Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Nó (náutica)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O , abreviado kn, é unha medida de velocidade empregada tanto para navegación mariña como aérea. Equivale a unha milla náutica por hora. Tamén se utiliza en meteoroloxía para medir a velocidade dos ventos.

Definición

[editar | editar a fonte]

1 nó = 1 milla náutica por hora = 1 852 m/h = 1,852 km /h ~ 2 km/h. Esta definición está baseada no acordo internacional sobre a lonxitude da milla náutica, adoptado polos EEUU (que empregaba previamente unha lonxitude de 1852,249 m) e o Reino Unido (que empregaba previamente unha lonxitude de 1853,184 m) entre outros países.

O nome deriva do antigo procedemento de medición da velocidade nunha nave. Antigamente, un tripulante dispuña dunha corda ou liña con nós a intervalos regulares (xeralmente unha brazada) e unha peza de madeira, orixinalmente un simple tronco, atado nun extremo (este dispositivo foi a primitiva corredeira). Outro tripulante dispuña dun reloxo de area de arredor de medio minuto. O primeiro guindaba o tronco á auga pola popa e deixaba correr a liña que, no seu primeiro tramo, non tiña nós co fin de darlle tempo ó tronco a flotar e quedar estacionario na auga. Cando chegaba ó primeiro nó dáballe a orde ó outro tripulante para que este lle dera a volta ó reloxo e comezara a contar o tempo acordado. Cando caía o último grao de area, o tripulante a cargo do reloxo daba a orde de facer firme a liña. Habitualmente, o tripulante que sostiña a liña ía contando os nós desta na medida que ía deixando correr a liña, polo que chegaba estimar a fracción de corda entre o último nó e a súa man para dar a velocidade.

Noutros casos, os nós facíanse con outros materiais ou formas para recoñecelos directamente, sen necesidade de contalos, ó igual que nas sondaxes. Distintas mariñas tiñan normalizado tanto a distancia entre os nós como o tempo do reloxo, mais a proporción entre estes sempre é a mesma co que o resultado da medición é igual en millas náuticas por hora.

O nó é unha medida práctica no mar posto que pode ser trasladada case directamente a unha carta mariña xa que unha certa velocidade expresada en nós, por exemplo 7 kn, sostida durante unha hora, faría que a nave navegara esa mesma cantidade de minutos, 7, de latitude ou lonxitude ou a proporción que correspondese segundo o rumbo. Neste caso, tendo marcada na carta a liña que marca o rumbo, pódese medir sobre a marxe da carta (esquerda ou dereita), onde están indicadas as latitudes , cun compás de puntas secas, unha cantidade de minutos igual á velocidade en nós e esta medida, tomada a partir do último punto coñecido ou estimado, estendido sobre a liña que marca o rumbo dará a nova posición, estimada, da nave. Na Mariña Real Británica (Royal Navy) esta medición efectuábase cada media hora, ou sexa, a cada toque da campá coa que se marcaba o tempo a bordo e debíase anotar no caderno da garda. Posto que a medición se facía cun tronco, en inglés log, o caderno acabou chamándose log. "Logbook" é o termo inglés para referirse ó Caderno de bitácora ou diario de navegación.

Conversións

[editar | editar a fonte]

É aproximadamente igual a:

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]