Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Noh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Espectáculo teatral de Noh en Itsukushima Shrine, Miyajima, Hatsukaichi, Prefectura de Hiroshima.

, , Nou ou Noh (xaponés: 能) é unha das formas máis importantes do drama musical clásico xaponés, executado desde o século XIV. Evolucionou doutras formas teatrais, aristocráticas e populares, incluíndo o Dengaku, Shirabyoshi e Gagaku. Un dos seus máis importantes dramaturgos foi Zeami Motokiyo. Por outra banda, deu orixe a outras formas dramáticas, como o Kabuki. O Noh é caracterizado polo seu estilo lento, dunha graza espartana, ríxida, sutil, ben como polo uso de máscaras típicas.

As pezas Noh discorren nun palco bastante despoxado, feito de hinoki liso (alcipreste xaponés). O escenario é, invariabelmente, constituído apenas polo "kagami-ita," un piñeiro pintado, no fondo do palco, mesmo que a peza se desenvolva noutros locais. Hai varias explicacións para o uso desta árbore, sendo moi común a interpretación que se refire aos rituais xintoístas, polos cales os deuses descenden á Terra por este medio. Outro aderezo inconfundíbel é a ponte estreita (a "Hashigakari"), situada á esquerda, que os principais actores utilizan para entrar en escena. É esta a orixe do Hanamichi, no Kabuki.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Giroux, Sakae (1991): Zeami: Cena e Pensamento Nô. São Paulo: Perspectiva.
  • Greiner, Christine (2000): O Teatro Nô e o Ocidente. São Paulo: Fapesp/AnnaBlume.
  • Kusano, Darci (1984): O Que é o Teatro Nô. São Paulo: Brasiliense.
  • Pronko, L. C. (1986): Teatro: Leste Oeste. São Paulo: Perspectiva.
  • Suzuki, Eiko: Nô Teatro Clássico Japonês. São Paulo: Editora do Escritor.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]