Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Nias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaNias
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaIllas maiores da Sonda Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaSumatra Setentrional, Indonesia Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónOcéano Índico Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 1°07′17″N 97°37′05″L / 1.1215, 97.6181
Bañado porOcéano Índico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude374 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións40 (ancho) × 120 (lonxitude) km
Superficie5.125 km² Editar o valor en Wikidata
Nías: Escudo cerimonial.

Nīas (indonesio: Pulau Nias, nias: Tanö Niha) é unha illa situada a 125 km da costa occidental de Sumatra, Indonesia, no océano Índico. Nias (Kepulauan Nias) é tamén o nome do arquipélago, incluíndo as pequenas illas Hinako. Nias ten unha superficie de 5.121´3 km² (incluíndo as illas menores en mar a fóra). É sobre todo unha zona de terras baixas que se eleva ao redor de 800 m. sobre o nivel do mar. Había 756.338 habitantes na illa (incluíndo as illas menores da costa) no censo 2010. A última estimación para xaneiro de 2014 é 788.132.[1]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Atópase nunha cadea de illas paralelas á costa oeste de Sumatra. Simeulue está ao noroeste, e as Illas Batu (que se administran como parte de Nias e teñen unha poboación etnicamente similar) localízanse ao redor 80 m ao sudés. Esta cadea, que rexorde en Nusa Tenggara nas montañosas illas de Sumba e Timor. As súas localidades principais son Gunung Sitoli e Teluk Dalam.

En Nias, a placa oceánica se está subducindo oblicuamente baixo a placa asiática á velocidade de 52 mm. por ano (Milsom).

O pobo Nías ten lingua propia, o nias, aínda que nas escolas estúdase o indonesio e, polo turismo, fálase inglés. Conviven comunidades musulmás, católicas e protestantes.

Os tsunamis de decembro de 2004 cobráronse 122 vidas en Nías, e o terremoto posterior de Sumatra de 2005 máis de 800.

  1. http://www.depkes.go.id/downloads/Penduduk%20Kab%20Kota%20Umur%20Tunggal%202014.pdf Arquivado 08 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. Estimasi Penduduk Menurut Umur Tunggal Dan Jenis Kelamin 2014 Kementerian Kesehatan

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]