Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Morotai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaMorotai
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deMolucas Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaNorth Halmahera, Indonesia (en) Traducir e Pulau Morotai, Indonesia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 2°19′09″N 128°28′00″L / 2.3192, 128.4667
Bañado porMar de Halmahera Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude591 m Editar o valor en Wikidata
Tamaño42 (ancho) × 80 (lonxitude) km
Superficie1.800 km² Editar o valor en Wikidata

Morotai é unha illa que se atopa no grupo das illas Molucas, que son parte de Indonesia, unha das illas máis ao norte que forman o país asiático.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Morotai está situado a poucos quilómetros ao nordeste de Halmahera (separada polo Estreito de Morotai). Ten unha superficie de 1.800 km² e unha costa de 223,7 km. Na súa maioría montañoso, o seu punto máis alto alcanza 1.250 metros. Gran parte da illa está cuberto por selvas. A illa ten uns 40.000 habitantes.

Durante os séculos XV e XVI a illa estaba baixo a esfera de influencia musulmá do poderoso Sultanato de Ternate, base dunha gran rexión que incluía as illas costeiras ao sur de Morotai. Na metade do século XVI, converteuse no centro da misión dos Xesuítas portugueses instalados na rexión, que durante máis dun século cusou conflitos entre o Goberno do Sultanato e a poboación cristianizada da illa, e algúns veronse obrigados a marchar de Morotai a outras illas dentro da influencia do sultanato, nos que podían ser mellor controlados relixiosamente.

Durante a maior parte da Guerra do Pacífico na segunda guerra mundial, Morotai foi unha base aérea xaponesa. En setembro de 1944 foi tomada polos Estados Unidos e usada como trampolín para a invasión de Filipinas a principios de 1945 e do leste de Borneo a metade dese ano. Tamén sería a base desde a cal partiu a invasión de Indonesia (entón Xava) en outubro de 1945, operación que terminou cancelada coa rendición do Xapón en agosto do mesmo ano.

Economía

[editar | editar a fonte]

A illa é moi boscosa e produce madeira e resina.