New Prague, Minnesota
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Minnesota | ||||
County of Minnesota (en) | Condado de Scott (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 8.162 (2020) (820,26 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 1.182 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 9,950445 km² | ||||
Auga | 0 % (1 de abril de 2010) | ||||
Altitude | 301 m | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 56071 | ||||
Prefixo telefónico | 952 | ||||
Páxina web | ci.new-prague.mn.us |
New Prague é unha cidade situada nos condados de Scott e Le Sueur, no estado de Minnesota (Estados Unidos). Segundo o censo de 2010, a cidade contaba con 7.321 habitantes.[1]
A cidade recibe o seu nome en homenaxe a Praga, a capital da República Checa, e tanto a cidade como os seus arredores reflicten as orixes checas dos seus primeiros poboadores.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Segundo a United States Census Bureau (Oficina do Censo dos Estados Unidos), a cidade ten unha superficie total de 6,8 km², sendo toda ela de terra. A superficie da zona oscila entre plana e con lixeiras elevacións.
As tres principais vías de comunicación da cidade son as estradas pertencentes á Minnesota State Highways 13, 19, e 21.
Existe un lago na área de New Prague, o Cedar Lake (no Condado de Scott). O lago é un popular destino de pesca, pesca no xeo, esquí acuático e motos de auga. O lago ten unha superficie de 3.155 km², ten unha profundidade máxima de 4 m e 0,94 m de visibilidade na auga.
Demografía
[editar | editar a fonte]Ano | 1890 | 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1980 | 1990 | 2000 | 2010 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Poboación de New Prague | 955 | 1.228 | 1.554 | 1.540 | 1.548 | 1.645 | 1.915 | 2.533 | 2.680 | 2.952 | 3.569 | 4.559 | 7.321 |
Segundo o censo de 2010 residían na cidade 7.321 habitantes e había 2.711 vivendas habitadas. A densidade de poboación era de 669,3 habitantes/km². A composición étnica da poboación era dun 96.,5 % de brancos, 0,5 % de negros, 0,3 % de nativos americanos, 0,6% de asiáticos, 0,6 % pertencentes a outras razas, e un 1.5% de dúas ou máis razas. Os hispanos ou latinos de calquera raza representaban o 1,9 % da poboación.[3] Segundo o censo do ano 2000, o 38,1 % dos habitantes era de ascendencia alemá, o 20,9 % checa, o 8,8 % norueguesa, o 8 % irlandesa e o 5,4 % checos/eslovacos. O 92,6 % da poboación falaba inglés, o 5,5 % checo e o 1,2 % alemán como primeira lingua.
Segundo o censo do ano 2000 había 1.694 vivendas, das cales nun 39 % contaban cun neno menor de 18 anos, no 56,7 % residían matrimonios, no 10 % vivía unha nai solteira, e o 30,3 % restante non eran familias. No 25,4 % das vivendas residía unha persoa soa e no 13,8 % das cales era unha persoa de 65 anos ou máis. A media de persoas por residencia era de 2,63 e o tamaño medio das familias de 3,20.
Na cidade o 30,6 % da poboación tiña menos de 18 anos, o 7,1 % tiña entre 18 e 24 anos, o 28,7 % entre 25 e 44 anos, o 17,1 % entre 45 e 64 anos, e o 16,6 % tiña 65 anos ou máis. A idade media da poboación era de 34 anos. Por cada 100 mulleres había 91,7 homes, mentres que por cada 100 mulleres de 18 anos ou máis había 86,4 homes.
A renda media por vivenda na cidade era de 41.750 $, e a renda media dunha familia era de 50.341 $. Os homes tiñan unha renda media de 37.393 $ fronte aos 25.164 $ das mulleres. A renda per cápita na cidade era de 17.732 $. Ao redor do 2,6 % das familias e o 6,5 % da poboación estaban por debaixo do limiar de pobreza, incluíndo un 4,9 % de persoas por baixo dos 18 anos e un 13,7 % por riba dos 65.
Dožínky
[editar | editar a fonte]O Dožínky, unha festa checa para celebrar a colleita foi levada dende a terra dos primeiros poboadores da cidade. O Festival Dožínky é celebrado anualmente na República Checa para agradecer as boas colleitas. En New Prague a celebración ten lugar o terceiro sábado de cada mes de setembro. A cidade pecha a zona máis céntrica para realizar actoos. Na véspera da celebración, a noite do venres, ten lugar unha exhibición de coches clásicos. Os entusiastas dos coches acoden a mostrar os seus vehículos nun desfile pola Rúa Principal da cidade. Posteriormente os coches son exhibidos.
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]- A Igrexa de San Venceslau, unha igrexa católica catalogada no Rexistro Nacional de Lugares Históricos (RNLH).
- O Hotel Broz, catalogado no RNLH.
- O edificio do First National Bank, catalogado no RNLH.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "2010 Census Redistricting Data (Public Law 94-171) Summary File". American FactFinder. United States Census Bureau.
- ↑ "U.S. Decennial Census". Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2006. Consultado o 19 de outubro de 2012.
- ↑ "2010 Census Data". U.S. Census Bureau.