Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Mira Nair

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMira Nair

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de outubro de 1957 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Rourkela (India) Editar o valor en Wikidata
ResidenciaNova York Editar o valor en Wikidata
RelixiónHinduísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard
Universidade de Delhi
Miranda House (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, guionista, realizadora, produtora, directora de cinema, produtor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1979 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorUniversidade Columbia Editar o valor en Wikidata
Participou en
19881988 Cannes Film Festival (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMahmood Mamdani (1991–)
Mitch Epstein (–1987) Editar o valor en Wikidata
FillosZohran Mamdani
 () Mahmood Mamdani Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
African Film Festival, Inc. (en) Traducir,
Women film directors : an international bio-critical dictionary (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0619762 Allocine: 9673 Allmovie: p103995 Metacritic: person/mira-nair
Facebook: themiranair Twitter: mirapaglinair BNE: XX1290125 Musicbrainz: 63a07e06-e354-419d-bb51-0ac00a897dc3 Editar o valor en Wikidata

Mira Nair, nada en Rourkela (Odisha) o 15 de outubro de 1957 é unha cineasta india establecida en Nova York.[1] A súa produtora, Mirabai Films, está especializada en filmes para o público internacional sobre a sociedade india, no ámbito económico, social ou cultural. Entre os filmes máis coñecidos están Mississippi Masala, Kama Sutra: A Tale of Love, The Namesake, o gañador do León de Ouro Monsoon Wedding e Salaam Bombay!, que recibiu candidaturas aos premios da BAFTA e ao Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nair naceu en 1957 en Rourkela, e creceu cos seus pais e os seus dous irmáns máis vellos en Bhubaneswar, Odisha.[2] O seu pai, Amrit Nair, é administrativo e a súa nai, Parveen Nayyar, traballadora social que adoita traballar con nenos.[3] Aos once anos, Nair e a súa familia mudáronse a Delhi debido a un cambio de posto do seu pai. Aos trece deixou o seu fogar para asistir ao Loreto Convent Tara Hall, escola misioneira irlandesa católica situada en Shimla, onde desenvolveu unha paixón pola literatura inglesa. Despois de Tara Hall, continuou os seus estudos na Universidade de Delhi, onde se licenciou en socioloxía. Para ampliar a súa educación, Nair solicitou o ingreso en escolas occidentais e aos dezanove anos ofrecéronlle unha bolsa completa na Universidade de Cambridge, mais finalmente rexeitouna e no seu lugar aceptou unha bolsa completa na Universidade Harvard.[4]

Antes de converterse en cineasta, Nair estaba interesada na interpretación, e nun momento actuou en obras escritas polo bengalí Badal Sarkar. Mentres estudaba en Harvard, involucrouse no programa de teatro e gañou un premio Boylston Prize pola súa interpretación da discurso de Iocasta en Oedipus, de Séneca.[2]

No comezo da súa carreira como directora, Nair realizou documentais en que exploraba a tradición cultural india. Para o seu filme de tese en Harvard entre 1978 e 1979 produciu un filme en branco e negro titulado Jama Masjid Street Journal. No filme, de dezaoito minutos percorre as rúas da vella Delhi e ten conversas casuais con xente do lugar.[4]

En 1983 coa súa amiga Sooni Taraporevala, Nair coescribiu Salaam Bombay!. Empregando a súa técnica de documentais e experiencia interpretativa, procurou auténticos nenos da rúa ao retrato das vidas duns rapaces que sobreviven nas rúas e son privados dunha infancia real.[2] Aínda que o filme non foi un éxito, gañou vinte e tres premios internacionais, incluída a Camera D’or e o Prix du Public no Festival de Cannes de 1988. Salaam Bombay! foi candidata ao Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa en 1989.[5]

Vida privada

[editar | editar a fonte]

En 1977, Nair coñeceu o seu primeiro esposo, Mitch Epstein, cando tomaba clases de fotografía na Universidade Harvard.[2] Divorciáronse en 1987, e en 1988 coñeceu o seu segundo marido, Mahmood Mamdani, mentres facía investigacións en Uganda para o filme Mississippi Masala. O seu fillo Zohran naceu en 1991. Como a súa esposa, Mamdani tamén da clases na universidade de Columbia.[3]

Nair foi unha entusiasta do ioga durante décadas. Cando fai un filme, o equipo comeza o día cunha sesión de ioga.[6]

Opinións políticas

[editar | editar a fonte]

En xullo de 2003, Nair declinou a invitación ao Festival Internacional de Cinema de Haifa como "invitada de honra" para protestar polas políticas de Israel cara a Palestina. En publicacións na súa conta de Twitter, Nair afirmou "irei a Israel cando os muros caian. Irei a Israel cando a ocupación pase... Irei a Israel cando o estado non privilexie unha relixión sobre outra. Irei a Israel cando o Apartheid acabe. Irei a Israel, pronto. Eu apoio a Palestina polo boicot académico e cultural a Israel (PACBI) e o movemento máis grande Boicot, Desinvestimento, Sancións.[7] Nair foi posteriormente eloxiada pola PACBI, que indicou que a súa decisión de boicotear Israel "axuda á destacar a loita contra o colonialismo e o apartheid".[8] A continuación chiou "Irei a Israel, pronto".[9][10][11][12][13][14]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  1. Spelling, Ian (1 de setembro de 2004). "Director likes to do her own thing". Waterloo Region Record. pp. C4. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Muir, John Kenneth (1 de xuño de 2006). Mercy In Her Eyes: The Films of Mira Nair. Applause Theater & Cinema Books. ISBN 1557836493. 
  3. 3,0 3,1 "Mira Nair". Encyclopedia of World Biography. Encyclopedia of World Biography. Consultado o 29 de abril de 2015. 
  4. 4,0 4,1 Blenski, Simon; Debreyne, Adrien Maurice; Hegewisch, Martha Eugina; Trivedi, Avani Anant. "Mira Nair". University of Minnesota. University of Minnesota. Consultado o 30 de abril de 2015. 
  5. Crossette, Barabara (23 de decembro de 1990). "Homeless and Hungry Youths of India". The New York Times. Consultado o 13 de outubro de 2008. 
  6. Dupont, Joan (21 de setembro de 2001). "Mira Nair Peels Back Layers Of Punjabi Society". International Herald Tribune. Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2009. Consultado o 08 de maio de 2019. 
  7. No orixinal, "I will go to Israel when the walls come down. I will go to Israel when occupation is gone...I will go to Israel when the state does not privilege one religion over another. I will go to Israel when Apartheid is over. I will go to Israel, soon. I stand w/ Palestine for the Academic and Cultural Boycott of Israel (PACBI) & the larger Boycott, Divestment, Sanctions (BDS) Mov’t".
  8. No orixinal, "helps to highlight the struggle against colonialism and apartheid".
  9. "Film director Mira Nair boycotting Haifa festival". Jewish Telegraphic Agency. 21 de xullo de 2013. 
  10. "Mira Nair turns down invite to Israel film festival". The Times of India. Press Trust of India (PTI). 23 de xullo de 2013. 
  11. Sherwood, Harriet (21 de xullo de 2013). "Mira Nair boycotts Haifa film festival". The Guardian. 
  12. Anderman, Nirit (21 de xullo de 2013). "Prominent filmmaker boycotts Haifa festival to protest Israeli 'apartheid'". Haaretz. 
  13. "Mira Nair boycotts Israel Film Festival in Palestine's support". The Express Tribune. 20 de xullo de 2013. 
  14. "Award-winning director boycotts Haifa Film Festival to protest 'Apartheid'". The Jerusalem Post. 21 de xullo de 2013. 
  15. 15,0 15,1 15,2 15,3 15,4 15,5 15,6 15,7 "Mira Nair's works to be screened at IFFI 2010". NDTV. Press Trust of India. 25 de novembro de 2010. Consultado o 28 de xuño de 2011. 
  16. "Mira can't wait to start Shantaram". Rediff. 29 de novembro de 2007. Consultado o 28 de xuño de 2011. 
  17. Vashi, Ashish (1 de novembro de 2009). "Hollywood says ILU to Gujarati". The Times of India. Times News Network (TNN). Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2012. Consultado o 28 de xuño de 2011. 
  18. Gandert, Sean (22 de outubro de 2009). "Salute Your Shorts: Mira Nair's Short Films". Paste Magazine. Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2010. Consultado o 25 de novembro de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]