Muixeranga de Sueca
A Muixeranga de Sueca é unha danza composta por un conxunto de cadros plásticos con intencionalidade representativa, que participa nas procesións da nosa Señora da Sales, a festa maior de Sueca, o 8 de setembro. A muixeranga é un conxunto de danzas e castelos humanos orixinarios do País Valenciano. Presérvase principalmente en La Ribera.
Características
[editar | editar a fonte]A muixeranga consiste no levantamento de torres humanas, erixidas por grupos de homes e mulleres de todas as idades, chamados collas.
As formacións construídas pola muixeranga poden chegar a ter até cinco pisos de altura. As figuras da Muixeranga teñen máis de douscentos anos de historia, pois existen referencias xa no século XVIII, inicialmente no Camp del Túria, subindo posteriormente cara ao Camp de Morvedre e estendéndose durante o século XX por toda Valencia, especialmente a partir da década de 1990.
Existe a teoría de que os castelos humanos (os castells cataláns) e a muixeranga teñen unha orixe común: os Balls de Valencians. Diferéncianse dos modernos castellers pola orixe relixiosa da muixeranga e porque a altura das torres humanas non é importante. Por outra banda, os Castells son unha manifestación festiva laica.