Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Noureddine Naybet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNoureddine Naybet

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ar) نور الدين النيبت Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de febreiro de 1970 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Casablanca, Marrocos Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
Altura185 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1989 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaMarrocos Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaPremier League Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa e defensa central Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1989–1993 Wydad Athletic Club 75(4)
1993–1994 FC Nantes 34(1)
1994–1996   Sporting CP 54(5)
1996–2004   Deportivo da Coruña 211(11)
2004–2006 Tottenham Hotspur 30(1)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1990–2006   Selección de fútbol de Marrocos 115(4)
Participou en
2006Copa de África de Nacións de 2006
2004Copa de África de Nacións de 2004
2002Copa de África de Nacións de 2002
2000Copa de África de Nacións de 2000
1998Copa de África de Nacións de 1998
1998Mundial de Fútbol Francia 1998
1994Mundial de Fútbol Estados Unidos 1994
1992Copa de África de Nacións de 1992
1992Xogos Olímpicos de 1992 Editar o valor en Wikidata
Premios

FIFA: 179908 Editar o valor en Wikidata

Noureddine Naybet M. (en árabe, نور الدين نبيت), nado en Casablanca o 10 de febreiro de 1970, é un exfutbolista marroquí. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección marroquí.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira nas categorías inferiores do Widad Casablanca, onde pese á súa mocidade causou sensación. Con este club gañou en tres ocasións o campionato de Liga de Marrocos e en 1992 a Liga de Campións africana. Ese mesmo ano participou coa súa selección nos Xogos Olímpicos de Barcelona.

As súas boas actuacións permitiron o seu paso ao fútbol europeo, sendo contratado para a tempada 1993–94 polo FC Nantes, onde realiza unha campaña impresionante e é elixido como un dos xogadores máis importantes do campionato francés. Ao ano seguinte é traspasado ao Sporting de Lisboa no que xogará dúas tempadas. Os seus bos resultados co equipo portugués fan que o fútbol español poña os seus ollos nel. Así, de cara á tempada 1996–97, o Deportivo da Coruña faise cos seus servizos por unha cantidade xamais pagada por un futbolista marroquí. Co Deportivo Naybet alcanzou os seus maiores éxitos, gañando a Liga de España 1999–00, a Copa do Rei 2001–02 e as Supercopas de España de 2000 e 2002.

De cara á tempada 2004–05, Naybet abandonou o Deportivo para xogar no Tottenham Hotspur inglés, onde se retirou en 2006.

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Naybet foi internacional con Marrocos en 115 ocasións entre 1990 e 2006, nas que anotou 4 goles. Participou en 6 Copas de África e nas Copas do Mundo de 1994 e 1998. Xogou o seu primeiro partido internacional o 9 de agosto de 1990 contra Tunisia e marcou o seu primeiro gol internacional o 31 de maio de 1997 nun partido contra Etiopía.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Deportivo

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]