Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Mindoro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMindoro
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 12°56′N 121°05′L / 12.93, 121.09
Poboación
Poboación1.331.473 (2015) Editar o valor en Wikidata (125,94 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Lução (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Superficie10.572 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar da China Meridional, Mar de Sulu e Mar de Sibuyan (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude2.585 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Halcon (pt) Traducir (2.582 m) Editar o valor en Wikidata

Mindoro é a sétima illa máis grande de Filipinas. Atópase ao suroeste de Luzón e ao nordés de Palawan. Antigamente, Era chamada Ma-i ou Mait polos comerciantes chineses, e Mina de Oro polos españois, de onde este territorio obtivo o seu nome.

A illa foi dividida en dúas provincias actualmente existentes, Mindoro Occidental e Mindoro Oriental, en 1950. Antes deste suceso, desde 1921, a illa enteira conformaba unha soa provincia.

De acordo co historiador William Henry Scott, no seu libro Prehispanic Source Materials For The Study of Phillipine History (1984), durante a Dinastía Sung, no ano 972, "Ma-i" era un importante comerciante con China. Noutros rexistros chineses,"Ma-i" ou "Mindoro" aparece nos anos seguintes.

Este libro tamén nomea os produtos que os comerciantes de Mindoro intercambiaban cos chineses, sendo os máis importantes a cera de abella, o algodón, perlas, caparazóns de tartaruga, noces de betel medicinais e roupas de yute. Para a porcelana chinesa, comercializábanse produtos como o ouro, recipientes de aceiro, chumbo, contas de vidro de cores e agullas de aceiro.

Economía

[editar | editar a fonte]

A economía de Mindoro está baseada principalmente na agricultura. Os produtos consisten nunha gran variedade de froitas, por exemplo, cítricos, bananas, rambutané e cocos, cereais como arroz e millo, cana de azucre, maní, peixe (diversos tipos), gando e aves de curral. A talla de árbores e a minería de mármore e cobre tamén son prósperos.

O turismo tamén é unha negocio lucrativo, con destinos como o Parque Nacional Apo Reef, a Illa Lubang, Porto Galera, Praia Sabang e o Monte Halcon. As praias de Porto Galera son as máis coñecidas atraccións turísticas, sendo moi visitadas.

As relixións comúns na illa clasifícanse baixo o Cristianismo. A relixión da poboación indíxena é o Animismo. Aínda que eles están no animismo como unha relixión, axudan á Igrexa católica nalgunhas partes de Mindoro a desenvolver a educación.

O idioma principal en Mindoro é o Tagalo, aínda que nalgúns lugares foi amplamente influenciado polos idiomas nativos Visayan e o Mangyan. Maioritariamente, o filipino e o Taglish está presente nas áreas de Porto Galera e Cidade Calapan. O Visayan e o Mangyan tamén son falados na illa, igual que o Ilocano e algúns idiomas estranxeiros, por exemplo o inglés, o Fukien e, nun menor xeito, o español.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]