Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Noor Hisham Abdullah

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTan Sri (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Noor Hisham Abdullah

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de abril de 1963 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Sepang, Malaisia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Malaysia Health director-general (en) Traducir
1 de marzo de 2013 – 21 de abril de 2023 (xubilación)Muhammad Radzi Abu Hassan (en) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónNational University of Malaysia (en) Traducir - doutor en medicina (–1988)
Kolej Islam Sultan Alam Shah (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónoficial, cirurxián Editar o valor en Wikidata
Premios

Twitter: DGHisham Editar o valor en Wikidata

Noor Hisham bin Abdullah, nado en Sepang o 21 de abril de 1963, é un cirurxián malaisiano, director xeral de saúde de Malaisia dende 2013 [1], é tamén o presidente do Consello Médico de Malaisia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia de orixe chinesa e pasou a súa infancia en Sungai Pelek[2] e logo viviu en Kuala Lumpur coa súa nai. Estudou na Universidade Nacional de Malaisia, especializándose en cirurxía.

En 1988 entrou por oposición á administración como médico no Hospital Universitario de Kuala Lumpur traballando dende o ano seguinte no servizo de urxencias do hospital. Logo da súa especialización en cirurxía entrou en 1994 no Hospital Terengganu en 1994 como cirurxián xeral en 1997 realizou estudos de especialización en endocrinoloxía nas universidades de Adelaida e Sydney. En 1998 recibiu o nomeamento de xefe de cirurxía endócrina e mamaria do Hospital Universitario e en 2002 ocupou o mesmo posto no Hospital Putrajaya.

Foi subdirector xeral de saúde dende 1 de febreiro de 2008 e director xeral dende o 1 de marzo de 2013 ao substituír a Hasan Abdul Rahman[3]. Publicou numerosos artigos en revistas locais e internacionais e capítulos de libros de texto sobre cirurxía endócrina. Dirixiu varios programas de educación sanitaria e de divulgación das ciencias da saúde en Malaisia. Dende agosto de 2017 é membro do Consello Executivo da Sociedade Internacional de Cirurxía [4].

En 2020 o ministro de sanidade, Adham Baba, nomeouno responsable da loita contra da COVID-19 en Malaisia[5] converténdose nunha figura popular polas súas comparecencias televisivas e actividade nas redes sociais e respectada polo xeito de comunicarlles a situación á poboación malaisiana[6] e a canle de televisión chinesa CGTN considerouno un dos tres médicos con competencias en saúde pública que mellor transmiten feitos e información confiable sobre a pandemia nos seus países xunto co norteamericano Anthony Fauci e o neozelandés Ashley Bloomfield[7].