (en inglés). 1 de febreiro de 2011. Consultado o 26 de outubro de 2024.
- ↑ "Milan Galić". olympedia.org (en inglés). Consultado o 26 de outubro de 2024.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Babic, Bojan (9 de febreiro de 2024). "Milan Galic: goles en el orfanato". Panenka (en castelán). Consultado o 26 de outubro de 2024.
- ↑ "Olimpijski komitet Srbije uručio priznanja veteranima sporta" (en serbio). 1 de decembro de 2015. Consultado o 26 de outubro de 2024.
- ↑ "Milan Galić". football.info (en inglés). Consultado o 26 de outubro de 2024.
- ↑ "Preminuo legendarni Milan Galić" (en serbio). 13 de setembro de 2014. Consultado o 26 de outubro de 2024.
- ↑ "Preminuo Milan Galić" (en serbio). 13 de setembro de 2014. Consultado o 26 de outubro de 2024.
- ↑ "Mića Orlović". Consultado o 26 de outubro de 2024.
- Nados en 1938
- Finados en 2014
- Futbolistas de Iugoslavia
- Futbolistas de Bosnia e Hercegovina
- Xogadores do FK Partizan
- Xogadores do Standard de Liège
- Xogadores do Stade de Reims
- Xogadores da selección de fútbol de Iugoslavia
- Xogadores da Eurocopa de Fútbol de 1960
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 1962
- Futbolistas olímpicos de Iugoslavia
- Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1960
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1960
- Medallistas olímpicos en fútbol
- Medallistas olímpicos de ouro por Iugoslavia