Nashwa Eassa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1980 (43/44 anos) Omdurman (Sudán) |
Educación | Nelson Mandela University (en) Universidade de Cartum (pt) Universidade de Linköping (pt) |
Actividade | |
Ocupación | física, profesora universitaria |
Empregador | Neelain University (en) |
Premios | |
|
Nashwa Abo Alhassan Eassa, nada en Omdurman (Sudán) en 1980, é unha física sudanesa especialista en materiais e nanotecnoloxía. É profesora de física na Universidade da Al-Neelain en Khartún.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Eassa licenciouse en física, Universidade de Khartún, en 2004. Obtivo o máster en nanotecnoloxía e física de materiais na Universidade de Linköping de Suecia en 2007. Foi conferenciante e profesora de axudante de física na Universidade da Al-Neelain desde 2007. En 2012 doutorouse na Universidade Metropolitana Nelson Mandela de Suráfrica (NMMU). En 2013 fundou a organización non gobernamental Mulleres sudanesas en Ciencias e é membro da Organización para as Mulleres na Ciencia do Instituto de Física de Suráfrica e da Organización Mulleres en Ciencia para o Mundo en Desenvolvemento (OWSD).
En 2015 gañou o Premio OWSD – Fundación Elsevier para mozas científicas no mundo en desenvolvemento . O premio recoñeceu a súa investigación sobre a diminución da acumulación de película na superficie dos semiconductores de alta velocidade.[1][3]
Eassa está involucrada no desenvolvemento de estruturas de nanotubos e nanopartículas de óxido de titanio. Tamén en proxectos para capturar hidróxeno e depurar a auga coa radiación solar.[1][4][5]
Foi candidata á vicepresidencia dos países árabes da OWSD.[6] En 2019 foi investida como doutora honoris causa pola Universidade de Linköping, en recoñecemento ao apoio as mulleres do Sudán na educación e investigación.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Wren, Kathy (14 de febreiro de 2015). "Early-Career Women Scientists From Developing Countries Honored at AAAS Annual Meeting". Advance Science, Serving Society. Consultado o 4 de xullo de 2015.
- ↑ Claramunt, Teresa. "CIENTÍFICAS AFRICANAS QUE VAN ABRIENDO CAMINOS. NASHWA EASSA".
- ↑ "Vietnamese Mathematician Wins Elsevier Foundation Award". 24 de febreiro de 2015. Consultado o 4 de xullo de 2015.
- ↑ "Women Scientists in Developing Countries Receive Elsevier Foundation Awards for Physics and Math". Elsevier. 10 de febreiro de 2015.
- ↑ "Research Partnership Workshop on Water Resources for Women Scientists from the U.S. and Africa" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de xuño de 2020. Consultado o 17 de maio de 2020.
- ↑ "Eassa Nashwa Elected Vice-President | OWSD". Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2019. Consultado o 1 de marzo de 2019.
- ↑ "Honorary doctor from Sudan fighting for women in academia". liu.se (en inglés). Consultado o 2020-05-24.