NetBSD
NetBSD | |
---|---|
Desenvolvedor | Fundación NetBSD |
Familia de S.O. | UNIX-like |
Modelo de desenvolvemento | Código aberto |
Núcleo | BSD |
Tipo de núcleo | Monolítico |
Licenza | BSD |
Última versión estable | 6.0.1 26 de decembro de 2012 |
Estado actual | En desenvolvemento |
Sitio web | www.netbsd.org |
NetBSD é un sistema operativo tipo Unix, libre (baixo a licenza BSD), seguro e dispoñíbel para multitude de plataformas, actualmente na versión 3.0. O seu bo deseño e as súas características avanzadas fano ideal para multitude de aplicacións. NetBSD xurdiu como resultado do esforzo dun gran número de persoas que teñen como meta producir un sistema operativo tipo Unix accesíbel e libremente distribuíbel.
NetBSD baséase nunha gran variedade de software libre que inclúe entre outros, a 4.4BSD Lite da Universidade de California-Berkeley, a Net/2 (Berkeley Networking Release 2) o sistema de ventás X do MIT e software GNU.
Actualmente NetBSD céntrase en ofrecer un sistema operativo estábel, multiplataforma e orientado á investigación. Está deseñado tendo como prioridade escribir código de calidade ben organizado, e tendo moi en conta tamén o cumprimento de padróns ou estándares (POSIX, X/Open e outros máis relevantes): proba deste bo deseño é a súa ampla portabilidade, actualmente a 56 plataformas.
Trátase dun sistema operativo maduro, produto de anos de desenvolvemento (as orixes de BSD están sobre o ano 1977), e partindo do sistema UNIX sexta edición.
Algunhas vantaxes sobre outros sistemas operativos:
- A mellor calidade de código (portado a 56 arquitecturas).
- A miúdo é pioneiro en aplicar novas tecnoloxías (por exemplo IPv6).
- Alta seguridade e estabilidade: foi usado na NASA.
- Sistema de ficheiros BSD FFS (Fast File System), rápido e fiábel.
- Seguridade: soporte de IPsec.
- XEN: soporte nativo de máquina virtual XEN en versión 3.0.